Nov
26
Hai que sair na foto
Categorías: BNG, Municipais 2007, PP, PSOE | 1 comentario
Non é de estrañar que estivera presente Raquel López, xa que o acto estaba organizado polo BNG. O que si chamou a atención é que Dono e Miguel de la Calle aparezan por un acto organizado pola competencia. Xa sabemos que era un acto aberto a todos os veciños, pero é curioso e un tanto oportunista.
Ó mellor é que buscaban a foto, e abofé que a conseguiron. A ver se o ano que ven, pasado xa o período electoral, se pode ver esta foto outra vez. Xa veremos.
Nov
24
Don Ramón e o don da ubicuidade
Categorías: Concello, PP | 3 comentarios
Nov
23
Achégase o día 31 de decembro, data na que o actual xerente, Miguel de la Calle, abandonará o cargo, por ser o candidato do PP á alcaldía, e nos distintos sectores implicados empeza a haber movementos soterrados para cada quen situar ós seus, neste importante escaparate mediático da Estrada.Así segundo puidemos saber desde o sector hai movementos para situar a unha persoa dos seus. Destacados mobleiros estanse a mover para recabar apoios para situar a un dos seus.
Do terreo político non temos noticias ainda, pero seguro que as hai. Os tres partidos pularán por colocar a un dos seus, e concretamente o PP, que mantivo na xerencia a unha persoa que acabou sendo o seu candidato á alcaldía.
Nov
13
Pleno do 13 de novembro de 2006
Categorías: Pleno | 3 comentarios
No tempo que levamos asistido ó pleno, hai unha cuestión que si nos chocou, para o PSOE as actas sempre están correctas. Decimos esto, porque o BNG sempre atopa algún erro nas mesmas, en cambio, o primeiro partido da oposición nunca ten nada que alegar, ó mellor porque non as leen. ¿Non sabemos?.
Os primeiros puntos da orde do día foron de mero trámite, dar conta de deslindes en Parada e en Frades, cuestións que se solventaron por unanimidade.
A continuación houbo dous expedientes de créditos extraordinarios para pagar facturas do ano anterior, -e xa van catro, segundo denunciou o BNG-, e para comprar un vehículo. Sobre a primeira cuestión, o pago de facturas, a lóxica indícanos, que a estas alturas é un pouco raro pagar facturas do ano 2005, desde logo algo raro está pasando na administración. Desde logo o PP non o entende así e parece ser que o PSOE comparte este sentimento porque votou tamén afirmativamente a estes dous expedientes de créditos extraordinarios. O BNG en contra dos dous expedientes, e criticou a nefasta xestión que o PP está levando na administración do concello, e denunciou que hai vehículos que sirven para que determinados funcionarios ou traballadores do Concello se paseen pola Estrada. Esta afirmación alporizou a Arca que lle pediu que non faga denuncias infundadas sobre os traballadores do Concello que, polo xeral, cumplen ben co seu traballo. A cuestión non foi a máis.
Outras das cuestión que encendeu o debate foi a actualizacións das taxas municipais un 3,7%, o incremento do IPC. Aquí Arca enzarzouse nun tenso debate con Raquel López do BNG, que lle pedía a conxelación das taxas ó entender que os salarios e pensións non se actualizaron nesta porcentaxe, ademais de denunciar que determinados servizos non se prestan coa calidade suficiente, como por exemplo a auga.
Logo viñeron as mocións dos grupos políticos. O PSOE presentou dúas: unha pola conmemoración do 25 de novembro, día da non violencia contra as mulleres e outra pola conmemoración do 75 aniversario da aprobación do voto feminino, que se celebrará o 1 de decembro. O BNG, pola súa parte presentou outra relacionada co 25 de novembro, que consistía na aprobación dunha declaración pública que faría o concello este día tan sinalado. Todas elas aprobaron por unanimidade.
Outra moción que suscitou o apoio de todas as forzas foi a presentada polo BNG, na que se instaba a que o Concello delimitara todos os núcleos rurais donde se pedira algunha licencia de obra.
A seguinte moción presentada polo BNG instaba ó Concello a retirar as bandas rugosas de Fernando Conde e sustituílas por lombos de burra. O PP votou en contra, co cal os veciños desta rúa terán habituarse ós saltos.
En xeral o público hoxe estivo bastante calado e apagado, só aplaudiron cando o BNG instaba ó Concello na última moción que presentou, que se colgaran na páxina web do Concello as actas dos plenos, así como as súas transcripcións sonoras. A moción aprobouse por unanimidade. A ver canto tardamos en ver cumplida esta moción.
A adhesión ó Consorcio da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar foi outra das cuestións que levantou os ánimos entre o BNG e o PP. Desta volta Raquel López enzarzouse con Rodríguez nunha discusión sobre se o Concello debe ou non debe adherirse e como se debe adherir. Desta volta, como aconteceu cos incendios, o PP pon pegas, ve cousas que non lle gusta. Por de pronto isto supón que o concello paga servizos que non lle corresponden, como por exemplo a gardería; por certo, na mesma moción o BNG solicitaba que se suspendera o proceso selectivo da directora da gardería (¿Por que decimos directora e non director?). O PP votou en contra.
No apartado de rogos e preguntas nada que destacar, a excepción dunha denuncia que fixo o BNG sobre un peche que está facendo o alcalde de barrio de Couso ocupando unha masa común, cuestión que foi denunciada nesta páxina.
Nov
8
As cousas de palacio van despacio
Categorías: Concello, PP | 2 comentarios
Nov
7
Escollendo palabras
Categorías: Medios | 4 comentarios
El Correo Gallegosubstitúe palabras: “…A ver se aproban o PP dunha vez“, que, como podedes ver, non ten sentido ningún.
Faro de Vigo, “poña a responsabilidade enriba da mesa”, saque “este plan para adiante” y lo apruebe “canto antes”.
Debe ser o código ético ou o libro de estilo, pero non é o que dixo o Gonzalo Figueiras, Concelleiro do PSOE.
Nov
6
Pleno extraordinario de 6 de novembro
Categorías: Pleno | 2 comentarios
O pleno foi extraordinario pola ausencia inxustificada do Alcalde, que sigue en Argentina e que non se sabe cando ven. Tamén houbo outras ausencias, a de Espiño, esta en principio xustificada por razóns médicas, aínda que é o primeiro pleno que se celebra logo de que Dono fóra proclamado alcaldable polo PSOE, apartando a Espiño da carreira pola alcaldía, logo de todos estes anos na oposición, cuestión esta que levanta certo malestar en algún que outro socialista da Estrada, que ven como apartan a quen liderou para ben e para mal o partido durante estes anos, e agora ten que deixarlle sitio a outros, que xa foron concelleiros no seu día pero que decidiron dedicarse a outras cousas temporalmente ou simplemente a esperar situacións máis propicias.
Este tamén foi un pleno de presencias pouco habituales no salón de plenos. Xa empezada a sesión apareceu pola porta o candidato do PP, Miguel de la Calle, non sabemos se para enterarse de como vai eso de ser concelleiro ou para controlar aos seus e compoñer unha lista para as eleccións, -se lle deixan, claro; cuestión esta que ten un pouco complicada: primeiro polas presións que vai ter para contentar a todos, e segundo porque o núcleo duro do PP está imputado nun proceso xudicial, tal e como se encargou de recordar ós concelleiros do PP, Raquel López.
Tamén, como non podía ser doutro xeito, estaban presentes os de AEDRU, máis caladiños e tranquiliños que de costume, non se sabe se é por que xa non lle ven moita solución aos seus intereses persoais ou porque pensan montar unha candidatura e ver de solucionalos desde o goberno.
E deixamos para o final o mellor. A frase para o olvido. Como non estaba Espiño, concelleiro de verbo fácil, aínda que tamén demagóxico, exerceu de portavoz do PSOE o Figueiras, e soltou unha frase indigna e impropia dun representante político na casa que nos representa a todos. A súa intervención foi curta, pero rematouna ca frase “e a ver se aprobades o PXOM dunha puta vez!!!”, frase que ó mellor temos moitos na cabeza pero que, repetimos, un concelleiro non debe decir en público e menos diante dos veciños alí presentes. Como contraste, Raquel López si estuvo atinada e mismo diríamos que brillante na súa intervención; vese que non sólo vai ás comisións de urbanismo a ocupar unha silla e cobrar as dietas.
Por certo, o cargo de portavoz accidental é outro máis que ten que sumar ós que xa ten: Presidente dos Empresarios, Vicepresidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Concelleiro, membro da Comisión de Urbanismo,… cuestión esta da acumulación de cargos que tamén levanta certas suspicacias, sobre todo entre o sector empresarial.
Ah!!, olvidabámonos, o PP coa maioría que sustenta ao goberno aprobou as normas transitorias cas abstencións de PSOE e BNG.

