Jan
30
Dono como Touriño
Categorías: Municipais 2007, PSOE | 9 comentarios
Nesta ocasión estivemos lentos de reflexos, xa sabíamos que algunha había algunha crítica á confección da lista de Dono para as municipais, pero queríamos ter máis datos e adiantouse La Voz de Galicia.
Todo parece que Dono e un pequeno círculo de persoas elaboraron a lista ó seu gusto, sen contar con destacados militantes e mesmo concelleiros que non son da súa corda. Así, como reflicte La Voz, critican a gran número de persoas independentes, sen contar con concelleiros e militantes que traballaron polo PSOE nos últimos 8 anos (Loureiro, Picaño, Valladares…). Nos seis primeiros postos hai tres militantes e tres independentes, repetindo Espiño, -supervivente nato-, da actual lexislatura.
Según declaracións do propio Dono elaborouse unha lista preparada para recuperar o voto do rural, e a nós parécenos, que con eses vimbios, malamente, sobre todo fronte ó aparato do PP, e a ausencia de todo tipo de traballo municipal nos últimos anos, e sobre todo, debido á posición ambigua no tema do PXOM: en comisión a todo que si e logo votan en contra no Pleno, cando todo o mundo, incluido o PP, esperaba que se abstiveran.
Jan
25
En negro
Categorías: PP | 20 comentarios
Seguramente coñeceredes polos medios de comunicación que está sendo investigada pola UCO da Garda Civil una empresa láctea de Santa Comba por procesar leite que se produce fóra da cuota asignada a caca gandeiro, vamos… o que se coñece como leite negra. Pois segundo parece, mañá seguramente sairá no resto dos medios de comunicación hai un político local implicado nesta rede. Este concelleiro do PP, que responde ás siglas José Luis Barcala, é de Vea, ten varias cisternas de recollida de leite, e presuntamente, proporcionaba esta leite á empresa láctea de Santa Comba. Evidentemente estamos a falar dunha fraude fiscal, e fraude no sistema de coutas da Unión Europea.
Jan
25
Outro lapsus, e van dous
Categorías: Lapsus, PP | 2 comentarios
A intervención de Dono no a vimos, e a de Raquel pódese ver na páxina we do BNG, aínda que é da semana pasada.
Jan
23
Il prezzo
Categorías: Municipais 2007, PSOE | 4 comentarios
Na Estrada xa sabemos cal é custe da traición: 16 anos de goberno do PP, 16 anos con Ramón Campos de Alcalde. O que non sabemos é canto lles custou ós promotores da traición convencer a un concelleiro para levantar a man por eles e non polos outros, polos que compartían lista con el.
Sabemos por un paxariño, que marchou espantado da alameda, que Dono prepara unha lista ambiciosa, con xente nova (Espiño é unha excepción), e que se dará a coñecer nos próximos días, na que hai unha persoa, situada nun posto destacado que xa puxo prezo para dar a súa conformidade. Será unha persoa moi valiosa para a candidatura, pero pensamos que Dono e o PSOE, debería reflexionar, retrotraerse 16 anos atrás e revisar o seu pasado. Hai 16 anos un concelleiro do PSOE pasouse ó “grupo mixto” e propiciou a chegada do Ramón Campos e do PP ó goberno da Estrada. As consecuencias xa as coñecemos todos.
Jan
17
O alcalde e as beirarrúas
Categorías: PP | 14 comentarios
Este é o típico razoamento que fai Don Ramón Campos co tema das beirarrúas. Está a pasar en Vilar, pasou en Souto de Vea, pasou na consolación. O Alcalde non atende a razóns: ou se fan as beirarrúas con el di e por donde el di ou non se fan, que para iso as paga (cos cartos de todos, claro); que llo pregunten ó de Ouzande, que aínda están esperando por elas.
E unha vez que decide facelas, non atendendo ás peticións e queixas dos veciños, xa as fará ó ritmo que el queira, claro … sin apurar, como lle está a pasar ás de Souto de Vea, que levan un ano en obras. Claro que se as beirarrúas son para o cacique da parroquia, as cousas van máis lixeiras, e sen tanto alboroto, como aconteceu hai 10 anos (máis ou menos) cas beirarrúas de Vea, que se ían facer no Souto, pero apareceron na casa do alcalde de barrio, que actualmente é concelleiro.
Jan
15
Cea de despedida de Miguel de la Calle
Categorías: Fundación de Exposicións, Lapsus | 10 comentarios
O venres pasado a Asociación de Mobleiros e o Premio Xornalístico Manuel Reimondez Portela organizaron unha cea homenaxe a Miguel de la Calle polos oito anos dedicados á Fundación de Exposicións e Congresos. Segundo nos contan alí estaba presente a flor e nada do noso Concello: políticos, representantes de sectores sociais, etc.Quen estaba
Pola parte política estaban os tres grupos, o Alcalde, Palmou,… Por parte do BNG estaba Raquel López Doce; por parte do PSOE non estaba Espiño, que de momento e o portavoz, pero estaba María Josefa Pernas representando ó seu partido. Supoñemos que a ausencia de Espiño podería xustificarse por non estar aínda ó 100%, pero tamén se podería deberse a non compartir mesa co que foi o seu compañeiro de filas ata hai uns días, é decir, por non atoparse con Figueiras. E abofé que tiña razóns para non ir, pois segundo parece María Josefa e Figueiras non intercambiaron palabra en toda a noite, e iso que estaban na mesma mesa.
As intervencións…
Todo o mundo tiña algo que decir esa noite, falaron todos. Á marxe doustras consideracións que falaremos máis adiante, Miguel de la Calle tivo un detalle moi especial con Figueiras, que dixo que pese ás diferencias que tiveron nos últimos anos, estas sempre foron en positivo e polo ben da Estrada, e non quixo decir máis ata que Figueiras lle adicou tamén unhas palabras. Abrazos de ambos e Miguel de la Calle tomou a palabra de novo e outra vez lle fixo un guiño a Figueiras, pois díxolle que pelexaría para que o futuro presidente da Cámara de Vilagarcía sexa da Estrada (Figueiras é o Vicepresidente 2º). Pero o mellor estaría por vir…
O mellor da noite
Efectivamente, o mellor aínda estaba por vir. Nesto, toma a palabra Miguel de la Calle e fala de que sempre que viaxou polo mundo adiante, dando a coñecer a Feira do Moble, levaba un libro que lle abriu moitas “pernas”. A tensión recorreu toda a sala, máis dun e dunha púxose colorado, e se puidera meterse debaixo da mesa faríao para non soportar o bochorno que se respiraba no ambiente. Ignoramos se foi unha traición do subconsciente ou se se lle trabou a lingua, pero todo o mundo alí presente decatouse perfectamente do que dixo, e aplaudiu nerviosamente para solventar a situación.
Jan
12
Figueiras o máis valorado
Categorías: BNG, PP, PSOE | 3 comentarios
Logo de 500 votos emitidos na enquisa que colgamos na nosa páxina poñemos a continuación a valoración de todos os políticos da Estrada, excepto o Alcalde, Ramón Campos, que non o puxemos na lista a propósito, precisamente pola súa condición de máximo mandatario municipal.
Chama a atención a escasa valoración que se lle dá nesta enquisa ós políticos locais do PP, o mellor situado é López, con un 4% dos votos fica relegado ó posto 8 da lista dos mellores. Reboredo alcanza o 2%, pero menos valoración alcanza Maceira (1,2%), que era o candidato a Alcalde que lle gustaba a Ramón Campos.
- Gonzalo Figueiras Rey - 21,20% - PSOE
- Raquel López Doce - 14,60% - BNG
- Alfonso M. Sanmartin Carbón - 13,80% - PSOE
- Manuel Otero Espiño - 12,60% - PSOE
- Xoán Carlos Castro Blanco - 5,80% - BNG
- Manuel Loureiro Loureiro - 5,00% - PSOE
- Nóa López Calvelo - 4,40% - BNG
- José C. López Campos - 4,00% - PP
- Mª Josefa Pernas Transancos - 4,00% - PSOE
- Manuel Rodríguez González - 3,80% - PP
- Isabel Ruíz Ferro - 3,20% - BNG
- José Vicente Vicente - 2,40% - PP
- José Manuel Reboredo Baños - 2,00% - PP
- José Antonio Maceira Besteiro - 1,20% - PP
- Ana Mª Constela Brea - 0,60% - PP
- José Luis Barcala Rodríguez - 0,60% - PP
- Manuel Arca Castro - 0,40% - PP
- Arturo Benito Brea Lea - 0,20% - PP
- Manuel Somoza Carbón - 0,20% - PP
Jan
10
Figueiras dimite
Categorías: Audio, PSOE | 7 comentarios
En Radio Estrada acaban de dar a noticia da dimisión de Figueiras como concelleiro e das súas responsabilidades dentro da executiva local do PSOE. Ainda que cita que son por razóns estritamente persoais, escusa que sempre se dá para esconder outras razóns de tipo persoal, pero politicamente incorrectas, como era a súa pretensión de repetir como concelleiro nas vindeiras eleccións municipais.A incógnita agora é se Figueira se irá para a casa ou buscará acomodo noutras filas políticas; decímolo porque se por algo se caracterizou esta persoa é pola súa intensa actividade pública: concelleiro, presidente da ACE, vicepresidente 2º da Cámara de Comercio de Vilagarcía, e empresario.
Jan
8
Pleno do 8 de xaneiro
Categorías: Pleno | 1 comentario
En serio que non houbo máis cousas. Bueno, si, houbo os tradicionais rogos e as preguntas da oposición.
O PSOE fixo tres: rogou que o proxecto da Cidade do Moble estea a disposición dos veciños no Concello, deron conta duns adoquíns levantados e duns desperfectos no colexio de Figueroa (do Pérez Viondi non dixeron nada). Fin. Iso si, nesta ocasión xa podemos anunciar a volta de Espiño, reenganchou, -con poucos bríos, iso si-, para o que queda de lexislatura e acaba de asegurarse a continuidade para a próxima, como un bo sarxento chusquero.
Son as 9 e 20 e se o BNG non tivera a oportunidade de preguntar e rogar, o pleno remataría aí, pero sus señorías tiveron que agardar un pouco máis.
O BNG fixo unha batería de preguntas bastante importante sobre as cuestións máis variadas: a Escola Municipal de Ximnasia (non sabíamos que había isto no noso concello), outra vez as beirarrúas do Souto de Vea que xa parece a obra do Escorial; os gastos do Sr. Reboredo en Cuba, 850 euros, a conta do Concello para acompañar a Coral; o PXOM; os orzamentos de 2007…. etc.
Pero foi nesta última pregunta do BNG cando saltou a sorpresa: o PP non pensa aprobar o PXOM neste ano, porque na cifra aproximada que deu Arca non incluíu a parte correspondente ó PXOM, que é practicamente o doble, é dicir, estaríamos falando dun orzamento de 20 millóns de euros, igual ó que había para o 2006 de aprobarse finalmente o PXOM. Pois é un alivio pensar que que o Alcalde deixa as pestanas polo Concello.
Jan
6
Os primeiros da lista
Categorías: BNG, Municipais 2007, PP, PSOE | 2 comentarios
Pola parte do PSOE, Dono cede ás presións das persoas que estiveron apoiando ao actual grupo municipal, e situarán a Espiño como número dous, todo sexa para ter unha precamapaña tranquila. Parece que as pataletas de Espiño deron os seus froitos. Ó mesmo tempo sabemos que Figueiras a priori tampouco entra nas quinielas de Dono, pero que pelexará para quedar ben situado na lista.
No PP parece que o actual alcalde quere renovar toda a lista, evidentemente di isto porque quere liquidar ós que non son da súa corda, Arca e Reboredo sobre todo. Do tira e afrouxa para nomear o cabeza de cartel, quedou claro que Maceiras será o número dous do PP.
Pola parte do BNG parece que con toda seguridade repetirá o actual grupo municipal (Raquel López, Maribel Ruiz Ferro, Xan Carlos Castro Blanco e Noa López Calvelo), pero claro, haberá que esperar a que se faga público, non vaia ser que haxa algunha sorpresa.
