Dez
31
Repaso do ano que acaba
Categorías: BNG, Cidadáns por Galicia, Concello, Deporte, Municipais 2007, PP, PSOE, PXOM, Partido Galeguista | Fai un comentario
Seguramente haberá cousas máis importantes que outras, pero para nós isto é o máis destacado do ano 2007:
Xaneiro:
Empezamos o ano cunha dimisión, a de Figueiras, que ata aquel entón era Concelleiro do PSOE. Tamén coñecíamos a imputación dun Concelleiro do PP por un presunto tráfico de “leite negra”.
Febreiro:
Neste mes o PP empezaba a sinalarlle a porta de saída a Reboredo, e empezaban as especulacións sobre quen sería o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos logo da dimisión de Miguel de la Calle para ser o candidato do PP á Alcaldía.
Marzo:
Achéganse as eleccións e os partidos empezan a ensinar as súas cartas: preséntase o Partido Galeguista e Reboredo, logo de presentar a súa dimisión, tamén presenta a súa candidatura baixo o nome de Cidadáns por Galicia.
Abril:
Un espello xógalle unha mala pasada a Figueiras na presentación da candidatura de Cidadáns por Galicia. Saen publicadas as listas que concorreráns ás eleccións municipais.
Maio:
Xa en plena campaña electoral: debate dos candidatos, os resultados e o nome dos concelleiros. O PSOE é o partido máis votado, que non descarta nada para formalizar un goberno estable; Reboredo ofrécese.
Xuño:
O PSOE, de momento, forma un goberno en minoría e o mes está practicamente monopolizado polo disputado soldo do Señor Alcalde.
Xullo:
Segue o debate do soldo de Dono e hai certa presión para que o PSOE e o BNG acaden un acordo de goberno. Na Fundación de Exposicións e Congresos son días tumultuosos logo do requerimento da Consellería para anular a elección do Xerente.
Agosto:
No PP empezan as mundanzas: De la Calle deixa a portavocía do grupo municipal. Fallo do Tribunal Supremo que permite ao Concello exercer o dereito de retracto sobre a Torre de Guimarei.
Setembro:
O ex-Alcalde no banquiño dos acusados por un presunto delito de prevaricación urbanística. Cúmprense os 100 días de goberno en minoría do PSOE.
Outubro:
PSOE e BNG chegan a un acordo de goberno.
Novembro:
Un Concelleiro do PP amaga con irse para a casa porque el está en política porque llo pediu De la Calle. O Presidente da Xunta fai unha visita á Estrada. Chito Campos non se presenta ao xuízo logo do aprazamento do mes de setembro.
Decembro:
Intereses de todo tipo ao redor da ampliación do Polígono de Toedo. Hai conversas entre Palmou e Reboredo. E para acabar o ano fútbol (sala).
Para remtar, dende o Ruxe-Ruxe na Estrada desexámosvos un feliz ano 2008.
Dez
28
Morreu Cuíña
Categorías: PP | 9 comentarios
Non, non é unha inocentada. Xosé Cuíña morreu hoxe nun hospital de Santiago. O que foi Alcalde de Lalín e Conselleiro de Política Territorial, que levantou un imperio tras o seu paso pola política galega, faleceu hoxe por mor dunha neumonía.
Lalín está de loito, e dende A Estrada non podemos deixar de ver con certa envexa o seu paso pola política galega e o que iso supoxo para este Concello, moi lonxe do que significou para o noso o paso doutros en idéntico período de tempo.
Dez
23
E van dous neste mes
Categorías: Denuncia | 1 comentario
O 8 de decembro un mozo de 21 anos falece en accidente de tráfico ao final da recta de Baloira. Hoxe, 23 de decembro, morre outro de 20 en Lagartóns.
Unha sangría que non ten fin.
Dez
22
Felicitacións de Nadal
Categorías: BNG, Cidadáns por Galicia, Concello, PP, PSOE | 1 comentario
A continuación tedes a felicitación de Nadal do Alcalde, que aparece na páxina web do Concello, e deseguido a de parte da corporación que fixemos nós:

Dez
21
A directiva do C.D. Estradense ameaza coa dimisión polo cambio de dúas horas de adestramentos
Categorías: BNG, Concello, Deporte | 52 comentarios
Non houbo acordo ou entendemento entre Concellería de Deportes e o C.D. Estradense sobre o uso do Coto Ferreiro. Por unha parte dende o Concello din que tentaron “buscar consenso, pero hai un enroque absoluto por parte deles como se as instalacións fosen do club, e non municipais “. A tenente de alcalde dixo que «o Reale parte da base de que considera inamovibles os horarios do Coto Ferreiro porque están reservados dende xuño». Raquel López lembrou que naquel momento non houbo previsión dunha Liga Local por parte dos seus predecesores, e destacou que «non se está a suprimir dúas horas de adestramento, senón que só se trasladan». Xoán Carlos Castro dixo que «hai dous anos tamén se organizou máis tarde a Liga Local, e daquelas non houbo ningún problema para a súa incorporación».
Raquel López e Xoán Carlos Castro, que recoñeceron que a reunión non fora «moi construtiva», falaron tamén da «desproporción» na postura do Estradense por «dispoñer de 13 horas en vez de 15 do Coto Ferreiro», e engadiron que «non cremos que se trasladamos dúas horas o adestramento se vaia a poñer en risco o proxecto deportivo e todo o que significa o Estradense».
Por outra banda o C.D. Estradense considera que a «reunión non serviu para nada, e todo sigue igual. Visto o visto só nos queda convocar a asemblea para informar aos socios e case seguro que todos presentaremos a dimisión», dixo. «Hai un 99,9% de posibilidades de que deixemos o club, porque non se pode loitar contra corrente», engadiu Iglesias.
Está claro que ameazar coa dimisión da directiva por cambiar dúas horas de adestramento a outro recinto é un pouco esaxerado, o que pode esconder outro tipo de motivacións extra-deportivas. Respecto dunha hipotética dimisión en bloque da directiva do Estradense, Raquel López dixo que «sería algo desproporcionado e non a comprendería. Pero en calquera caso, nós non nos metemos na vida interna do club».
Memoria histórica
Por outra parte ollado a páxina do C.D. Estradense atópamonos con que este clube xurdiu “pola nula oferta de ocio na sociedade daquel tempo e pola dimensión competitiva entre pandillas de amigos e entidades de poboación diversas”, algo, que polo que se ve, se lles nega a outros 82 anos máis tarde.
Dez
20
De la Calle: a disposición do partido
Categorías: PP | 22 comentarios
Miguel de la Calle está a disposición do partido para o que mande, o cal quere dicir que hai un 99% de posibilidades de que este dimita para entrar no Consello Económico da Universidade de Santiago, e tamén cabe a posibilidade de que, con esta decisión, arrastre a García Villar, que nos pasadas semanas deu a campanada coa súa indisciplina de voto nos Plenos, e que en máis dunha ocasión declarou que estaba en política porque llo pediu Miguel de la Calle.
A lóxica indica que será López, pero tendo os valores en alza dentro do PP da Estrada, onde, por exemplo, Cristina Goldar se desenvolveu con soltura en máis dun Pleno, e tamén os contactos ao máis alto nivel, a incertidume está no aire.
Dez
19
Cambios no PP da Estrada?
Categorías: PP | 36 comentarios
Se desde hai algún tempo o PP viña actuando a nivel municipal cun portavoz diferente ao que foi cabeza de lista nas pasadas eleccións, tanto nos medios como nos Plenos, se a pasada semana dabamos conta dunha reunión ao máis alto nivel entre Palmou e Reboredo, e se agora se rumorea que De la Calle abandonará o Grupo Municipal para entrar no Consello Social da Universidade de Santiago a proposta do PP, os cambios na Estrada serán irreversíbeis, e a saber que alcance teñen, non só a nivel interno, que xa se poden ir intuíndo, senón a nivel externo. Vai ti saber se no 2008 temos sorpresa.
Dez
17
Co Coto Ferreiro armouse o Belén
Categorías: BNG, Concello, Deporte | 73 comentarios
Nos últimos días estivo un pouco revolto o mundo do deporte na Estrada, debido ao encaixe da recentemente creada Liga de Fútbol Sala Local na organización dos horarios do pavillón Coto Ferreiro, con tres entidades en adestrar ou xogar neste recinto: o Reale Seguros Club Deportivo Estradense, o EDM Baloncesto e a Liga de Fútbol Sala Local.A Concellería de Deportes (BNG) reuniuse o pasado martes 11 coas tres entidades para atopar unha solución e encaixar a Liga Local no horario do Coto Ferreiro acordando que o Reale adestraría neste recinto os luns de 20 a 21 horas e de martes a venres de 20 a 23 horas, e adestraría no Frontón os luns de 21 a 23 horas.
Polo que puidemos averiguar o Coto Ferreiro utilizábao a diario o Reale para os seus adestramentos e para xogar os domingos, o EDM Baloncesto utiliza o Multiusos, e para a Liga Local só quedaba o Frontón, que como todos recoñecen non reúne as condicións mínimas para xogar, daquela só se trataba de que o Reale e o Clube de Baloncesto cederan “o seu pavillón” (non creo que haxa que recordar que son instalacións municipais) unha vez á semana para que os da Liga Local non xogaran sempre no Frontón, que non vale para este fin, pero si para adestrarse.
Mais parece que ao Reale non lle gustou este reparto e, segundo palabras do seu presidente, “O luns imos ir co equipo ao Coto Ferreiro ás oito e media, e que sexa o que Deus queira”, calificando a reunión cos responsábeis de deportes do Concello de “encerrona” e o acordo de “imposición”. As outras dúas partes implicadas, o EDM Baloncesto, e por suposto, a Liga de Fútbol Local, polo que parece, non o opinan o mesmo, ou, de momento, non manifestaron a súa contrariedade con este horario.
—–
Actualización: 18-12-20007 ás 17:45
Isto enlíase un pouco máis
Ollando a páxina do Reale vemos que o C.D. Estradense envía un escrito ao Concello firmado por Antonio Pedro Iglesias Fraga, no que informa que calquera escrito debeuse enviar ao Estradense e non ao Reale e polo tanto o C.D. Estradense non chegou a acordo de ningún tipo co Concello no que aos horarios do Coto Ferreiro se refire. Daquela, quen eran e a quen representaban as persoas que se reuniron co Concelleiro de Deportes e que daban roldas de prensa? Non representaban ao Reale Seguros Club Deportivo Estradense?.
Dez
15
Caeu por casualidade nas nosas mans o libro recentemente editado de Manuel Reimóndez Portela, A Estrada Rural, ampliado por Valentín García, e no que colaboraron significados persoeiros da vida cultural da Estrada. Temos que dicir que se trata dun libro enorme, non só físicamente, xa que ten máis de 400 páxinas, senón polo contido, que debulla de xeito exhaustivo cada unha das 52 parroquias e os máis de 400 núcleos de poboación que compoñen un dos concellos máis grandes de Galicia.
Se algún problema lle vemos ao libro non é ao contido que consideramos magnífico, máis si á presentación. Por un lado a portada, que se nos presenta unha foto da Ponte de Gundián no Concello de Vedra, pola que pasa o tren, e non ten moito sentido tratándose dun libro sobre A Estrada, onde hai monumentos emblemáticos de sobra para plasmar na portada (Pazo de Oca, Torre de Guimarei, a Casa do Concello, etc); e por outra banda as fotos, que ben podían ser a cor as máis actuais e as históricas pois en branco e negro. Sabemos que as publicacións á cor son máis caras pero a Deputación de Pontevedra ben podía estirarse un pouquiño na presentación desta obra enciclopédica sobre A Estrada. De todos os xeitos, é un bo agasallo para este Nadal.
Dez
13
A casa polo nadal?
Categorías: Cidadáns por Galicia, PP | 6 comentarios
Non sabemos se é polo frío, no que todos procuramos un sitio acolledor e quentiño para desentumecer os nosos corpos, ou se é por estas data tan entrañábeis que se están achegando, onde todo o mundo se felicita e se bica e cando todo parece que todos os cabreos do pasado quedan eclipsados polas luces das rúas que anuncian estas festas… en fin… sexa polo que sexa, segundo nos informaron fontes solventes a reunificación do PP na Estrada podería estar máis cerca que nunca. Cando dicimos reunificación referímonos ao binomio PP-Cidadáns, obviamente, que se presentaron por separado nas eleccións municipais pasadas logo duns desencontros á hora de conformar á lista, e que agora, os seus máximos dirixentes, Palmou e Reboredo reuníronse nos pasados días no coñecido hotel Araguaney de Santiago. Para que? Non o sabemos, pero tede isto en conta para os futuros acontecementos, cuxos límites nos poderán retrotraer 15 anos atrás. O tempo dirá.
