Set
29
Chito dáse de baixa do PP
Categorías: PP | 16 comentarios
Si, certamente sorprendente, pero Ramón Campos, ex-alcalde da Estrada, que maniobrou no PP todo o que quixo e máis para saírse coa súa, decide darse de baixa do PP, cando el ten bastante a culpa dos problemas que ten actualmente o PP, e non digamos xa os que ten A Estrada. Dentro do PP haberá moita xente que pensa que iso xa debeu facer hai moito tempo.
Set
27
Efectivamente, tal e como apunta “xoan” no seu comentario, os orzamentos dos estado 2008 só contempla un incremento de só 50.000 euros para a “Variante da Estrada”, que ten un custe de 916.000 euros (ver na páxina 5).
Este é unha obra iniciada en 2004 e con previsión de finalización en 2009, se costa 916.000 euros, no 2007 aportáronse 400.000 e prevese un incremento de 50.000 euros para 2008, e unha proxección para 2009 de só 25.000, está claro que esta obra non se remata no ano previsto.
Daquela ten que ser a presión política do Concello no seu conxunto, é dicir, de todas as forzas políticas, a que solicite inmediatamente o aumento do orzamento xa para 2008, para unha obra que levamos anos esperando por ela, e que é imprescindible para a Estrada, que eliminaría boa parte do tráfico rodado que pasa pola vila, sobre todo o pesado, que, concretamente, os camións que veñen de Santiago e queren ir a Pontevedra ou Lalín son desviados pola Rúa da Cultura, enlazando despois cunha “pistiña” que non é o camiño máis axeitado para este tipo de vehículos.
Set
26
Xa pasaron 100 días
Categorías: Concello, PSOE | 2 comentarios
Efectivamente, xa pasaron 100 días (tres meses e 10 días) da elección do novo Alcalde da Estrada, José Antonio Dono, e do novo Goberno Municipal, todos do PSOE, malia a que ao inicio do mandato o partido vencedor das eleccións municipais negociou co BNG a entrada no goberno municipal para ter así a maioría absoluta e gobernar con certa tranquilidade; finalmente, como todos sabedes non houbo acordo, e o PSOE goberna en solitario.
Nestes 100 días o PSOE non adoptou medidas de gran calado social para A Estrada, aínda que houbo outras decisións que si tiveron eco, mesmo fora do noso Concello; estamos a referirnos ao soldo do Alcalde, que conseguiu sacar adiante cos votos de Reboredo e Juan Torres (CIDEGÁ). Polo demais do único que pode dar conta o novo goberno é da xestión do día a día e pouco máis, porque unha das grandes cuestións que preocupan na Estrada, o PXOM, segue pendente e sen que se vexa a luz ao final do túnel, e se facemos caso das promesas electorais, dos 6 meses que prometeu Dono para aprobalo, 3 xa van alá.
Outro dos retos aos que terá que facer fronte o PSOE, ademais de xeito inminente, será a aprobación dos presupostos para o que terá que contar coa maioría absoluta dos votos ou prorrogar os actuais, para o cal terá que afinar nas negociacións cos partidos da oposición.
E vós que opinades destes 100 días?
Set
21
Noitebus para ninguén
Categorías: Marcha | 8 comentarios
Acabamos de ver en Estrada Televisión que a Consellería de Política Territorial pon a disposicións dos mozos e mozas un servizo de autobuses para as noites de movida e entre os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei. O malo é que o servizo só estará dispoñible os venres, cando a maior concentración de mozos e mozas que saen de marcha é o sábado.
Unha de dúas ou a Consellería quere incentivar a “marcha” os venres nestes concellos, cousa que lle agradaría aos hosteleiros, ou quere tirar cos cartos públicos; isto é facer que fai, porque evidentemente poucos mozos, mellor dito, practicmente ningún mozo utilizará ese servizo en venres. Esperamos que recapaciten, porque isto é un sinsentido: poñer buses para que non os utilicen ninguén é absurdo, é tirar cos cartos públicos.
Set
20
O conto de nunca acabar
Categorías: Urbanismo, con_moita_calma | Fai un comentario
Segundo se desprende no que aparece na prensa o xuízo ao ex-Alcalde Ramón campos e oito dos seus concelleiros entre terá que agardar un ano máis, porque o xulgado declarouse incompetente porque as penas que pide o fiscal exceden o ámbito da súa competencia, porque os acusados escolleron o Código Penal máis beneficioso para os seus intereses. Así as cousas, ata pasado un ano non haberá xuízo, e será a Audiencia de Pontevedra a que xulgue ao ex-alcalde e aos oito concelleiros, que os veremos de novo sentados no banquiño dos acusados.
A noticia na prensa:
Faro de Vigo: El juez remite la causa penal a la Audiencia y el fiscal retira los cargos contra Somoza
La Voz de Galicia: El juzgado remite a la Audiencia el caso del urbanismo en A Estrada
El Correo Gallego: El juicio a ex gobernantes de A Estrada es remitido a la Audiencia Provincial
Set
20
Cidade do Moble ¿no río Liñares?
Categorías: Cidade do Moble, Ecoloxía, Opinión | 15 comentarios
Pegamos a continuación un texto de opinión que nos fixo chegar por correo electrónico Damián Porto Rico sobre a Cidade do Moble.
Cidade do Moble ¿no río Liñares?
Por Damián Porto Rico
Baixo o altisonante nome de “Cidade do Moble” (pomposo porque A Estrada non acada máis que a categoría de vila), a próxima construción do Polígono Sectorial do Moble nas beiras do río Liñares amenaza ao patrimonio cultural e natural da maioría dos estradenses e de todos os galegos.
Non pretendemos facer nas seguintes páxinas un exercicio de demagoxia conservacionista ou de “ecoloxismo de palleiro”. Esa é labor que políticos e xornalistas, colectivos completamente discapacitados no que se refire a temas medioambientais, levan anos a desenvolver, conculcando os máis elementais dereitos informativos e educativos e mesmo promocionando actuacións ilegais. Ler m�is
Set
19
Unha imaxe para a historia (negra) da Estrada. Na imaxe (sacada da web do Faro de Vigo) podemos ver (de costas) a Ramón Campos, Manuel Somoza, Alfonso Uzal e José Manuel Reboredo, catro dos Concelleiros do PP imputados nun presunto delito de prevaricación por conceder licenzas ilegais. No banco dos acusados non está Jesús Palmou Lorenzo, que daquela era tamén Concelleiro e polo tanto tamén votou a favor da concesión desas licenzas, pero quedou fóra da lista de imputados por ser aforado, xa que tamén era Deputado (como hoxe en día).
Como cabía esperar os imputados din que non fixeron nada malo, que ningún técnico lles dixo que iso era ilegal. Malia a todo, as licenzas concedidas foron declaradas ilegais, polo tanto algo malo fixeron.
——-
Seguinmos co tema. Ollando o Diario de Pontevedra sabemos que non se acordan de nada: non recordan de cal foi o motivo da convocatoria dun Pleno Extraordinario no mes de setembro de 1994 onde se aprobaron o estudo de detalle dos chalés da Rúa Gradín; tampouco se acordan de que as obras destes chalés paralizáronse un mes antes deste Pleno porque carecían de licenza. Do que si se acordan é de Rendo, daquela portavoz do BNG, quería que se abrise unha rúa que comunicara a Rúa San Antón e a Rúa Gradín a cambio do seu apoio ao estudo de detalle e, segundo, eles por intereses persoais.
——-
E tamén en Estrada Televisión. Apenas se oe, pero merece a pena ver a Ramón Campos e a José Manuel Reboredo declarando no xuízo.
Set
18
Ábrense as apostas
Categorías: Urbanismo, con_moita_calma | 1 comentario
Hoxe comeza o xuizo por un presunto delito de prevaricación do ex-Alcalde, Ramón Campos, Arca e Reboredo (ex-PP, de momento) por conceder licenzas declaras ilegais polo Tribunal Supremo.
Despois de catorce anos esperando nós xa non esperamos gran cousa, porque o que a priori está claro, logo resulta que os xuíces o ven doutro xeito.
Set
16
A ver se é verdade
Categorías: con_moita_calma | Fai un comentario
O 12 de xullo felicitabamos ao goberno municipal por quere substituir as bandas rugosas por lombos de burra. Cando xa pensabamos que Dono se esquecera do tema, aparece hoxe no Faro, que o 24 contrátanse as obras para facer efectivo ese cambio. Xa era hora. Pois a ver se é verdade, porque as bandas son un auténtico calvario.
Set
15
Cumprimos un aniño
Categorías: Festas | 3 comentarios
Estamos de cumpreanos. Foi un 15 de setembro de 2006 cando empezamos a andar no que máis tarde chamamos “bloguestrada”, coa intención de ofrecer a nosa perspectiva ao que acontecía no noso Concello e darlle tamén a oportunidade de que os nosos visitantes amosaran a súa opinión ao respecto, fora coincidente ou non os comentarios aí permanecen, cousa que sempre mantivemos, agás nunha ocasión que tivemos que eliminar un comentario por conter gravísimos insultos hacia un dos candidatos ás eleccións municipais.
182 post e 1.867 comentarios, preto de 31.252 visitas neste ano e 63.740 páxinas vistas, dannos azos para continuar con este proxecto, que tamén é o voso, porque se a vosa visita diaria isto non sería posible. Moitas Gracias!!!.
