Volven a casa

Categorías: PP | 5 comentarios

O PP en Galicia está en pleno proceso de unificación. Nestes días, -ademais coincidiu no tempo-, sabemos que Nava Castro, que apoia ao goberno municipal de Ponteareas e cuxo pai foi apartado das filas populares por mor dunha sentencia condenatoria de índole urbanística, e Moncho Rodríguez Ares (o famoso “Moncho es Mucho“), apartado da disciplina popular por promover unha moción de censura para recuperar a alcaldía de Sada, volven ambos ao redil do Partido Popular. A primeira logo de garantirse o terceiro posto nas listas por Pontevedra, Moncho non se sabe.

Daquela non sería de estrañar que Reboredo fixera o propio se a sentencia xudicial que ten pendente lle é favorable. Conversas desde logo xa as mantiveron.

Hoxe fomos a sacarlle unha foto ao famoso tramo de estrada que está fronte ao Centro Médico do Souto de Vea en donde morreu atropelado non Cruce do Centro Médico do Souto de Veahai moitas semanas un veciño do lugar. Os familiares reclaman unha solución, aínda que para o finado xa é tarde e o Concello parece que se interesou polo tema.

Como podedes apreciar na foto, -o certo é que demos co día axeitado-, o lugar onde está ubicado o Centro Médico non é o máis indicado,-ao outro lado dunha concurrida estrada e sen pasos de peóns nin nada que se lle pareza-, pero o que fai verdadeiramente perigoso cruzar por ese tramo é a néboa que habitualmente se rexistra nesta zona en concreto, e que fai moi difícil atopar unha solución para que os veciños poidan cruzar a estrada e ir ao médico sen temer pola súa vida. Como dixemos o Centro Médico non está no mellor lugar, pero houbo quen pensou xusto o contrario.

A Empresa Marbar, famosa nestes días debido a que o empresario fugouse deixando unha débeda de 25 millóns de euros, 55 traballadores na rúa e 300 familia que non saben que vai pasar coa súa casa, pretendía construir na Estrada, no ano 2004, concretamente na zona de Aguións, 55 vivendas unifamiliares ao lado do Pazo de Preguecido. Eran os anos felices do negocio da construción e inmobiliario, mesmo Ramón Campos, daquela Alcalde, chegou a alcumalo de “Urbanismo lucrativo”, porque por unha parte o empresario facía negocio e Concello, en principio tamén.

Estas chalés de Aguións, ao pé do Pazo de Preguecido, contaba coas bendicións do PP loca, que segundo afirma hoxe La Voz de Galicia, intermediaron para que esta obra fora posible. Claro que, afortunadamente, porque non houbo outro xeito de paralo, o PXOM non se aprobou definitivamente e deu ao traste co negocio do empresario e coas contas da leiteira do PP, que contaba cos cartiños dese famoso 10% para o Concello.

Evidentemente non somos pitonisos, pero imaxinade que eses chalés quedaran a medio facer, e o que é peor, se cadra vendidos. Menudo panorama.

Xa que non podemos ligar a noticia que sae hoxe no Faro de Vigo, en Deportes, transcribimos parte da mesma pola súa importancia:

La Diputación baraja subir las subvenciones al Reale
La Diputación Provincial de Pontevedra estudia incrementar las ayudas económicas que otorga al Reale Seguros Club Deportivo Estradense Fútbol Sala. Así se lo hizo saber, el pasado martes, el delegado de Deportes del organismo provincial, José Enrique Sotelo, a varios directivos rojillos, encabezados por Manuel Sanmartín, en el transcurso de una comida celebrada en un céntrico restaurante de A Estrada, a la que también asistieron el portavoz de grupo municipal del Partido Popular, José López Campos, el ex-alcalde, Ramón Campos, y los jueces decanos de Santiago y Pontevedra.

Como vedes, trata da reunión que mantivo José López, Ramón Campos, Directivos do Estradense con Vicepresidente da Deputación para incrementar ás axudas económicas ao Reale. Ata aquí nada raro.

Pero o interesante ven ao final: parece ser que na comida tamén estiveron os xuíces decanos de Santiago e Pontevedra. A cousa, a priori, non tería moita importancia, pero dáse a casualidade que en poucas semanas Ramón Campos coñecerá a sentenza do xuízo por presunta prevaricación, e manter unha reunión con xuíces fai levantar sospeitas innecesarias, e ao mellor na comida, a parte de fútbol, tamén se falou de sentencias xudiciais, porque supoñemos que estas dúas persoas non serán xuíces de liña, non?.

A Deputación Provincial é o único resquicio de poder que lle queda ao PP de momento, claro. Hoxe sae na prensa que os directivos do Estradense, López e Chito Campos reuníronse co Vicepresidente da Deputación para buscar certo apoio deste ente provincial para os clubes con “problemas económicos e con falta de entendemento co Concello”. Tamén Alfonso Sanmartín, xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, chamou á porta da Deputación para pedir cartos.

O problema vén cando estes apoios non se concretan ou se concretan a medias. Non hai máis que ver as infraestruturas que hai no Concello, algunhas delas en obras, dende hai anos e sen data de remate á vista (por exemplo, a que vai de Riobó a San Tomé de Ancorados).

Ramón Campos
O que tamén chama a atención desta noticia é a mediación de Ramón Campos, que de paso que vén ao xuízo, presta os seus servizos especiais a un partido no que xa non milita, e a unha persoa, López, que non contou co seu apoio para ser cabeza de lista nas pasadas eleccións municipais, e esperemos que non acabe sendo un xoguete roto como De la Calle.

Xenerais do UllaOs atranques dos Xenerais é algo que caracteriza aos concellos que están á ribeira do río Ulla: Vila de Cruces, Silleda, Vedra, A Estrada, Teo, Carcacía, etc, teñen os seus xenerais, que recitaban as súas coplas nas aldeas onde estes teñen tradición. Este ano será o segundo consecutivo no que os Xenerais soben á Estrada a facer o seu espectáculo, no canto de facelo nos lugares onde é tradición. E neste sentido, parece que é intención da Concellería de Cultura potenciar o entroido na Vila, mentres se deixa esmorecer nas aldeas. Con todo parece que dende Turismo tentarase, a través da Asocicación creada para o efecto, que no vindeiro ano 2009 estes encontros se leven a cabo nas aldeas, malia a que algúns prefiran ir por libre, o que precisamente nos levou á situación actual.

En mes ou mes e medio darase a coñecer a sentencia do xuízo que xulga a o ex-alcalde da Estrada, a Reboredo, e varios ex-concelleiros do PP por un presunto delito de prevaricación urbanística. Agora si, estaban todos presentes, Ramón Campos veu da Arxentina e compareceron todos, e polo que reflicte La Voz, saíron bastante satisfeitos (xa se verá).

Para defenderse os encausados alegaron ignorancia e que non sabían que estaban a facer algo malo, pero xa se sabe que a ignorancia da lei non exime do seu cumprimento, máxime cando se trata dun cargo público.

Feira do MobleSaíu onte na prensa que a Feira Profesional do Moble retrásase ata o mes de abril. Así o decidiu o xerente da Fundación, Alfonso Sanmartín, e os mobleiros da Estrada reunidos o pasado luns. Este retraso na data desta Feira está motivado polas seguintes cuestións: “El primero es la proximidad, ya que el certamen está a la vuelta de la esquina y todavía queda mucho trabajo por hacer. El segundo es la proliferación de ferias en ese mes“.

A proximidade da data é un bo motivo se a súa intención é facer a feira o mes que ven, pero hai que ter en conta que desde o mes de setembro que se fixo a Feira do Moble de Galicia tiveron tempo abondo para organizala.

O segundo motivo é a proliferación de feiras durante o mes de febreiro, concretamente en Lugo, Zaragoza e Oporto. Vexamos: a Feira Profesional do Moble de Lugo celébrase entre o 31 de xaneiro e o 3 de febreiro, que coincide coa de Zaragoza, tamén entre o 31 de xaneiro e o 3 de febreiro, sen que iso lles supoña un problema, sobre todo a cidade aragonesa que é a primeira vez que organiza unha feira profesional; e a de Oporto é entre 26 de febreiro e 1 de marzo.

Estes son os datos, agora que cada quen saque as súas propias conclusións.

Non é a primeira vez que falamos do déficit de infraestruturas que padece o noso concello, e aínda que o seu nome indica o contrario, nós, os estradenses, estamos lonxe dos grandes nodos de comunicacións de Galicia: autoestrada Vigo-A Coruña e autoestrada Santiago-Ourense, esta última tócanos de refilón.

Neste sentido o BNG ven de propoñerlles aos concellos das comarcas Deza e Tabeirós-Terra de Montes, entre os que se atopa o noso, que soliciten  un estudo para ver a viabilidade dunha vía de alta capacidade que conecte os nosos concellos do interior cos concellos do Eixo Atlántico, sobre todo Pontevedra e Vigo, aínda que tamén con Vilagarcía.

Evidentemente, e localismos á marxe, o noso concello non pode quedar á marxe desta vía ou vías de comunicación que serán vitais, xunto con outras, como a autovía Santiago-A Estrada ou a Variante, para o progreso económico do noso Concello.  De todos os xeitos non convén poñer o carro diante dos bois, isto é só un estudo de viabilidade, algo lóxico por outra parte, porque xa non é a primeira vez que se fan as obras e logo xa se mirará para que serve. O tempo dirá en que queda todo isto.

Onte o PSOE da Estrada celebrou na Sala Gradín un cea con militantes e simpatizantes á que acudiron, aparte do Alcalde e os seus concelleiros, o que vai ser cabeza de lista por Pontevedra ás eleccións xerais, Antón Louro, Carmen Cajide, que tamén é deputada, e tamén algúns delegados provinciais. Evidentemente ata aquí nada que dicir, trátase dunha cea organizada polo PSOE, cun clara intención electoral, porque as eleccións son dentro de dous meses.

O que xa non está tan ben, é que o PSOE, ao igual que facía o PP cando estaba no poder, convidou a esta cea á maior parte dos alcaldes de barrio da Estrada; decimos a maior parte, por non todos foron. Este feito que antes suscitaba un vivo debate nos plenos e nos medios por parte do PSOE, reprodúcese agora de novo, e o que antes era a infantería de Chito agora é a infantería de Dono.

Páxina seguinte →