Dez
29
Non son somos os únicos
Categorías: PSOE | 3 comentarios
Sumámonos unha vez máis a esta denuncia, pero poñemos, como xa o fixemos da outra vez, nomes e apelidos ó desastre no que se está convertendo a sanidade na Estrada, pero tamén en Galicia, por culpa da mala xestión que está facendo o PSOE neste departamento que dirixe na Xunta, e que sufren os enfermos por un lado e o equipo sanitario por outra.
Dez
29
Marzo POP
Categorías: Cultura | 5 comentarios
Debe ser que no Concello pensan que o de fóra é mellor co da Estrada.
Dez
22
Pois non houbo fumata branca
Categorías: Fundación de Exposicións | 1 comentario
Según nos comunicaron, e contra todo prognóstico, a candidatura de Alfonso Sanmartín para a xerencia da Fundación de Exposicións e Congresos non callou, pese a que PP e o PSOE teñen maioría no padroado, e tiñan este candidato de consenso como unha das súas apostas.Ignoramos a razón pola que o PP e o PSOE non chegaron nin a plantear a súa candidatura, pero seguro que a presencia do Conselleiro Fernando Blanco, que preside o padroado, foi decisiva para que a súa proposta nin se presentara. De momento, e tal e como nos informaron, o Conselleiro fixo unha proposta para que se realice un proceso de selección aberto e de aí sairá o novo xerente, e foi respaldada por unanimidade do padroado.
Deste xeito, Alfonso Sanmartín terá que presentar o seu currículum e esperar.
Dez
20
Non era sin tempo
Categorías: PP | 8 comentarios
Pois, que nos recordemos, aparte da exposición de traxes dos Xenerais, que fixo o departamento de Cultura do Concello hai uns meses, e a mesa redonda que haberá dentro duns días sobre este tema, non haberá nada máis porque o ano remata dentro duns días.
¿É este un ano cultural?
Dez
20
U-las papeleiras?
Categorías: PP | 2 comentarios
Observade a rúa San Paio, a Avenida de América, Pérez Viondi, Avenida Benito Vigo… se queredes tirar un papel donde o tirades, no chan?. Home, hai xente que ten vontade e garda o papeliño para tiralo nun contedor do lixo, pero algunha outra non ten tanta vontade e tirao directamente ao chan. Haberá que dar facilidades para que a xente non tire o lixo ó chan, non?; así que, señores do PP, fagan o favor de colocar unhas papeleiras na Estrada.
Dez
18
De inauguracións e ausencias
Categorías: PSOE | 2 comentarios
A falta de poder inaugurar outra cousa o PSOE da Estrada inaugurou o seu local social. Dono exerceu de anfitrión e para cortar a cita trouxeron a nada menos que ó Conselleiro de Medio Ambiente, que non conseguiu ocultar ausencias clamorosas de destacados militantes do PSOE estradense. Referímonos a que na susodita inauguración non estaba presente Espiño que foi a cara visible do PSOE na Estrada nos últimos nove anos. A súa ausencia non pode escusarse na convalecencia médica da que xa está recuperado, pois ese mesmo día mantivo unha reunión cos veciños de San Miguel de Castro, pero pode ter outras explicacións tan humanas como as anteriores.Dez
12
Hai fumata branca
Categorías: Fundación de Exposicións | Fai un comentario
Ainda que non está convocada a reunión do padroado da Fundación do Moble, casi con toda seguridade, pois así no lo indicou un paxariño, que o novo Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada será un destacado concelleiro do PSOE da Estrada. Non, non se trata de Figueiras, ainda que seguro que non lle importaría sumar un cargo máis ós que xa ten (Presidente da ACE, Vicepresidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Concelleiro, …), pero non, non se trata de Figueiras, home, por outra parte vinculado ó sector, xa que é empresario mobleiro.
O afortunado é, casi con total certeza, o actual concelleiro do PSOE Alfonso M. Sanmartin Carbón, defendido polos seus evidentemente (Figueiras quere a un de confianza que poida controlar) e -oh, casualidades da vida-, parece ser que conta co beneplácito do PP e do xerente saínte e candidato á alcaldía, Miguel de la Calle. O BNG nesta cuestión nin pincha nin corta, pois a nivel local non ten representación no Padroado e sólo conta cos tres representantes da Consellería frente ós 6 e 5 que directa ou indirectamente se reparten o PP e o PSOE respectivamente.Se hai uns días dabamos conta de movementos dentro do sector do moble para situar a alguén dos seus, parece que todo vai quedar en nada, e tamén queda en nada a pretensión de outros sectores de colocar a alguén non vinculado directamente a ningún partido político, como ocorreu ata que a Miguel de la Calle se lle ocorreu primeiro ser candidato do PP ás eleccións municipais de hai catro anos e agora ser o candidato do á alcaldía deste partido.
Dez
11
11 de decembro
Categorías: Pleno | 1 comentario
Desta volta o PP douselle por levar propostas de gratificacións dos seus traballadores. Os primeiros en ser gratificados foron os desempregados do INEM que traballan para no Concello e a continuación o persoal laboral. Ambas as dúas propostas aprobadas por maioría absoluta do PP, o PSOE votou a favor das dúas e o BNG abstívose na útlima proposta.
Vese que chegan as eleccións e seguimos con gratificacións. Neste caso a proposta do goberno local era a de incrementar en 2.500 euros o complemento de produtividade do persoal funcionario. Aquí xa non houbo un certo debate. O BNG botoulle en cara ó PP o incremento dos gastos de persoal, neste caso gratificacións, en vez de destinalos a outras partidas como por exemplo a inversións. A cuestión quedou aprobada cos votos do PP e por se lle facían falta o PSOE tamén votou favorablemente.
E seguindo con temas laborais, o asunto Pereiras, do que xa demos conta, chegou a pleno. Simplemente lle cambiaron o complemento específico porque xa non se adica a abrir o Teatro. Xa deixou de ser o “chico” para todo do PP. Aquí houbo certa polémica co BNG pois lle recriminou ao PP que o escrito de renuncia, que teoricamente presentou Pereiras non leva selo de rexistro. É decir, que intentaron simular que era o funcionario o interesado en deixar o posto e non o PP quen lle rebaixara o status, pero saiulles mal, porque, aparte de non ter selo, o escrito estaba dato o mesmo día da resolución da alcaldía defenestrando a Pereiras.
Un dos puntos fortes da noite foi quizais o debate da moción do BNG a prol da Cidade do Moble, que foi seguido por veciños da parroquia de Lagartóns afectados pola construción deste parque empresarial. Non houbo sorpresas e os tres grupos expuxeron as súas posicións ao respecto e vese que nesta cuestión hai certa unanimidade, polo menos de cara á galería, ainda que tanto o PP como o PSOE pediron que non se politizara esta cuestión, o cal é un pouco inocente, pois son políticos os que deciden que se constrúa ou non e en que condicións, polo tanto, politizado xa naceu.
Por certo unha das cuestións que olvidamos resaltar ó principio foi o debut nas filas do PSOE doutro portavoz (Espiño segue convaleciente), desta volta tocoulle a Loureiro; só que queda por asumir este cargo San Martín. Estarán a facer méritos para non caerse da lista de Dono. A algún tocaralle, pero xa daremos conta nos próximos días.
Para rematar tamén se falou da do regulamento da Escola Infantil: o BNG non está de acordo en recoller no mesmo a figura da directora (¿por que será que poñemos directora?). Tamén se falou da renuncia a un posto de venda na Praza de Abastos e do seu declive, nin con feira nin sin feira os sábados. E tamén se falou do ano cultural do 2007, que o BNG quere adicarllo aos mártires da Estrada. Xa falaremos noutra ocasión porque o PP non o considera urxente, e seguro que dará que falar proximamente.
Dez
4
A sanidade enferma
Categorías: PSOE, Sanidade | 4 comentarios
Non hai moitos días, os médicos do ambulatorio da Estrada queixábanse do servizo que estaban prestando aos enfermos da Estrada; tamén non hai moitos días no Foxo pechábase un pequeno centro médico que atendía a casi mil persoas, e hai rumores, aínda sin confirmar, que o de Codeseda corre a mesma sorte.
Desde o punto de vista dos enfermos temos que sufrir esperas nas consultas cando o noso médico de cabeceira non está, posto que somos redirixidos ós facultativos que consultan no ambulatorio en vez de contratar temporalmente a outro médico. No período vacacional, sobre todo no verán, ocorre o mesmo, etc, etc, etc.
Curiosamente Dono, o candidato do PSOE, que é médico, e que ultimamente está tendo unha apretada axenda de actos e reunións, esquece totalmente ó seu gremio por un lado, e a atención sanitaria en xeral, que el conoce perfectamente. Seguramente neste tema non pode prometer as cousas que está prometendo un día si e outro tamén, porque el sabe perfectamente cal é a política que o seu partido está levando na Sanidade galega e sabe que non ten moita marxe de manobra.
Dez
1
Facendo as américas
Categorías: BNG, PP, PSOE | 2 comentarios
Falando de facer as américas, nos próximos días, sairá unha delegación de persoeiros do noso Concello hacia Cuba, acompañando á coral polifónica. Esta delegación, como non podía ser doutro xeito, está composta polos grupos políticos do concello, agás o BNG, que parece que declinaron tan tentadora invitación. Por parte do PP irá Reboredo e do PSOE irá Figueiras.
¿Que terá américa?.
