Efectivamente, non somos os únicos que percibimos o mal funcionamento da Sanidade na Estra, hoxe mesmo sae unha noticia de La Voz de Galicia, facéndose eco das denuncias realizas nesta páxina hai uns días sobre o mal funcionamento do servizo sanitario na Estrada, por exemplo: non enviado substitutos no caso das vacacións e baixas dos facultativos, algo que nunca ocorreu co anterior executivo do PP na Xunta. No mesmo xornal, tamén aparece outra noticia, neste caso a nivel galego, denunciando, neste caso, o incremento das listas de espera.

Sumámonos unha vez máis a esta denuncia, pero poñemos, como xa o fixemos da outra vez, nomes e apelidos ó desastre no que se está convertendo a sanidade na Estrada, pero tamén en Galicia, por culpa da mala xestión que está facendo o PSOE neste departamento que dirixe na Xunta, e que sufren os enfermos por un lado e o equipo sanitario por outra.

Parécenos moi ben que nos traian estrelas da música de fora do noso Concello, pero por que non invitan tamén a este festival de música a GalegoZ, Matraca Perversa, Nao, Esquiu… Grupos da Estrada.

Debe ser que no Concello pensan que o de fóra é mellor co da Estrada.

Según nos comunicaron, e contra todo prognóstico, a candidatura de Alfonso Sanmartín para a xerencia da Fundación de Exposicións e Congresos non callou, pese a que PP e o PSOE teñen maioría no padroado, e tiñan este candidato de consenso como unha das súas apostas.Ignoramos a razón pola que o PP e o PSOE non chegaron nin a plantear a súa candidatura, pero seguro que a presencia do Conselleiro Fernando Blanco, que preside o padroado, foi decisiva para que a súa proposta nin se presentara. De momento, e tal e como nos informaron, o Conselleiro fixo unha proposta para que se realice un proceso de selección aberto e de aí sairá o novo xerente, e foi respaldada por unanimidade do padroado.

Deste xeito, Alfonso Sanmartín terá que presentar o seu currículum e esperar.

Non sei se sabiades que o Concello da Estrada por decisión de maioría absoluta do PP decideu dedicarlle o ano cultural ós Xenerais do Ulla, tradición moi arraigada nas nosas terras, pero vese que a idea que se sacou da manga o PP para non aceptar a outra proposta que había encima da mesa, e que fixera o BNG para dedicarllo ós “mártires da Estrada” fusilados na Guerra Civil, non ten tanto arraigo no PP como inicialmente nos fixo creer a todos, xa que prometera facer, exposicións, mesas redondas, libros, dixitalizacions de non sabemos que, mesas redondas, e non recordamos cantas cousas máis.

Pois, que nos recordemos, aparte da exposición de traxes dos Xenerais, que fixo o departamento de Cultura do Concello hai uns meses, e a mesa redonda que haberá dentro duns días sobre este tema, non haberá nada máis porque o ano remata dentro duns días.

¿É este un ano cultural?

Deben ir carísimas as papeleiras, porque é moi difícil ver algunha pola Estrada. Ó mellor na rúa Calvo Sotelo hai algunha pero no resto… nada.

Observade a rúa San Paio, a Avenida de América, Pérez Viondi, Avenida Benito Vigo… se queredes tirar un papel donde o tirades, no chan?. Home, hai xente que ten vontade e garda o papeliño para tiralo nun contedor do lixo, pero algunha outra non ten tanta vontade e tirao directamente ao chan. Haberá que dar facilidades para que a xente non tire o lixo ó chan, non?; así que, señores do PP, fagan o favor de colocar unhas papeleiras na Estrada.

A falta de poder inaugurar outra cousa o PSOE da Estrada inaugurou o seu local social. Dono exerceu de anfitrión e para cortar a cita trouxeron a nada menos que ó Conselleiro de Medio Ambiente, que non conseguiu ocultar ausencias clamorosas de destacados militantes do PSOE estradense. Referímonos a que na susodita inauguración non estaba presente Espiño que foi a cara visible do PSOE na Estrada nos últimos nove anos. A súa ausencia non pode escusarse na convalecencia médica da que xa está recuperado, pois ese mesmo día mantivo unha reunión cos veciños de San Miguel de Castro, pero pode ter outras explicacións tan humanas como as anteriores.

Ainda que non está convocada a reunión do padroado da Fundación do Moble, casi con toda seguridade, pois así no lo indicou un paxariño, que o novo Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada será un destacado concelleiro do PSOE da Estrada. Non, non se trata de Figueiras, ainda que seguro que non lle importaría sumar un cargo máis ós que xa ten (Presidente da ACE, Vicepresidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Concelleiro, …), pero non, non se trata de Figueiras, home, por outra parte vinculado ó sector, xa que é empresario mobleiro.

O afortunado é, casi con total certeza, o actual concelleiro do PSOE Alfonso M. Sanmartin Carbón, defendido polos seus evidentemente (Figueiras quere a un de confianza que poida controlar) e -oh, casualidades da vida-, parece ser que conta co beneplácito do PP e do xerente saínte e candidato á alcaldía, Miguel de la Calle. O BNG nesta cuestión nin pincha nin corta, pois a nivel local non ten representación no Padroado e sólo conta cos tres representantes da Consellería frente ós 6 e 5 que directa ou indirectamente se reparten o PP e o PSOE respectivamente.Se hai uns días dabamos conta de movementos dentro do sector do moble para situar a alguén dos seus, parece que todo vai quedar en nada, e tamén queda en nada a pretensión de outros sectores de colocar a alguén non vinculado directamente a ningún partido político, como ocorreu ata que a Miguel de la Calle se lle ocorreu primeiro ser candidato do PP ás eleccións municipais de hai catro anos e agora ser o candidato do á alcaldía deste partido.

No pleno deste mes temos que destacar a grande afluencia de xente para presenciar in situ as “evolucións” dos políticos locais; este overbooking no salón de plenos ben dado seguramente pola anunciada moción do BNG a prol da Cidade do Moble, e da que daremos conta máis adiante.

Desta volta o PP douselle por levar propostas de gratificacións dos seus traballadores. Os primeiros en ser gratificados foron os desempregados do INEM que traballan para no Concello e a continuación o persoal laboral. Ambas as dúas propostas aprobadas por maioría absoluta do PP, o PSOE votou a favor das dúas e o BNG abstívose na útlima proposta.

Vese que chegan as eleccións e seguimos con gratificacións. Neste caso a proposta do goberno local era a de incrementar en 2.500 euros o complemento de produtividade do persoal funcionario. Aquí xa non houbo un certo debate. O BNG botoulle en cara ó PP o incremento dos gastos de persoal, neste caso gratificacións, en vez de destinalos a outras partidas como por exemplo a inversións. A cuestión quedou aprobada cos votos do PP e por se lle facían falta o PSOE tamén votou favorablemente.

E seguindo con temas laborais, o asunto Pereiras, do que xa demos conta, chegou a pleno. Simplemente lle cambiaron o complemento específico porque xa non se adica a abrir o Teatro. Xa deixou de ser o “chico” para todo do PP. Aquí houbo certa polémica co BNG pois lle recriminou ao PP que o escrito de renuncia, que teoricamente presentou Pereiras non leva selo de rexistro. É decir, que intentaron simular que era o funcionario o interesado en deixar o posto e non o PP quen lle rebaixara o status, pero saiulles mal, porque, aparte de non ter selo, o escrito estaba dato o mesmo día da resolución da alcaldía defenestrando a Pereiras.

Un dos puntos fortes da noite foi quizais o debate da moción do BNG a prol da Cidade do Moble, que foi seguido por veciños da parroquia de Lagartóns afectados pola construción deste parque empresarial. Non houbo sorpresas e os tres grupos expuxeron as súas posicións ao respecto e vese que nesta cuestión hai certa unanimidade, polo menos de cara á galería, ainda que tanto o PP como o PSOE pediron que non se politizara esta cuestión, o cal é un pouco inocente, pois son políticos os que deciden que se constrúa ou non e en que condicións, polo tanto, politizado xa naceu.

Por certo unha das cuestións que olvidamos resaltar ó principio foi o debut nas filas do PSOE doutro portavoz (Espiño segue convaleciente), desta volta tocoulle a Loureiro; só que queda por asumir este cargo San Martín. Estarán a facer méritos para non caerse da lista de Dono. A algún tocaralle, pero xa daremos conta nos próximos días.

Para rematar tamén se falou da do regulamento da Escola Infantil: o BNG non está de acordo en recoller no mesmo a figura da directora (¿por que será que poñemos directora?). Tamén se falou da renuncia a un posto de venda na Praza de Abastos e do seu declive, nin con feira nin sin feira os sábados. E tamén se falou do ano cultural do 2007, que o BNG quere adicarllo aos mártires da Estrada. Xa falaremos noutra ocasión porque o PP non o considera urxente, e seguro que dará que falar proximamente.

O cambio político na Xunta está afectando negativamente a determinados servizos que presta a administración autonómica en todo Galicia, e que tamén se están sentindo aquí na Estrada. Estamos a referirnos ó servizo sanitario dependente da Consellería de Sanidade, departamento que dirixe o PSOE e que non hai moito cesou fulminantemente a varios altos cargos.

Non hai moitos días, os médicos do ambulatorio da Estrada queixábanse do servizo que estaban prestando aos enfermos da Estrada; tamén non hai moitos días no Foxo pechábase un pequeno centro médico que atendía a casi mil persoas, e hai rumores, aínda sin confirmar, que o de Codeseda corre a mesma sorte.

Desde o punto de vista dos enfermos temos que sufrir esperas nas consultas cando o noso médico de cabeceira non está, posto que somos redirixidos ós facultativos que consultan no ambulatorio en vez de contratar temporalmente a outro médico. No período vacacional, sobre todo no verán, ocorre o mesmo, etc, etc, etc.

Curiosamente Dono, o candidato do PSOE, que é médico, e que ultimamente está tendo unha apretada axenda de actos e reunións, esquece totalmente ó seu gremio por un lado, e a atención sanitaria en xeral, que el conoce perfectamente. Seguramente neste tema non pode prometer as cousas que está prometendo un día si e outro tamén, porque el sabe perfectamente cal é a política que o seu partido está levando na Sanidade galega e sabe que non ten moita marxe de manobra.

Tal e como prevíamos, Don Ramón, de paso que foi á Arxentina, aproveitou para presentar ó seu sucesor nas terras americanas, así xa saben que cando Miguel de la Calle vaia por esas terras, é como se fora el mesmo, é decir, que conta cas súas bendicións. Agora só resta saber se o seu sucesor tamén collerá eses hábitos de final de ano que ten don Ramón de visitar as américas. Esperar e ver!!.

Falando de facer as américas, nos próximos días, sairá unha delegación de persoeiros do noso Concello hacia Cuba, acompañando á coral polifónica. Esta delegación, como non podía ser doutro xeito, está composta polos grupos políticos do concello, agás o BNG, que parece que declinaron tan tentadora invitación. Por parte do PP irá Reboredo e do PSOE irá Figueiras.

¿Que terá américa?.

Páxina seguinte →