Jul
31
Descoñecíamos que na parte posterior da Fundación de Exposicións e Congresos había unha serie de esculturas en pedra. Supoño que moitos estradenses tamén o descoñecían, e como non se apuren a cortar as herbas que ten este pequeno xardinciño, quedarán sepultadas para sempre polas herbas. Polo que se ve o cortacesped só se emprega para a parte de adiante.
Jul
29
Sen noticias do PXOM
Categorías: Concello, PSOE, PXOM, Promesas, Urbanismo, con_moita_calma | 9 comentarios
Vai alá xa mes e medio da investitura de Dono como alcalde, e a día de hoxe, o que vai pasar co PXOM é unha incógnita sen despexar, malia que era unha das prioridades de todos os partidos. A día de hoxe a persoa que en principio asumiu a carteira de Urbanismo (Irene Aguiar Lale) aínda non exerce formalmente como tal e tampouco convocou a día de hoxe a Comisión de Urbanismo, vital para sacar adiante un documento herdado do PP que se atascou na Consellería de Ordenación do Territorio.
Se o PXOM era unha prioridade que Dono ía solucionar en 6 meses, só lle quedan pouco máis de catro meses para arranxar o documento e adaptalo ás esixencias da Consellería, e a día de hoxe temos noticia de case todo agás de como se vai o tema do PXOM fundamental para o despegue económico do Concello.
Jul
26
Máis vale tarde que nunca
Categorías: Funcionarios, PSOE | 6 comentarios
O martes saía en algúns medios que Dono ía poñer freo ás horas extras dos funcionarios municipais, que supoñían un total de 8.000 euros mensuais, e que foi unha medida que puxo en práctica o anterior grupo de goberno do Partido Popular. A medida, desde é logo é positiva, pois pensamos que nunha plantilla tan elevada como a do Concello debía facerse unha reestruturación do e adaptar, na medida do posible, o traballo ao número de empregados para evitar estes gastos extra.
Como dixemos, a medida é positiva, pero o PSOE debía botar a vista atrás e repasar o número de veces que levantou a man para aprobar as gratificacións a funcionarios que propoñía o PP, e que agora desde goberno tentan poñerlle o freo.
Jul
23
En Galicia hay ya once regidores que superan los diez millones de pesetas (60.000 euros). Son los de las siete grandes ciudades y los de Vilalba, Culleredo, A Estrada y, sobre todos, Sanxenxo, que tiene a la alcaldesa (PP) que más cobra de Galicia, con una nómina de 78.400 euros (casi 13 millones de pesetas).
Menos mal que a presión social e política fixo que Dono recuase a súa pretensión de cobrar máis de 78.000 euros brutos, que daquela cobraría máis ca alcaldesa de Sanxenxo (PP).
La ejecutiva de la Fegamp abordará el asunto a principios de septiembre. Los portavoces de los tres grupos -Xosé Crespo (PP), Manuel Lagares (PSdeG) y Francisco García (BNG)- ya han planteado la posibilidad de marcar unos topes salariales máximos y mínimos, en función del presupuesto municipal y del número de dedicaciones exclusivas en cada concello. Esas directrices tendrían, en todo caso, un «carácter referencial». Lagares explica que «no existe un poder real para fijar unas cantidades, porque la corporación es soberana, y no hay ningún obstáculo que le impida tomar una decisión sobre las retribuciones».
Jul
21
Censura
Categorías: Censura | 1 comentario

Se retirando os números da rúa pensaban que ían evitar que a xente vira a viñeta famosa, van frescos.
E aquí hai máis, igual de irreverentes.
Jul
20
A revisión do catastro
Categorías: con_moita_calma | 3 comentarios
Subscribimos totalmente a información que dá hoxe El Correo Gallego: a organización da revisión do Catastro deixa moito que desexar. Sinceramente non sabemos se é lentitude ou que pasaba alí, pero a morea de xente non era normal. E non falamos de hoxe, que é o último día, falamos de hai unha semana, que foi cando nos presentamos por alí para resolver uns problemiñas no catastro.
Por que non se informa á xente doutras posibilidades para solucionar isto, por exemplo, mediante instancia ao organismo competente axuntando toda a información pertinente; por que non se pode solucionar por internet?. Que estamos no século XXI e logo gastamos millóns de euros en cidades dixitais para logo facer colas para solucionar uns problemas burocráticos.
Jul
19
Sae hoxe na prensa que CIDEGá ven de reclamar a convocatoria da Comisión Informativa de Industria para avaliar a situación da Fundación de Exposicións e as repercusións sobre a Feira do Moble, cuestión esta que a formación de Reboredo xa reclamou no pleno deste mes. É máis que probable que se efectúe a citada Comisión, pero a posición do Concello, tal e como reclama Juan Torres, xa quedou clara o outro día no Padroado, porque o Alcalde e os representantes do PSOE e do PP (suman 16 concelleiros dos 21 que ten a corporación) votaron a favor da continuidade de Sanmartín.
Por outra parte, a convocatoria da Feira non periga, a menos de momento, porque o actual xerente continuará no seu cargo polo menos ata marzo; outra cousa sería que o Padroado decidira que Sanmartín tivera que abandonar o cargo, cousa que non ocorreu. De feito, e segundo informa La Voz de Galicia, a día de hoxe todo o espazo do que dispón a feita xa está reservado.
Jul
17
Sobre o guión marcado
Categorías: Fundación de Exposicións | 10 comentarios
A reunión da Fundación de Exposicións e Congresos que valorou o requirimento da Consellería de Innovación e Industria, seguiu o guión marcado de ante man; vamos, que non houbo sorpresas sobre o que sería resultado final. A Consellería valora positivamente o requirimento ao entender que no proceso selectivo do xerente da Fundación non se fixo con criterios de obxectividade, ao non respectaranse “os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria“, tal e como figura na lei de Fundacións de interese galego, como é esta. E como cabía esperar, o Padroado rexeitou frontalmente o requirimento e entende que o proceso selectivo do xerente fíxose atendendo aos criterios anteriormente citados. Recordar que entre os aspirantes a xerente, Alfonso Sanmartín non era o que mellor currículum tiña e ademais a oferta económica era superior.
Así as cousas, a Consellería estudará o proceso a seguir, reservándose o dereito de acudir aos tribunais para resolver esta situación.
Ás preguntas de algúns medios sobre cal é o futuro da Fundación e da Feira o Conselleiro subliñou que a propia supervivencia da fundación non pasa por organizar unha feira ao ano (neste caso dúas sobre o moble), senón que pasa pola diversificación e pola profesionalización como é habitual noutro tipo de recintos de congresos e exposicións.
Podedes oír as declaracións do Conselleiro, Gonzalo Figueiras, José Antonio Dono e José López no Ruxe-Cast.
Jul
16
Consideracións sobre o padroado da Fundación de Exposicións e Congresos
Categorías: Fundación de Exposicións | 2 comentarios
Mañá hai reúnese o padroado da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada para valorar o requerimento da Consellería de Industria para revogar os acordos no se aprobou a designación de Alfonso Sanmartín como Xerente da Fundación. Todo apunta a que Sanmartín sairá refrendado tendo en conta a correlación de forzas existente no Padroado. Mais facer unhas precisións a respecto da composición do Padroado para que poidamos ter todos os elementos de xuizo.
- O Padroado está conformado por 3 representantes de cada unha das seguintes entidades ou institucións: Consellería de Innovación e Industria, Concello da Estrada, Deputación de Pontevedra, Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa e a Asociación Comarcal de Empresarios. É dicir, 15 persoas, cuxa presidencia recae no Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Podedes ver a composición do mesmo na seguinte ligazón, pero os datos non están actualizados.
- Das entidades anteriormente citadas só tres delas aportan cartos para o funcionamento da entidade: Consellería de Innovación e Industria (120.000 euros), Concello da Estrada (12.000 euros) e Deputación de Pontevedra (18.000 euros). Os cifras son aproximadas, e segundo temos entendido son aportacións anuais.
Como se pode observar quen máis aporta non é quen máis poder de decisión ten. Así por exemplo a ACE e a Cámara de Comercio non aportan nada e suman eles sós 6 votos, fronte a Consellería con 3 votos e 120.000 euros de aportación anual.
Jul
15
Plataforma pro co-goberno PSOE-BNG
Categorías: BNG, PSOE | 24 comentarios
O vermouth dá para todo, ata para enterarse da última plataforma creada na Estrada. Segundo nos contaron hai unha serie de militantes, aínda que tamén simpatizantes, do PSOE, e parece que apoiados por xente cercana ao BNG, que argallaron unha “Plataforma para a co-gobernalidade da Estrada” e están recollendo sinaturas para que se celebre unha reunión conxunta entre militantes e simpatizantes do PSOE e do BNG para a “aclarar a situación” e se marquen “uns criterios básicos para que o goberno de coalición sexa unha realidade“. O texto completo do “manifesto”:
Os abaixo asinantes, todos eles militantes e simpatizantes do PSOE e do BNG da Estrada, ante a falta de acordo para gobernar por parte dos representantes de cada partido, expoñemos o seguinte:
O pobo da Estrada votou para que nos gobernase un goberno de esquerdas e progresistas, que lonxe de partidismos traballe para que o noso pobo estexa no lugar que nos corresponde. Con un goberno vivo e activo que nos ilusione a todos/as.
Polo que solicitamos:
Que se faga un debate entre os representantes de ambos partidos e coa presencia de todos/as militantes e simpatizantes que así o desexen. Con obxectivo de que se aclare a situación e se marquen os criterios básicos para que o goberno de coalición sexa unha realidade.
Estes son os feitos, as opinións poñédelas vos, aínda que todo apunta a que hai unha certa desconfianza en algún partido, sobre todo despois dos últimos acontecementos.
