Hoxe Reboredo dou unha rolda de prensa na que falou sobre os motivos da súa dimisión e os motivos que ten para presentarse ás eleccións municipais encabezando unha candidatura.

Sobre dos primeiros dixo que a súa dimisión débese á que se sinte decepcionado persoal e politicamente. Dixo tamén que se recibira numerosos apoios para seguir en política e visto que no PP non ten cabida na lista de De la Calle, pois decidiuse montar el unha candidatura baixo a “marca limpa”, Cidadáns por Galicia.

Esta candidatura está encabezada por el mesmo, seguido do empresario Juán Torres; de terceira irá Sonsoles Carbia (Pescados Carbia), de cuarto, Juan Manuel Porto, e de quinta, Irene Cao. Como se ve, é unha lista cun denominador común, forman parte do empresariado local.

Sobre a “marca limpa”, termo que Reboredo utilizou durante a súa rolda de prensa, para referise ao nome da súa candidatura, diremos que será limpa ou nova, pero temos que recordar que Reboredo ten causas pendentes coa xustiza, polo tanto, seguramente non fará un posado ó máis puro estilo Albert Rivera de Ciutadans per Catalunya, que posou desnudo para que se vira que non ten nada que esconder, o cal non é o caso.

El Partido Popular de Venezuela aprovechó una asamblea de la asociación de emigrantes Fillos de A Estrada para entregar a sus socios los formularios para solicitar el voto rogado. Los ayuntamientos de Forcarei y A Estrada, de donde proceden la mayoría de los residentes ausentes del colectivo, han otorgado a la asociación subvenciones por un importe de 2.000 euros durante los últimos dos años.

Así empeza unha noticia que sae hoxe en El País. Así que xa sabemos a que se dedican os cartiños de todos os estradenses que ano tras anos se enviaban a “determinadas” asociacións de emigrantes da Estrada en Sudamérica.

Pero nesta particular caza non só participa o PP, días atrás, no mesmo xornal, saía outra noticia na que o Candidato do PSOE de Vila de Cruces admitía que propuxo pagar para conseguir votos na emigración.

Cada quen que saque as súas conclusións.

E tan amigos

Categorías: PP | 22 comentarios

Das declaracións do Alcalde, que daba conta da dimisión de Reboredo quedámonos con dúas cousas:

  1. Que quedan tan amigos.
  2. Que presenta a dimisión para elaborar unha lista independente, o que lle agradece e valora a súa elegancia.
  3. Que entende a súa postura, porque el tamén o fixo no seu momento.
  4. Que si non gana un partido por maioría absoluta esto vai ser unha desfeita, “acordádevos do que vos digo”.
Non sabemos se foi por as presións recibidas nos ultimos días e tampouco sabemos en que desembocará, o tempo dirá, pero Reboredo, Concelleiro de Urbanismo e de Cultura, presentou a súa dimisión. Desde logo, o detonante foi a súa non inclusión na lista, e a gota que colmou o vaso, foi, seguramente, a filtración da data do xuízo que ten pendente, el e outros, xa ex, compañeiros de corporación.

Con el son xa dous os dimitidos por discrepancias cos seus respectivos partidos. Quen sabe si Reboredo e Figueiras acaban sendo compañeiros nunha lista alternativa. Non faltará moito para saber dela.

Hoxe vemos no Diario de Pontevedra unha noticia de alcance para determinados políticos do noso Concello. Según este xornal (non podemos aportar o correspondente enlace, porque esa noticia non figura na web do Diario de Pontevedra) a xuizo polo presunto delito de prevaricación cometido por catro dos actuais concelleiros do PP da Estrada (Don Ramón, Arca, Somoza e Reboredo) realizarase no mes de setembro, bastante despois das eleccións municipais.

Destas catro persoas, tres delas (Don Ramón, Arca e Somoza) non concurrirán en lista algunha nas eleccións de maio, e no caso de Reboredo aínda está por ver, xa que, según este xornal, todo apunta que se presente por unha lista independente, baixo as siglas dun partido denominado “Cidadáns por Galicia”.

Recordemos que a denuncia presentouna o BNG da Estrada hai xa máis de 10 anos contra todos os membros que daquela formaban a Xunta de Goberno, por mor dunhas irregularidades urbanísticas, que foron confirmadas polos tribunais. Na querela criminal contra os que aprobaron estas licencias en contra do ordenamento urbanístico vixente enfréntase a 8 anos de inhabilitación e ata penas de cárcere para algún dos imputados.

Agora a pregunta é: ¿Quen filtrou a noticia á prensa e con que intencións?. Ó noso entender esta noticia chega nun momento moi oportuno para o PP, xa que Reboredo, imputado na causa penal, está maniobrando para ir nunha lista independente, e deste xeito, o sector oficialista do PP, intenta cortarlle as alas dalgún xeito. O cum laude de Palmou tiña que notarse de algún xeito, ¿non?.

Acabamos de oir en Radio Estrada que o PP e o PSOE adxudicaron un contrato de 280 mil euros sin a publicidade debida para esta cuantía.

O tema é que A Estrada Dixital necesita uns chismes para que os usuarios se conecten a internet, e resulta que estes aparatos só os pode proporcionar unha empresa.

Resaltar que, segundo as declaracións do BNG, a rede wifi costa máis de 840 mil euros, 140 millóns de pesetas.


As declaracións do BNG

Recordades a película Terminator 2, na que un robot máis evolucionado co resto tiña a ventaxa de convertirse en mercurio e logo volver a xuntarse?. Pois algo así lle pasa ó PP da Estrada. Hoxe sae na prensa que hai unha escisión do PP, que lle pide a Reboredo que lidere unha lista independente. ¿Obxetivo?, “Algunas personas vinculadas a la impulsión de esta candidatura independiente admitieron en las últimas horas a esta Redacción que su objetivo era lograr 3 ediles en los próximos comicios para convertirse en llave y “elexir ó alcalde”. Pretenden convertirse en la única baza del PP para gobernar en A Estrada.”

En aestragada.com hai este vídeo


Só se pode decir unha cousa: Xenial!!!, esperamos a segunda parte.

Hoxe José Caramés e Orlando Villamayor presentaron o Partido Galeguista na Estrada, que promoverá unha candidatura ás eleccións municipais.

A xunta xestora do Partido Galeguista está formada por Orlando Villamayor, José Caramés, José Antonio Bermúdez e Manolo Barcala.



A polémica continúa nos medios. De la Calle e Raquel, mándanse recadiños a través dos medios.Resaltamos o sequinte:
López Doce: “Queremos convertir á Estrada no referente estatal do moble”
A perla:
En su opinión, la preocupación por la nueva feria evidencia que o bien De la Calle “dubida do seu labor” al frente de la Fundación porque “a súa xestión foi bastante peor do que se poida pensar e pode haber risco para unha feira que debería estar minimamente consolidada ou dubida das capacidades de Sanmartín como novo xerente”. Sólo así entendería la líder del BNG tal “temor a unha hipotética competencia” con un “histerismo” que cree “chamativo” cuando la “política localista do PP” hizo que haya salones del mueble en Ferrol, Ourense y Vigo. “Isto trátase de corrixir pero 16 anos non se retrotraen en 2″, destacó, por lo que reta al PP a “reeditar” el pacto PP-PSOE en Lugo para anular la feria que aprobó el patronato lucense.

Innovación y mueblistas discrepan en su valoración de la feria de Lugo

Campos critica que Blanco apoye la feria de Lugo y López minimiza el poder decisorio del conselleiro

Por outra parte, ultimamente Sanmartín está desplegando unha intesa actividade mediática:
Sábado 17:
Sanmartín aspira a internacionalizar las ferias y a mejorar la imagen del recinto
Luns 12:
Sanmartín fundará un comité para diseñar las ferias del mueble en A Estrada

Páxina seguinte →