Out
31
Hoxe celebrouse o Pleno Ordinario correspondente ao de novembro e un extraordinario para aprobar o mesmo que se aprobara hai dúas semanas: as dedicacións exclusivas.
Como os argumentos sobre as dedicacións exclusivas xa se indicaron no susodito pleno extraordinario non vamos a repetir os mesmos argumentos esgrimidos no día de hoxe, só salientaremos algunhas cousas que nos chamaron a atención.
Para empezar o PP votou en contra da acta do Pleno Extraordinario, porque consideraba que non podía votar a favor de algo que logo ía quedar revogado. Non teñen razón, ao noso entender, un acta recolle o que acontece nas reunións e dálles valor legal así despois anulen o aprobado, poque é absurdo, como pretendía o PP, votar a favor da revogación de algo que non pasou.
Como a semana pasada había que aprobar a compatibilidade de Irene Aguiar e dedicación parcial e total de esta e Raquel López. Na primeira cuestión Irene Aguiar, como acontenceu no Pleno anterior non deu explicación algunha nin sobre a compatibilidade nin sobre a dedicación parcial, ausentándose do Pleno mentres de debatía e se votaba o tema da súa compatibilidade. Dicir, que o Secretario, relatou un sin fin de leis de sentencias, para xustificar a ausencia de Irene durante a votación por ser parte interesada, pero non durante deliberación. Quen si deu a cara foi Raquel, que nin se ausentou e votou a súa dedicación exclusiva.
Un dos argumento esgrimidos nesta ocasión polo PP a respecto das dedicacións exclusivas foi a da desproporción entre a dedicación parcial de Irene Aguiar, 23.000 euros, e a de Raquel, que é total, 29.600 euros, si que nos chamou a atención. En boa lóxica, a parcial debería ser a metade da exclusiva, pero vese que nisto das dedicación non seguen unha lóxica que poidamos entender.
No apartado de rogos e preguntas o Alcalde luceu o seu carácter ante a pregunta de López do PP, onde lle pedía explicacións polo envío da Policía Local á eleccióndo Alcalde de Barrio de San Xurxo de Vea. López quixo saber por que se enviou a policia, cal era o procedimento para a elección dos alcaldes de barrio etc, etc. Dono, nin corto nin perezoso, espetoulle máis ou menos que “a elección dos alcaldes de barrio era unha competencia súa e o procedimento facíase como el determinaba”. Punto. E aí se acabou a historia.
Out
29
Serve para algo o cambio de hora?
Categorías: Ecoloxía, O tempo | Fai un comentario
Sempre que hai cambio de hora, sempre o mesmo debate. Nós desde logo consideramos un pouco absurdos os cambios de hora, que se nos di que é para aforrar enerxía, pero, de verdade aforramos algo de enerxía?. Nas nosas casas mantemos encendidas as luces máis tempo, ou non?. O dito, un absurdo.
Out
23
Por si a acaso
Categorías: BNG, PP, PSOE | 8 comentarios
O Goberno Municipal levará de novo ao próximo Pleno as dedicacións exclusivas de Irene Aguiar e Raquel López, pasándoas antes por Comisión Informativa tal e como pedían o PP e CIDEGÁ, logo de que o PP presentara un recurso de reposición polos acordos adoptados no último pleno extraordinario.
As cousas non deben estar claras, e se cadra o PP ten toda ou parte de razón, e o goberno municipal para curarse en saúde, aprobará de novo uns acordos xa aprobados. Nesta nova andaina López e o PP anótanse un tanto: 1-0.
Out
20
Un partido unha estratexia
Categorías: BNG, PP, PSOE, Urbanismo | 9 comentarios
Parece ser que o PP quere anular o Pleno no que se aprobaron as dedicacións excluisvas de Irene Aguiar e Raquel López, considerando que o PSOE e o BNG tomaron unha decisión “non só ilegal senón tamén oscurantistas” que vulnera os dereitos fundamentais da oposición. O PP desde logo está no seu dereito de facer ese recurso, cuxas consecuencias sería facer a Comisión Informativa e de novo un Pleno Extraordinario, é dicir, que aos veciños da Estrada lle costarían máis cartos aínda tomar unha decisión que xa está tomada, e de repetirse o Pleno o resultado sería o mesmo.
Esta noticia recordounos a estratexia do PP a nivel estatal onde recurre no Tribunal Constitucional todas aquelas leis que non pode gañar no Parlamento e no Senado, por exemplo: o Estuto Catalán, a lei do solo, a lei de matrimonios homosexuais, etc, creando unha incertidume legal sobre todo aquelo que se aproba democraticamente nas diferentes cámaras lexislativas.
Como dixemos, tanto os de Madrid como os da Estrada están no seu dereito de recurrir as decisións que se adoptan democraticamente, mais recurrir xudicialmente unha decisión dunha institución só se debería facer no caso de flagrante delito, no que se prexudique a terceiras persoas, como no caso das licenzas ilegais que se concederon na Estrada nos últimos anos.
Out
19
A estación de autobuses é unha escombreira
Categorías: PP, Vídeo, con_moita_calma | 2 comentarios
Cando foi o momento da inauguración da Estación de Autubuses todo foi festa, dixo xa hai máis de 10 anos, e o PP encargouse de vender este logro unha e mil veces. Hoxe está abandonada a súa sorte. Para que vexades o estado de abandono no que se atopa podedes ver unha reportaxe que fixo Estrada Televisión e que emitiu onte no seu informativo. Non ten desperdicio.
Out
19
Obras son amores
Categorías: BNG, Infraestruturas, PSOE | 5 comentarios
Segundo unha ampla maioría dos que visitades a nosa web e participastes nas nosas enquisas hai dúas infraestruturas necesarias e imprescindíbeis para A Estrada: unha é a variante da Estrada e a outra a Autovía Santiago-A Estrada. Ben, pois nestes días estamos de enhoraboa, xa que o mércores Dono anunciaba que a autovía estará no plano de infraestruturas da Consellería de Política Territoria e Obras públicas para os próximos catro anos; e, pola súa parte, o BNG anuncia que os seus deputado en Madrid pecharon un acordo co Goberno Central para asignar 1.300.000 euros para a Variante da Estrada nos presupostos do Estado para 2008.
Evidentemente, xa que esperamos ata agora, non vamos a dubidar nós agora cando hai poucos meses que o novo goberno local botou a andar, pero si estaremos vixiantes e recordaremos dentro duns meses o cumprimento ou non destes anuncios. Quen si xa dubidan do que se nos anuncia son o PP e CIDEGÁ, que en ambos os dous grupos houbo persoas con responsabilidades de goberno que puideron anunciar e executar (tempo tiveron) estas obras e non as fixeron.
Out
18
Máis madeira…
Categorías: Educación, Fundación de Exposicións, con_moita_calma | Fai un comentario
Resulta que os alumnos de FP, ciclo formativo da madeira, quedáronse sen aulas onde facer as prácticas, xa que ían á Fundación de Exposicións e Congresos onde hai unhas homologadas para o plan FIP de madeira. E como todos non collen, e alquén ten que quedarse sen clase, toucoulles aos do Losada Diéguez, que estaban de prestado na Fundación, porque resulta que o Instituto non se poden ampliar por mor da calificación do solo anexo que disque é rústico, e como resulta que tampouco hai PXOM e están en vigor unhas normas transitorias non se pode facer nada. En resmuen, que todo son problemas.
Vale que o do PXOM xa ven de vello, pero por que a Fundación de Exposicións non avisa con tempo para buscar unha solución? por que se espera a empezar o curso para que todo salte polos aires?. Supoñemos que os do Losada Diéguez non foron para a Fundación porque se lles ocorreu a eles; supoñemos que a Consellería de Educación acordaría ca Fundación a utilización desas aulas; entón, por que a Fundación decide unilateralmente chimpar fóra aos do Losada Diéguez?
Out
16
Pleno Extraordinario
Categorías: Pleno | 9 comentarios
No Pleno Extraordinario de onte deuse conta da nova situación política na Estrada logo do acordo de goberno do PSOE e do BNG. Así, anunciáronse as delegacións que van ter ambos partidos, e que xa coñecedes de sobra, así dar conta da denominación das comisións, e tamén aprobar as dedicacións exclusivas de Raquel López e de Irene Aguiar.
Tanto PP como CIDEGÁ, -sobre todo o PP-, insistiron no ilegal da convocatoria, cuestión esta que lle aclarou o Secretario do Concello, pero non con demasiado éxito. Acusou ao bipartito de falta de transparencia ao entender que algúns puntos debían pasar antes por comisión informativa, e tamén acusou a PSOE e BNG de ter demasiada presa en arranxar os acordos ao que chegaron ambos partidos. Reboredo coincidiu na súa intervención co PP.
Ler m�is
Out
9
O pacto PSOE-BNG
Categorías: BNG, PSOE, PXOM | 18 comentarios
O pacto entre o PSOE e o BNG para gobernar A Estrada non é ningún segredo e pode consultarse no documento seguinte. En esencia non hai nada que non se dixera xa: o BNG terá a Primeira Tenencia de Alcaldía, que leva aparellada unha dedicación exclusiva, dúas incorporación á Xunta Local de Goberno, dúas presidencias de Comisións e as delegacións de Facenda, Medio Rural, Deporte, Turismo e Participación Cidadán. O PSOE tamén se reserva media dedicación exclusiva, sería para Irene Aguiar Lale, Concelleira de Urbanismo.
Alén disto, no documento asinado hai unha parte bastante extensa referida ao urbanismo, comprometéndose a aprobalo en 12 meses, seguindo unhas pautas que podedes ver no documento citado.
O pacto na prensa de hoxe:
- Faro de Vigo: El bipartito redefinirá los núcleos rurales para el PXOM según la demanda vecinal.
- La Voz de Galicia: El pacto en A Estrada genera tres delegaciones más, que llevará el BNG.
- El Correo Gallego: El bipartito estradense arranca con el PXOM como gran prioridad.
A valoración do PP e de Cidadáns: PP y Cidadáns dicen el PSOE recurre al Bloque al ver que no pudo hacer nada en más de cien días. Aquí queremos destacar as palabras de Reboredo: “Puntualizó Reboredo que Cidadáns se ofreció para garantizar la gobernabilidad, y el PSOE les olvidó una vez que Dono se prestó a negociar sobre su sueldo“.
Out
7
Dono anuncia as xornadas sobre fondos estruturais que organiza o PSOE desde o Concello
Categorías: PSOE | Fai un comentario
O pasado xoves Dono deu unha rolda de prensa desde a sala de reunións do Concello, onde minutos antes mantivera un encontro, e a posterior atencións aos medios, da Xunta de Seguridade Local, onde se daba conta do número de delitos habidos no noso Concello, e xusto a continuación anuncia un acto organizado polo PSOE e para o PSOE sobre os fondos estruturais.
Evidentemente resultaba moito máis cómodo anunciar este acto alí mesmo, e non ir á súa sede, que está a poucos metros, pero mal empezamos se confundimos a Casa do Concello, que é a casa de todos os estradenses, coa agrupación local do PSOE, para anunciar e facer actos de tipo partidista.
Podedes velo no informativo de Estrada Televisión do xoves pasado.
