Set
30
As incógnitas empezan a despexarxe
Categorías: BNG, Municipais 2007, PP, PSOE | Fai un comentario
Nas filas do PSOE as cousas ainda non están claras. Hai uns meses soaba o nome de Dono como posible candidato, que logo parecía descartarse, e agora volve a soar con forza. Pero tampouco se pode descartar a Espiño, que é o actual portavoz, e que ve nestas eleccións a súa última oportunidade, o agora ou nunca, e que seguro pelaxará por seguir e seguir sendo o candidato a alcalde. Mais como non hai dous sin tres, según poidemos saber Figueiras ten un “sobriño” que quere ser candidato, Sanmartín Obelleiro, aparecendo publicamente en roldas de prensa do partido, acompañando ós actuais concelleiros. Figueiras como bo padriño trata de axudarlle. De momento, esto é o trascende desde as filas do PSOE.
E no PP todo parece que vai a ser Maceira, que ultimamente está a ter unha grande relevancia pública, suplindo ó alcalde en gran cantidade de actos, que xa parece querer adiantar o seu retiro. Desde logo a atitude do Maceira nos actos públicos é xa de Alcalde. Con todo, segundo puidemos saber, non as ten todas consigo, e volve a soar con forza, como no caso de Dono, o nome de De la Calle, Xerente da Fundación do Moble, pero moi posiblemente se trate dun globo sonda, en ambos casos (Dono e De la Calle), para despistar e condicionar certas decisións. ¡¡Xa se verá!!
Con todo, non podemos olvidarnos dos cuartos en discordia, se finalmente se deciden a presentarse: os independentes. Destos pouco se sabe, pero unha das persoas máis activas e combativas de AEDRU podería ser o cabeza de cartel.
Set
20
O Alcalde sae á rúa
Categorías: BNG, PP, PSOE | 2 comentarios
Tamén estaba representando o BNG a través dunha das súas concelleiras, Noa, pero aquelo non era unha manifa bloqueira, e atopábase un pouco desubicada entre tanta xente que non é asidua das manifestacións que organiza o BNG da Estrada.
O PSOE nin estaba nin se lle esperaba.
Set
18
Clausura da Feira do Móble (2)
Categorías: Feira do Moble | Fai un comentario
O recinto xa hai varios anos que non sirve para unha feira que ten repartir os stands polos pavillóns de deporte. Desde logo a isto hai que buscarlle unha solución, porque é un espectáculo penoso tarde ou cedo pasará factura á Feira do Moble.
Set
18
Clausura da Feira do Móble (1)
Categorías: Feira do Moble | Fai un comentario
Na clausura había ausencias clamorosas. O alcalde non estaba, que deixou o testigo ao seu delfín, Maceira. Do resto dos concelleiros do PP, só se viu a López (é difícil non velo): Reboredo, Arca, Somoza, etc. Estaban desaparecidos. Ó mellor é que ainda estaba na sobremesa da comilona popular do Monte do Gozo, post manifestación de SOS contra o Lume. Así, o Maceira, tivo que comparecer en solitario diante do Conselleiro Alfredo Suárez Canal, e abofé, que parecía bastante descolocado e ninguneado diante da avalancha nacionalista.
Desta volta Figueiras, o presidente de ACE si subiu ó estrado, que parece que en domingo o móbil dálle un respiro, e tamén Espiño, que ocuparon cada un dos extremos do estrado, mantendo as distancias.
Set
17
Independentes dependentes…
Categorías: Independentes, Municipais 2007 | 4 comentarios
¿Quen anda detrás?, pois dende persoas vencelladas ó mundo empresarial, que atoparon o caldo de cultivo para tomar esta decisión nas trifulcas co tema do PXOM, que aínda non rematou; os de AEDRU, claramente interesados en defender os seus intereses particulares no eido urbanístico, que onde se move o cardinillo; pero tamén cabreados do eido político, dos que non atopan sitio nas listas para as vindeiras eleccións nas formacións políticas tradicionais e que buscan o seu asento neste tipo de organizacións políticas que aparecen e desaparecen como o Guadiana. Estaremos atentos a isto último, porque podería haber sorpresas.
Como dixemos, estas formacións aparecen e desaparecen, van e veñen, e sempre ocorre cando o PP está dividido, para logo, unha vez medidas as forzas nas eleccións voltar a unirse como acontedeu en 1991, cando os independentes, capitaneados por Ramón Campos, e o PP orquestaron unha moción de censura contra o PSOE e o BNG, dando como resultado 15 anos de goberno do PP, na que se tomaron as decisións urbanísticas máis controvertidas, algunhas das cales xa foron calificadas polos tribuanis como ilegais.
O nome xa o teñen, Alternativa Estradense, que, segundo os rexistros do Ministerio do Interior, figura inscrita dende o 10 de marzo de 1995, e cuxo enderezo é “Avda. Benito Vigo, 36, 1o. Dta.”. Agora só queda saber quen será a persoa que encabeza esa lista e a composición da mesma. ¿Quen será?, estaremos atentos…
Set
15
E na banda socialista…
Categorías: PSOE | Fai un comentario
Set
15
Set
15
Ramón feliz, Raquel encumbrada e Figueiras colgado do móbil
Categorías: PP, PSOE | Fai un comentario
En canto a Figueiras, é un home pegado a un móbil. Tanto lle ten que vaia a inauguración da Feira do Móble e que nese intre estea a falar o Alcalde, el ao seu: o móbil. Vese que debe ter moitas cousas que atender, ¿ou estará buscando reforzos para ser candidato?.
Set
15
De portais e portiñas
Categorías: A Estrada Dixital, Concello, PP | Fai un comentario
Na nosa opinión é incómodo navegar por el, costa atopar as cousas, mesmo a normativa, que sería unha das cousas que máis se debería destacar. Faltan contidos, moitos, sobre todo bótase de menos que non se poidan descargar as actas dos plenos, como ocurre na páxina do Concello de Vigo ou Vilagarcía.
Outra cousa que nos chamou á atención son as fotos: hai dúas galerías, unha A Estrada onte e A Estrada hoxe. A calidade destas últimas é cuestionable e non digamos a actualidade, nunha delas ata sae a fonte do Concello que xa non existe (afortunadamente, xa que ao noso entender eliminar a fonte foi unha das decisións máis acertadas do PP nos últimos tempos).
A ver se o xornalista que contrataron lle dá outros aires a este portal.
Remexendo pola rede atopamos esta noticia sobre a valoración dos portais municipais da nosa comarca. E aquí o informe orixinal con todos os concellos de Galicia.
Set
15
Empezamos…
Categorías: Uncategorized | 1 comentario
