Out
31
Vacacións sine die
Categorías: PP | 6 comentarios
DECRETO 1467/2006
Ao terme que ausentar do Concello, debido a unha viaxe de visita ao Centro Cultural de Hijos de A Estrada en Buenos Aires (Argentina),
R E S O L V O
Que o substitúa nas funcións propias da Alcaldía dende mércores 25 de outubro de 2006 e ata o meu regreso, o 1º Tenente de Alcalde D. José Antonio Maceira Besteiro.
A Estrada, 24 de outubro de 2006.—
O alcalde, Ramón Campos Durán.
- A súa estadía en Argentina vai ser superior a un mes, por iso non pon data de regreso, para non alterar ás masas.
- Non pon data de regreso por se acaso o seu pupilo lle colle gusto ó sillón de alcalde e lle quita o posto de candidato a Miguel de la Calle.
- Ou quere ampliar a súa estadía en Argentina para facer de Cicerone de Miguel de la Calle, cando este viaxe a “latinoamérica” no mes de novembro, e presentalo diante dos seus amigos arxentinos como o seu sucesor.
Out
27
Meneando a Pereira(s)
Categorías: PP | 6 comentarios
Hai uns días entereabámonos pola prensa tamén que o Pereiras estaba a preparar unha cea ou comida homenaxe de despedida, logo de tantos anos de capitanear a infantería, e o alcalde barrio de Moreira acusábao de que con esta homenaxe o que buscaba era buscar apoios de cara ás eleccións de maio.
Pero as desdichas nunca veñen solas, e segun parece o PP planea retiralo do postiño que tiña no teatro e, polo tanto, quedarase sin o plus económico que isto supón.
Pero que faría ou que quería este homiño que antes era o preferido de don Ramón, que, por certo, todo parece indicar que non irá a homenaxe por atoparse en Argentina de segundas vacións.
Out
23
As incógnitas están despexadas
Categorías: BNG, PP, PSOE | 1 comentario
No seu día xe demos conta do elixido do PP, Miguel de la Calle; o pasado mércores coñecíamos que Raquel López Doce, actual portavoz Municipal, é a elixida polo BNG; e o sábado o PSOE daba a coñecer a súa cabeza de cartel, José A. Dono. A falta de saber se frutifica algunha candidatura independente, -todo está moi calado e moi parado ultimamente-, isto é o que hai, os estradenses en maio de 2007 terán que elixir como mínimo de entre estas tres persoas.
A priori, polo menos para nós, quen parte cunha pequena vantaxe é Raquel, que conta con máis experiencia política cos outros dous, e ademais conta ca vantaxe de estar presente na actual corporación. Pese a todo, os outros dous partidos, non están coxos, e a maquinaria dos seus partidos estarán traballando a tope canto máis se acheguen as eleccións, sobre todo o PP que poñerá a traballar a súa infantería, que ultimamente anda un pouco revolta, por certo individuo que non está ben visto por parte de algúns infantes.
Aquí tendes a vosa disposición unha pequena enquisa. Votade a quen queirades e cantas veces queirades, pero xa sabedes que as enquisas que contan son as do día das eleccións, así que vos mesmos.
|
Out
16
A manifa do sábado
Categorías: Sanidade | 2 comentarios
O pobo da Estrada non ten por costume manifestarse, pero cando hai motivos como o do centro médico do Foxo, os veciños saen a rúa en defensa dunha reivindicación que creen xusta.Fora polo desprazamento, fora polo ruido político dos últimos días, pero na Porta do Sol, que é donde se iniciou a manifestación, había pouca xente, menos que cando se convocou no Foxo; tanto é así, que houbo que esperar casi tres cuarto de hora para que a manifa se puxera en marcha.
Nesta ocasión estaba presente o xa candidato a alcalde do PP, Miguel de la Calle, estaba só; curiosamente ó outro lado da rúa estaba a outra sección do PP local, Chito, Palmou, Maceira e Arturo Brea. O Partido Popular fixo todo un desembarco na manifestación e mesmo capitaneou a mesma, como xa fixera na do Foxo. Tanto é así, que o Alcalde volveu a ocupar a primeira fila da manifestación collendo a pancarta, e iso, despois de que o BNG denunciara que fora o PP o culpable de que o Foxo non teña centro médico. Do PSOE non había ninguén, e do BNG estaban Raquel e Xan Carlos, iso si, ó final de todo, pechando a manifa.
A manifestación transcorreu en silencioata o ambulatorio, parecía unha marcha fúnebre, e alí leuse un manifesto reivindicando o centro médico para o Foxo.
Esto é o que dou de si a manifestación, espero que sirva para algo.
Out
11
Reunión de veciños de Lagartóns afectados pola cidade do moble
Categorías: Cidade do Moble | Fai un comentario
O domingo ás sete da tarde celebrouse unha reunión de veciños afectados polas obras da cidade do moble, que se está construíndo na parroquia de Lagartóns. Nesta reunión había persoas que non só pertencían a esta parroquia se non que había xente de lugares limítrofes, que foron avisados casa por casa e mesmo a través dos medios de comunicación, -en radio Estrada foi donde nos enteramos-, e dada a importancia desta xuntanza decidimos asistir a ver que se cocía.A cidade do moble é unha desas obras que concita o consenso de todas as forzas políticas e da maior parte dos sectores sociais, sobre todo do sector do moble, moi interesados en que esta obra se faga dada a importancia do sector na Estrada. De entre os partidos políticos, o máis interesado é o BNG, pois son as súas consellerías as que elaboraron este proxecto, polo que se xogan gran parte das súas aspiracións nas eleccións municipais, e por este motivo o están defendendo con capa e espada. Tanto é así, que alí se presentaron diante dos veciños reunidos para escoitar o que alí se decía, e rebater os argumentos alí esgrimidos se fora necesario; e abofé que así foi. Pois como dicía, alí se presentaron Raquel López, virtual candidata á alcaldía, e os concelleiros, Noa e Xan Carlos, que á marxe de que teñan razón ou non, non se lles pode negar a valentía para aparecer nunha reunión na que, aparentemente, tíñano todo en contra; aparentemente…
A reunión foi bastante tensa, os veciños acusaron de oscurantismo á administración pero tamén ós empresarios de Lagartóns, indicando que lles prohibiran acudir ó avance do proxecto no que estivo presente o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Tamén subliñaron que gracias á presión dos veciños conseguiron que a planta de biomasa non se incluíra no proxecto, pero un dos asistentes añadeu outro elemento de inquietude: a posible construción dunha planta incineradora de residuos dentro da cidade do moble. Isto fixo que Raquel, concelleira do BNG, saltara como un resorte negando tallantemente tal afirmación.
Pero na reunión houbo outras afirmacións curiosas e que nos fixeron reflexionar; os do BNG, nun momento dado da reunión, dixeron que no PXOM que se está elaborando actualmente, a catalogación do solo donde se ubicará a cidade do moble é de solo industrial, e na fase de alegacións non se presentou ningunha alegación por parte de veciño algún ou colectivos para evitar que nesa zona se instalaran máis industrias das que xa hai ou un polígono industrial privado. Ademáis, parece ser que a cidade do moble é un polígono 100% público que contempla a protección e rexeneración do río Liñares, para uso e disfrute dos veciños.
Estas afirmacións, como xa dixemos, fíxonos reflexionar, e como a nós a moitos dos presentes, sobre quen pode estar organizando a estes veciños e, sobre todo, con que fins, porque nos tememos que aquí non só hai intereses políticos para desbaratar ou, cando menos, poñer atrancos a construción deste polígono industrial do moble.
Out
9
Pleno do día 9 de outubro
Categorías: Pleno | 5 comentarios
- A primeira cuestión foi a desafectación dun camiño na parroquia de Parada, cuestión que se liquidou rapidamente pois todos os grupos votaron a favor.
- A segunda cuestión foi unha ampliación de crédito nas partidas do orzamento do concello para que este puidera beneficiarse dunha subvención da Xunta e executar deste xeito unhas obras no polígono industrial. A cuestión aprobouse por unanimidade, pero o PP tivo que oir ás forzas da oposición que o acusaron de falta de improvisación. O PP tentou escudarse na tardanza do bipartito á hora de conceder a subvención, pero López, que fixo o posible por explicarse, non deu convencido ao PSOE e ao BNG.
- A terceira cuestión que se estudou no pleno foron as bases do premio García Barros e do Avelina Valladares. Neste punto rompeuse a unanimidade, o BNG abstívose nas bases do primeiro premio porque considera que a entrega dos premios debe ser pública e non nunha cea, como se ven facendo ata agora.
- Pero o mellor ven a continuación. O PP presenta unha moción “boomerang”. É pouco habitual que o PP presente mocións, pero ainda é máis raro que quen leve a voz cantante sexa un concelleiro distinto a Arca, que é quen normalmente fala para defender unha moción. Desta volta, como dixemos, falou Arturo Brea, que presentou e defendeu unha moción que instaba á Xunta a facer o centro médico do Foxo. Todo cheo de razón, Arturo Brea remóntase ata 1993 para facer ver que a cuestión do centro médico viña de lonxe, e respondía a un interese veciñal desde había moito tempo, apuntando cada unha das súas palabra para as bancadas do PSOE. Todo prometía ir sobre rodas para o PP, os veciños do Foxo esperaban espectantes a ver que pasaba. Nisto toma a palabra Espiño espetándolle ao PP que se o Foxo quedaba sin centro médico era pola súa incompetencia, pois, segundo dixo Espiño, foi o goberno do PP quen eliminou ese centro médico. Logo falou Raquel López, a portavoz do BNG, que ademais de repetir o dito por Espiño engadiu que o PP, non só como goberno se non tamén no Parlamento, impediu, votando en contra, que os veciños do Foxo teñan hoxe un centro médico en condicións. Finalmente apróbase por unanimidade a moción do PP e tamén a do BNG que insta á xunta a facer o centro médico. Veremos en que queda finalmente.
Pero durante a discusión destas dúas mocións, a do PP e do BNG, puidemos observar unha cousa que nos chamou a atención. Si ben as caras dos concelleiros do PP, permanecían impasibles ante o que estaban oindo desde as bancadas da oposición, había un concelleiro, José López, que se lle vía abrumado e superado, mesmo desesperado, ante unha situación tan esperpéntica: o PP presenta unha moción e revéntalle no peteiro. Serán cuestións como estas, froito da improvisación política do seu partido o que lle está incitando a abandoar a política, tal e como se reflicte en algúns medios.
- Para rematar o pleno, o PSOE presentou unha moción oral e o BNG outra por escrito referente á variante da nacional 640 ao seu paso por Callobre, cuestión que puxo de acordo aos tres grupos, traendo a calma despois da tempestade.
O pleno concitou o interese de moita xente: entre os de AEDRU, os do IBI e os do Foxo, o salón de plenos estaba cheo, aplaudindo en diversas ocasións as intervencións do PSOE e do BNG.
Out
6
O candidato do PP é De la Calle
Categorías: PP | Fai un comentario
