Na nosa opinión o anuncio da desaparición de documentación do departamento de urbanismo de Concello ten un pouco de interése político e mediático. Se hai se hai desaparición de documentación, o primeiro que hai que facer é avisar ás autoridades e non á prensa, porque estamos a falar de documentación oficial situadas en dependencias oficiais, e a desaparición de documentación ou a manipulación desta é un claro delito.

Alén disto, tampouco sorprende demasiado que haxa influencias e manipulacións externas, porque o PXOM actual está feito en base a uns intereses particulares e non xerais, que beneficien a todos ou a inmensa maioría dos estradenses; por iso de que non debía ser estraño que determinadas persoas entraran no Concello como perico pola súa casa.

De todos os xeitos non será este o último anuncio de chanchullos, manipulacións e desaparicións que vexamos nos próximos días, a fin de contas 15 anos de goberno do PP son moitos anos, e a política de “ti vai facendo” seguro que se trasladou aos despachos e as dependencias municipais sen ningún tipo de rubor.

Segundo apunta La Voz de Galicia o Alcalde de Lalín, José Crespo, cobrará “só” 49.573,35 euros brutos anuais, 18.000 euros menos que Dono, é dicir, 3.000.000 de pesetas mesnos, que marcan a diferencia entre un alcalde que repite, o de Lalín, e outro que acaba de chegar, o da Estrada. Claro que, como diría Dono, non se pode comparar o que cobraría o Alcalde do noso Concello cos demais. Entón con que o comparamos?

Hoxe oíndo a Radio Galega quedamos asombrados do que dixeron que ía cobrar o Alcalde de Lugo, Orozco. A cifra era desorbitada (450.000 euros), e efectivamente foi un lapsus da xornalista, o salario do Alcalde de Lugo é de 4.500 euros brutos mensuais. O que non sabemos é se con pagas extras (63.000 euros anuais) ou sen elas (54.000 euros anuais), en todo caso por debaixo do que pensa cobrar Dono.

Pero claro, non podemos comparar o soldo de Dono co do seu colega de partido de Lugo, a fin de contas Lugo ten a Muralla Romana que é Patrimonio da Humanidade e A Estrada non.

El Concello paró la obra del local de la Garda Civil por falta de fondos“. Este é o titular que sae hoxe en La Voz de Galicia. Logo, se o lemos a cousa non é tal. O local en cuestión é un baixo alugado polo Concello de Lalín para dedicalo a Servizos Sociais, e que, efectivamente, están paralizadas as obras por falta de orzamentos.

Este titular recordounos as obras que se están a levar na Casa Cuartel da Garda Civil e que xa se demoran meses e meses sen que se lle vexa o final. Mesmo Chito, chegou a ameazar con botalos das dependencias municipais nas que están instalados provisionalmente, no campo da Feira ao lado da Poli Local.

Como é obvio esta obra non é unha competencia municipal, pero tendo en conta a coincidencia de filiación política dos novos rexedores municipais e os responsábeis da obra a nivel estatal non estaría de máis que fixeran algo ao respecto. Agora o PSOE da Estrada ten responsabilidades, non era como antes.

La Voz de Galicia: Cidadáns tiende una mano al PSOE para aprobar la exclusividad de Dono.

Diario de Pontevedra:Lo que sucedió en el Pleno (Dono retiró la propuesta nada más se la lanzó Reboredo), evidenció que hubo conversación previa“.

Que hai algo entre o PSOE e Cidegá é unha evidencia que a ninguén se lle escapa xa na Estrada, e é un feito que non tardará en saír á luz pública. O próximo venres 6 de xullo pode ser o día no que vexamos que o PSOE saca adiante o soldo de Dono co apoio de Reboredo. Chamarano coincidencia, xa que Reboredo non está en contra da cantidade, pero si no xeito, fáltanlle os “argumentos” para votar a favor, que terá logo de que pasen o asunto pola Comisión de Organización.

Por este motivo convén repasar a historia, que non queda moi lonxe, e deixamos a continuación un vídeo no que Dono renega de calquera “facción PP” para gobernar A Estrada.

De ser certo que hai entendemento entre PSOE e Cidegá, non estaría de máis que ese “entendemento” fora con luz e taquígrafos, como o foi a negociación co BNG, para que saibamos todos que acordan e a cambio de que.

Primeiro Pleno da era Dono. Empezaremos polo final, empezamos coa dedicación exclusiva de Dono.

Reboredo ao rescate
Era xa o último punto da orde do día cando se abordou o controvertido soldo de Dono. O Secretario deu conta das dúas dedicacións exclusivas que se reserva o novo goberno, aínda que de momento só queren aprobar a do Alcalde, que fixo unha pequena rebaixa a respecto do que saíra na prensa estes días 4.198.51 euros/mes brutos (68.859,14 euros anuais), é dicir, unha rebaixa de 5.200 euros. Nisto tomou a palabra Reboredo dicindo que non era que estivera en contra da cantidade a percibir, pero que non lle parecían formas, e solicitou ao Alcalde que se pasara por comisión, ao que Dono accedeu gustosamente. Desde logo os que estabamos alí percibimos todos que era unha cuestión pactada con anterioridade, porque o PSOE nin sequera se discutiu a proposta. Estaremos ante un entendemento PSOE-CIDEGÁ?

O resto de cuestión son cuestións como a periodicidade do pleno, que agora pasan a celebrarse o 1º venres de cada mes (con toda probabilidade o tema do soldo de Dono levarase a Pleno o venres da próxima semana). Neste punto o PP discrepou por considerar que en venres coinciden moitas festas e que eles non tiñan información desta cambio de data dos plenos; este descoñecemento propiciou un pequeno despistes por parte dos Concelleiros Populares que non se aclararon moito á hora de votar (Miguel de la Calle, votou en contra e abstívose).

Tamén se deu conta da periodicidade das reunións da Xunta de Goberno, que pasan ao luns ás 13:30 horas (como vaian con fame acabarán polo aire).

A constitución das comisión queda do seguinte xeito: 4 PSOE, 2 PP, 1 BNG e 1 CIDEGA, quedando o voto de calidade para o PSOE, que presumiblemente delegará o alcalde, que preside todas as reunións, nun dos seus Concelleiros.

Uns datos para a reflexión:

Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta: 83.374,98 euros.
Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta: 78.283.35 euros.
José Ramón Fernández Antonio, Conselleiro de Economía: 68.673,52 euros.
María Teresa Táboas Veleiro, Conselleira de Vivenda e Solo: 67.073,16 euros.
José Luís Rodríguez Zapatero, Presidente do Goberno: 89.303,28 euros.
Calquera Ministro/a do Goberno Central: 78.791,28 euros.
Esperenza Aguirre, Presidenta da Comunidade de Madrid: 74.490 euros.

José Antonio Dono López, Alcalde da Estrada, un concello cunha poboación de 22.000 habitantes, pretende cobrar 74.060 euros brutos anuais, se así o acorda o Pleno da Corporación hoxe luns, onde se discutirá “… o soldo do alcalde de A Estrada, non o dun médico nin o de outro alcalde calquera, que se cadra non merece tanto ou merece máis“.

Evidentemente non se pode compar o soldo que se quere poñer Dono co que ten calquera currante, pero si que é lexítimo comparalo cos soldos que perciben outros VIP’s e mesmo con outros alcaldes que teñen a súa mesma profesión, como é o caso do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o Alcalde de Teo, Martiño Noriega, que perciben un 35% e un 44% menos respectivamente, que o que percibiría Dono de aprobalo hoxe o Pleno da Corporación.

Despois duns meses de cor gris na nosa web decidimos darlle un novo aire: rexistramos un dominio e collemos un servidor con maior capacidade e posibilidades, todo gracias ao asesoramento da xente de aestragada.com que nos botou unha man dándonos unhas indicacións e recomendounos un servidor bo, bonito e barato. Esperemos que vos guste este cambio.

Polo que se desprende hoxe na prensa o 1º Teniente de Alcalde será Espiño e o 2º Obelleiro Sanmartín, e a continuación o resto da lista do PSOE ata un total de sete. Desde o punto de vista da paridade de xéneros bótase en falta unha muller nesas tenencias de alcaldía, sobre todo nos primeiros postos.

Outra cousa son as delegacións: Espiño asumirá Medio Rural, Facenda e Medio Ambiente; Obelleiro Sanmartín levará Cultura, Deporte, Educación e Xuventude; Monserrat Maceiras levará Industria, Comercio e Turismo; e Irene Aguiar Lale levará un oso duro de roer, Urbanismo. Polo que se ve estes son os catro pés nos que se asenta o goberno do PSOE na Estrada.

De soldos e frases enigmáticas
Outra cousa que se aprobará o luns é o soldo de Dono, que segundo parece quere cobrar 74.000 euros anuais. A cousa parece que se complica por momentos, xa que en La Voz de Galicia o BNG non estaría moi pola labor de votar a favor dese soldo, e de momento todo está no aire. “Si se conociera hoy, y fuera negativo, PP y Cidadáns, y una mujer, tendrán 40 horas para pensar”. A que muller se refire La Voz de Galicia?

Hai un novo blog, que tamén nos fan chegar as súas opinións sobre o noso Concello, chámase Esto con Chito non pasaba.

Un blog máis que se suma ao que xa chamamos no seu día “Bloguestrada” (blogs que falan das cousas que pasan na Estrada), no que atopamos a aestragada.com, O Mundo desde un Chimpín, O Terceiro Ollo, Pablokani e Un Queique de Que. Se hai algún máis que non apareza na lista facédenolo saber.

Chegan as festas. Nos prómimos 15 días no noso Concello celebraranse festas de certa importancia: o San Paio, xa esta fin de semana, e a Rapa das Bestas, do mes de xullo.

Para o San Paio (do 23 ao 27 de xuño) tiran a casta pola fiestra: Rosa de España, Coti, El Arrebato e Los Suaves, é a carteleira deste ano, -XXXXXXXXXXX- (Rectificar é de sabios, non?).

No tocante á Rapa das Bestas (do 6 ao 9 de xullo), as celebracións son distintas e as “estrelas convidadas” son máis asequibles pero para moitos máis espectaculares caos anteriores. Deixamos a continuación o cartel da Rapa que nos parece im-presionante.

Como vexo que hai moita suspicacia sobre quen paga ou que non deixa de pagar elimino esa controvertida frase. De todos os xeitos, dicir, que é un cartel moi bo, para a moita xente que lle gusta ese tipo de actuacións, e estes artista de balde non veñen ao noso Concello.

Páxina seguinte →