Fev
27
A Estrada Dixital
Categorías: A Estrada Dixital | 11 comentarios
O 30 de xaneiro A Estrada Dixital dou a coñecer ó mundo enteiro a posta en marcha da rede wifi en todo o Concello. Despois de casi un mes, decidímonos a facer unha solicitude de alta e ver que pasa.Sinceramente pagar 10 euros mensuais, que é o coste que ten a wifi na Estrada, é un prezo moi asequible, sobre todo tendo en conta os prezos que se manexan para acceder a internet no resto de proveedores de acceso, pero tamén é un pouco inxusto que algúns, -non sabemos si son moitos ou poucos-, teñan que pagar un “extra” para acceder a internet en igualdade de condicións.
Fev
26
¿Quen será o novo xerente da Fundación do Moble?
Categorías: Fundación de Exposicións | 13 comentarios
Según puidemos saber, dentro dunha semana aproximadamente, ou quizais algúns días máis, saberase quen ocupa a xerencia da Fundación do Moble. Parece ser que o padroado terá que elixir entre catro persoas, unha delas da Estrada, a tres restantes non.As catro persoas acreditaron a súa experiencia na organización de distintos certames e en xerencia. Dos catro, tres teñen estudos universitarios, o que, a priori, podería inclinar a balanza por algún deles. Con todo, como xa indicamos noutra ocasión, se o da Estrada é Alfonso Sanmartín este conta cun as na manga, xa que conta cos apoios do PP e, suponse, que cos do seu propio partido, supoñendo que Figueiras non lle faga un feo de última hora.
Fev
23
¿Vos que faríades?
Categorías: PP | 23 comentarios
Preguntamos: ¿vos que faríades se vos enterades de que non van contar con vos para facer unha lista electoral, logo de pasarte moitos anos (cobrando, iso si) traballando arreo, votando o que che mandaban, aínda sabendo que che podía saír caro?, ¿eh? ¿Que faríades?…
Pois moi probablemente faríades o mesmo que Reboredo: filtrades a noticia nos medios de comunicación antes de que saia, ou iso é o que puidemos saber despois das averigüacións que fixemos. E abofé que lle saíu ben, porque deste xeito os primeiros que teñen que dar a cara son Chito, Palmou e de la Calle, e non el.
É o que lle queda, porque pouco máis pode facer, a parte de dimitir como Secretario Xeral do PP local. ¿Ou ó mellor ten un as gardado na manga?.
Fev
23
Non vai quedar ninguén limpo
Categorías: Municipais 2007, PP, PSOE | 14 comentarios
Tal e como apunta o xornal, isto implica que dous concelleiros máis da corporación aparecerán implicados en imputacións xudiciais, é dicir, que Maceira e Espiño presumiblemente tamén terán que ir ó xulgado. Dous concelleiros máis que se suman ó Alcalde, Reboredo, Arca e Somoza, por mor da denuncia que presentou o BNG en 1994 contra boa parte da corporación por, presuntamente, conceder licencias ilegais.
Se isto vaia adiante, implica que no PP, Maceira tampouco debería ir, xa que por estar imputado en causa penal, caeu da lista Reboredo e seguramente Arca. Daquela, haber como fai, como xustifica de la Calle ante os seus para colocar a Maceira na lista e non ós outros. Na parte socialista, en principio vese que non hai problema.
Fev
22
O Río Ulla baixa revolto
Categorías: BNG, PP, PSOE | 20 comentarios
Estes son os feitos que investigamos a raíz dun comentario que alguén deixou nesta páxina. Agora que, na nosa opinión todo é unha casualidade, posto que segundo parece a xunta directiva actual está composta por persoas de toda clase e condición, e ideoloxías diversas, o mesmo ca o grupo opositor, polo que queda descartada que se trate dunha vendetta de tipo política debido a que o presidente vaia na lista do PP.
Fev
21
Concelleiro Kleenex
Categorías: PP | 27 comentarios
Así debe sentirse Reboredo e proximamente a Arca tamén lle tocará o turno. No caso de Reboredo é se cabe máis sangrante. Votou a favor de cantas licencias urbanísticas quixo Don Ramón, mesmo as ilegais; arreou coa pataca quente do PXOM, plegándose ás esixencias dos intereses de Don Ramón, … pero Reboredo cumpriu pese a que os enfrontamentos entre ambos foron públicas e notorias desde o principio da lexislatura e agora pásalle a factura, ca escusa de que hai que limpar a casa. E agora non contan con el. Don Ramón prescinde dos seus servizos, xa non é útil; co PXOM en stand by, e sen aprobación á vista, xa pode queimar a outro concelleiro.
Fev
19
Movementos no BNG
Categorías: BNG | 10 comentarios
Ignoramos se Raquel López, a candidata do BNG, anda con libretiña ou non, pero puidemos saber que os do BNG ficharon a Pepe Barreiro, que ten unha asesoría na Estrada, para ir en postos de saída, supoñemos que a partires do cinco, xa que repite o grupo municipal tal e como está conformado actualmente. Segun puidemos saber Barreiro conta coa aprobación de boa parte da militancia do BNG, pese a non estar afiliado a este partido, debido entre outras cousas a boa consideración que ten esta persoa entre os estradenses.
Fev
16
A cousa está moi igualada
Categorías: BNG, Municipais 2007, PP, PSOE | 5 comentarios
Ben. Despois de bastantes semanas en liña, e 1.030 votos emitidos os resultado da nosa enquisa para consultar a opinión dos internautas para saber quen vai ser o futuro alcalde da Estrada o resultado é o seguinte:
Raquel López Doce - 33%
José A. Dono - 31%
Así as cousas, e a espera de que aparezan en escena novos contrincantes políticos esto é o reparto dos votos emitidos na nosa web. Como se pode observar, a incógnita está servida, todo pode pasar, mesmo que o PP perda a maioría absoluta que detenta desde hai 16 anos. Agora toca esperar, non falta moito xa.
Fev
12
Pleno do 12 de febreiro: pleno ordinario
Categorías: Pleno | 6 comentarios
Desde logo, de tan light como foi, é ridículo que enumeremos os puntos da orde do día, xa que eran casi todos de mero trámite. Só houbo un punto, que de non ser que o grupo de goberno o traía mal cociñado, sería de mero trámite. O asunto foi o recorrente asunto de todos os plenos: o regulamento da gardaría. O tema é que quen tiña que facer os papeis non os fixo ben, ou os perdeu; non se sabe, pero o tema é que o no pleno anterior acordaron por unanimidade modificar as datas do prazo de solicitude de admisión, porque estaban mal, e directora da gardaría volve a metelas mal na documentación que viña a pleno, co cal tivo que ir todo de volta.
Aquí o BNG volveu a tildar de incompetentes ós responsábeis do asunto, neste caso a Rodríguez; bueno, .. ou son incompetentes ou o fan a drede, aspostillou Raquel. Rodríguez escusouse decindo que todo fora un erro, que se correxía e listo. O PP e o PSOE votaron a favor do regulamento, cas modificacións precisas e o BNG abstívose.
Logo viñeron os rogos e as preguntas: espellos rotos, pistas en mal estado, bandas rugosas que hai que cambiar de sitio, etc. De todas as preguntas que se formularon, houbo unha especialmente interesante que formulou o BNG referida a contratación dun avogado para asesorar en temas urbanísticos. O BNG criticou que se gastaran estes cartos cando o concello conta con técnicos suficientemente capacitados para asesorar en cuestións urbanísticas e os seus “consellos” son vinculantes. Se estades a agardar pola resposta do alcalde ides listos, pois contestará por escrito. De todos os xeitoa, houbo unha cuestión que nos chamou a atención: Reboredo quería contestar, pero o alcalde non lle deixou.
E isto é todo o que deu de si o pleno ordinario.
Fev
8
Virachaquetas
Categorías: BNG, Municipais 2007, PP, PSOE | 19 comentarios
O PP é o refuxio preferido dos virachaquetas. Dos actuais concelleiros, un deles, José Vicente, foi nas listas do BNG hai xa algunhas lexislaturas. O actual alcalde, que entrou como independente en 1991, acabou defendendo as cores da camisola da gaivota. Aínda que no PP tamén houbo movementos á inversa, é dicir, que se foron do PP para outros partidos, concretamente estámonos a referir a Figueiras, por exemplo, que do PP pasouse ao PSOE.
No caso do PSOE a parte do de Figueiras e Selesio, que se pasou ó grupo mixto, non hai nada novo. Aínda que hai un ruxe-ruxe pola Estrada que di que unha persoa das elixida para ir en postos de saída pertenceu antes a Nova Xeracións, o partido dos mozos do PP, ata non hai moitos meses. Debe ser que veu a luz así de repente.
