Nov
27
Isto é un cachondeo
Categorías: PP, Urbanismo, con_moita_calma | 2 comentarios
Hoxe estaba previsto que se iniciara o xuízo por un presunto delito de prevaricación urbanística do anterior alcalde, Ramón Campos, e seus compañeiros de corporación no ano 1993 e 1994, logo de que se adiara porque o xulgado de declarara incompetente para xulgar a estas persoas porque se lles solicitaba máis pena que da que podía condenar. Vamos, un lio e unha perda de tempo.
Pero é que agora posponse de novo o xuízo porque Don Ramón non compareceu, debido a que está de “vacacións”. Pero a quen se lle ocorre convocar a Chito para un xuízo coincidindo co seu período vacacional? Vamos home!!!.
En fin, que o xuízo pasa para o día 15 de decembro, e a estas alturas levamos xa 14 anos agardando para que se faga xustiza.
Nov
23
Copia e pega, e un pouco de descaro
Categorías: BNG, Concello, PP, PSOE | Fai un comentario
Se hai un ano poñíamos en dúbida que se repetira a imaxe de ver a todos os grupos políticos nun acto contra a violencia de xénero, dada a situación de pre-campaña que se vivía naquelas datas, temos que dicir, que nos equivocamos. Hoxe o Concello organizou unha concentración de repulsa por esta lacra social e alí estaban todos os grupos representados, o cal nos parece moi ben, e ogallá se repita sempre.
Copia e pega
Por outra banda o acto non foi o mesmo doutros anos, e desde a Concellaría de Servizos Sociais limitáronse a facer o mesmo que os outros anos, o cal denota unha falta de imaxinación e de dispoñer unha pequenísima parte dos recursos públicos a disposición dun acto coma este. Pero bueno, o importante é o acto en si, un acto de repulsa á violencia de xénero, e se é entre todos todo está ben.
O descaro
Agora que, o que non está tan ben é que se aproveite o acto para lucir pancartas das Xuventudes Socialistas, xa que este é un acto que organiza o Concello e todos os partidos xa están representados pola presencia dos seus concelleiros, e nun acto coma este, salvo que quen convoque sexa un partido político, como aconteceu anos anteriores cando era o BNG o que convocaba, pois as pancartas están demais.
Nov
22
Pleno Extraordinario do 21 de novembro
Categorías: Pleno | Fai un comentario
No pleno extraordinario de hoxe, malia ser extenso no número de punto na orde do día (oito en total) só houbo dous de certa relevancia e que concitaron certa relevancia. Un foi a aprobación do Regulamento de Participación Cidadá e outro foi a adhesión do Concello ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. Alén disto, outra das cousas destacables foi o debut de Cristina Goldar como portavoz do PP, ante a ausencia de López (vese que os novos piden paso).
O Regulamento de Participación Cidadá nace a iniciativa do BNG (de feito xa o presentara durante o anterior mandato do PP) e, como o seu nome indica, pretende regular a participación dos veciños nas decisións que lles afectan directamente, ou cando menos telos en conta. O PP abstívose e Cidegá votou en contra. O primeiro, entre outras razóns, pedía que os partidos tiveran a representación que lle correspondía tendo en conta os votos sacados nas urna, argumento que foi rexeitado polo BNG aducindo que os consellos sectoriais son órganos consultivos onde os veciños e os sectores implicados expoñen os seus problemas e que en ningunha medida son decisorios. Cidegá pola súa parte solicitaba que os Alcaldes de Barrio foran membros natos dos Consellos Parroquiais. Alén disto, tampouco houbo un debate político de maior calado, limitándose os partidos da oposición a intentar emendar certos aspectos técnicos que foron rexeitados case na súa totalidade. Finalmente o Regulamento aprobouse cos votos favorábeis do Grupo de Goberno e a partir de agora todo veciño que queira interpelar aos partidos durante o pleno pode facelo previa solicitude.
Nov
20
Xulgados pola aparencia
Categorías: Concello, Cultura, Festas, PSOE, con_moita_calma | 4 comentarios
Debeu ser pola influencia mediática que estamos a ver nos últimos días onde grupos ultra se enfrontan uns con outros ou simplemente polas aparencias persoais, -non sabemos-, pero o dispositivo montado polo Goberno Civil para Inferno Rock celebrado este fin de semana semellaba máis o cumio dos Sete Grandes que un evento musical ao que acudiron, iso si, moitos afeccionados á boa música. Cacheos, rexistros, etc, foi o habitual e bastante discriminado, centrándose máis “nas pintas” que noutro tipo de cousas como por exemplo o consumo público de estupefacientes ou alcohol. Por certo, gustaríanos saber por que o Goberno Civil se tomou tantas molestias con este festival e logo mira para outro lado cando se celebran os botellóns na rúa, onde se reúne un maior número de persoas, sobre todo nas cidades?.
Alén disto, segundo parece as dificultades para os organizadores non só se centraron neste despregue de forzas da orde, segundo parece por parte do Concello tamén houbo “pequenos” atrancos para que este evento se levara a cabo con normalidade. Segundo Dono fíxose especial fincapé na seguridade, cousa que nos parece correcto, pero supoñemos que non hai que esperar ao último día para mirar ese tipo de temas. Por certo, como sabedes o Inferno Rock celebrouse na Discoteca Lennon, o mesmo recinto onde o PSOE pechou a campaña electoral; daquela, Dono tamén foi celoso coa seguridade?.
Nov
13
O xuízo xa ten data de novo
Categorías: PP, Urbanismo, con_moita_calma | 3 comentarios
Recordaredes que alá polo mes de setembro o ex-alcade Ramón Campos e o seus concelleiros na coporación de 1994 comparecian perante o xulgado de Pontevedra para dar conta dun presunto delito de prevaricación urbanística, e quedara adiado porque o xulgado declarouse incompetente para poder xulgalos, hoxe deuse a coñecer a data do xuízo, e, contra o que pensabamos daquela, o xuízo na audiencia de Pontevedra será previsiblemente o 27 deste mes.
Así que Ramón Campos, Reboredo, Arca e compañía ese día terán que repetir os mesmos argumentos que esgrimiron o 18 de setembro pasado para ver se zafan, en algún caso, do cárcere.
Nov
8
Ah!!… foi un malentendido!!!
Categorías: PP | Fai un comentario
Pero que mal pensados somos todos en xeral. Se cando García Villar dixo “Eu non podo quedarme nun grupo no que ese señor é o portavoz“, non quería dicir iso, quería dicir outra cousa, cal? non o sabemos. Se se equivocou no voto nun momento dado puido rectificar (o secretario así llo dixo) a tempo evitar este entroido. E se, como dixo López, “non sería a primeira vez que esto acontece nesta lexislatura (refírense a que García Villar non acataba a disciplina de voto), pois menos aínda se entende que agora digan que foi un malentendido. Só eles saben o que hai detrás deste asunto, pero, tranquilos, que ao final todo se sabe. Pois menos mal que foi un malentendido porque levamos a voltas co tema unha semana. Se chega a ser en serio o asunto estaríamos un mes falando do tema.
Nov
6
Benvido Mr. Touriño
Categorías: BNG, PSOE, Promesas, con_moita_calma | 15 comentarios
Ao máis puro estilo Mister Marshall, só lle faltou saudar desde o balcón, Touriño chegou á Estrada cargado de promesas: Cidade do Moble, ampliación do Pérez Viondi, residencia de maiores, apertura acceso á AP-53 por Orazo, traída de auga do Umia, autovía Santiago-A Estrada e a variante da Estrada.
Pero repasemos unha por unha:
- Cidade do Moble, é unha obra posta en marcha pola Consellería de Industria e a Consellería de Vivenda e estase á espera de que se remate definitivamente o proxecto.
- Pérez Viondi: dependente da Consellería de Educación, de momento é unha promesa.
- Residencia de maiores: dependente de Vicepresidencia, de momento é unha promesa, porque primeiro hai que atopar solo dispoñible.
- Acceso á AP-53: dependente da COTOP está pendente de arranxar uns problemas veciñais.
- Traída do Umia: dependente da Consellería de Medio Ambiente, de momento non pasa de promesa.
- Autovía Santiago-A Estrada: dependente da COTOP, de momento non pasa de promesa.
- Variante da Estrada: dependente do Ministerio de Fomento; aínda non hai moitos días o BNG anunciaba que chegou a un compromiso co goberno central de incluír 1.300.000 euros para a Variante nos orzamentos do estado de 2008.
Por certo, como se pode apreciar nunha foto que saíu nun medio local, a “nova infantería” estaba presente neste importante acto.
Nov
1
Cristo no PP
Categorías: PP | 8 comentarios
Non era a primeira vez que nos chegaban ecos de que o PP tiña problemas internos, mais pouco concretos. Tamén dicir que o que acontenceu o martes a nós tamén se nos pasou, entre outras cousas porque é habitual que os do PP non se enteran moi ben de que teñen que votar nun momento dado; así, no pleno do martes puidemos ver como nun punto concreto uns levantana a man e outros non. E isto non é algo novo, aínda recordamos que cando o ex-alcalde Ramón Campos votaba en contra do seu partido. Xa vedes como está a cousa!!!.
Agora ben, o que sae hoxe na prensa trascence a anécdota no intre en que dan parte do sucedido a Santiago. O Concelleir en cuestión, García Villar, di que foi un erro como os que relatamos no parágrafo anterior. Claro que se foi un erro, o desproporcionado é dar parte a Santiago por un votación que non tiña maior trascendencia se abstiña ou votaba en contra. Claro que se cadra, como apunta hoxe un medio local, os problemas internos empezan a aflorar e o relevo “tranquilo” de De la Calle na portavocía, foi de todo menos tranquilo.
—-
02-11-2007
García Villar: “Eu non podo quedarme nun grupo no que ese señor é o portavoz” (refírese a López)
Por moito que López se empeñe en dicir que non hai excisión, os evidencias indican o contrario, salvo que el deixe a portavocía e volte ás mans de De la Calle.
