Fev
26
O debate
Categorías: BNG, Cidadáns por Galicia, PP, PSOE | 14 comentarios
Onte adiantouse o debate na Estrada. Os catro líderes políticos dos catro grupos políticos foron ao Losada Diéguez a falar de política, e abofé que estaría máis interesante que o soporífero debate de onte pola noite. A iniciativa partiu dos rapaces, a meirade parte sen idade para votar, o cal demostra que a asistencia de Dono, López, Raquel e Reboredo non tiña nada a ver con fins electoralistas e si con achegar a política aos máis novos, algo que a estas alturas da vida simplemente lles resbala, pero sin embargo asistiron, aínda que só se atreveron a facer unha pregunta: “¿A aparición de Cidadáns foi debida ó fracaso do PP?“.
Fev
21
Empeza a conta atrás para o 9-m
Categorías: BNG, PP, PSOE, Xerais 2008 | 6 comentarios
Empeza unha nova carreira electoral, neste caso decidirán a composición do Congreso e o Senado, que serán os que elixan o Presidente do Goberno. Son estas unha eleccións marcadas por unha forte polarización entre os dous grandes partidos (PP-PSOE), aínda que haberá outros partidos como o BNG que tentarán ser decisivos á hora de elixir o Presidente e mesmo condicionar os orzamentos, que é o que realmente nos importa a todos. Son estas eleccións marcadas tamén por un forte componente mediático; proba diso é, por exemplo, a escasa parafernalia electoral que se ve a estas alturas, comparadas coas eleccións municipais, sobre todo no noso pobo, que, a parte du para de valados e propaganda nas cabinas teléfonicas non hai nada máis.
Fev
16
Reboredo ataca
Categorías: Cidadáns por Galicia, Urbanismo | 59 comentarios
Xa tardaba a comparencia perante os medios de José Manuel Reboredo para valorar a sentenza xudicial que o absolveu dun presunto delito de prevaricación urbanística. Finalmente fixo onte, case a oscuras como se fose un testito protexido, acompañado do seu abogado, o fillo de Palmou, e compareceu onte, -supoñemos-, polo fin do prazo legal para presentar o recurso de casación perante o Tribunal Supremo, e non polo BNG, xa que dixo que non o ía presentar, senón porque aínda cabía a posibilidade de que o recorrera o Ministerio Fiscal, que tamén o acusaba, xunto cos outros imputados, dun presunto delito de prevaricación.
Na súa intervención Reboredo atacou a distro e siniestro: ao BNG, ao PSOE, ao Alcalde e mesmo a determinadas páxinas de internet (supoño que se referirá ao Ruxe). Sobre o BNG dixo que a denuncia fora motivada polo odio, acusándoos tamén de manipular aos veciños no tema do IBI e no PXOM, que “iban a reuniones convocadas de forma anónima para avivar” estes conflitos e iso pagárono nas urnas. Sobre o PSOE dixo que utilizaran a denuncia para descalificalo a el e aos membros da súa candidatura durante as campañas electorais. E sobre as páxinas de internet dixo que “cuatro resentidos, o quizá siempre el mismo, difaman de forma anónima, insultan y descalifican a concejales que ahora se demuestra eran inocentes de las acusaciones“.
Fev
13
Eleccións sindicais no Concello
Categorías: Concello, Sindicatos | 1 comentario
Parece que as eleccións sindicais no concello traerán cola. Segundo reflicten os medios, CC.OO gañou as eleccións, ademais contundentemente, pero CIG e UGT impugnaron as eleccións porque, segundo parece, na taboleiro de listas non había ningunha coas siglas do sindicato gañador. Fora como fora, con siglas ou sen elas, 36 traballadores do Concello sabían que siglas debían poñer.
O que foi un éxito foi a participación, votaron o 100% dos traballadores do Concello.
Fev
12
O PSOE substitúe ao xerente de Radio Estrada
Categorías: Medios, PSOE | 15 comentarios
O PSOE cambiou na xerencia da Radio a Pepe Rodríguez por José Marque, tamén traballador da Radio Municipal, Radio Estrada.
Os motivos deste cambio non transcenden na noticia que sae hoxe no Faro, pero aos poucos días de que Dono tomara posesión, este fixo unhas declaracións públicas nunha televisión onde xa manifestaba certa desconformidade co proceder de Pepe Rodríguez na Emisora Local.
Pasa sempre que hai un cambio de goberno, sexa ao nivel que sexa. Todos queren o control dos medios de comunicación. Pepe Rodríguez entrou hai moitos anos cando gobernaba o PP, levou a Radio Estrada a unha cotas de audiencia moi importantes, moi por encima de moitas radios municipais.
Os medios públicos, sexan da titularidade que sexa, deben informar de todo e contemplar a todos os axentes sociais e políticos sen distinción. Seguramente co anterior xerente este criterio non existía, pero tampouco hai garantías que co novo xerente haxa unha información plural.
———
Actualizado 13 febreiro, ás 21:45
Segundo declaracións de Dono en Estrada Televisión, co cambio de xerente en Radio Estrada procúrase unha mellora na xestión e nos ingresos por publicidade.
Vos, se quixerades mellorar os ingresos da Radio, que faríades? apretariadeslle as clavixas ao xerente para que este llas aprete ao comercial ou poñeríades o comercial na xerencia?. Nunca vimos tal cousa nunha empresa privada, agora que como é pública parece ser que é posible…
Fev
9
O BNG non presentará o recurso de casación perante o Tribunal Supremo
Categorías: BNG, Urbanismo | 5 comentarios
Logo duns días de incertidume por saber o que pensaba o BNG sobre a sentenza da Audiencia de Pontevedra que absolvía a Ramón Campos e compañía dun presunto delito de prevaricación, o Bloque decide finalmente non presentar ese recurso, xa que considera que “los vecinos “xa ditaron sentenza nas pasadas eleccións municipais” y ésta es la “sentenza que lle vale ó BNG“. Asegura ademáis que “non ter interese en perseguir xudicialmente a ninguén” sino en “evitar” un “maior prexuízo e iso conseguiuse xa que todas as persoas encausadas, agás unha, están hoxe en día fóra da política” .
Con isto ponse o punto e final a unha historia xudicial na Estrada que ten 13 anos e que levou nada máis nin nada menos que a un Alcalde e concelleiros do PP que tiveron que sentarse no banco dos acusados, un feito sen precedentes no noso concello.
(Podedes decargar a sentenza dende a páxina web do BNG)
Fev
7
Ver mapa máis grande
A estas alturas da tarde todo o Concello da Estrada xa sabe dos tráxicos sucesos que aconteceron a primeira hora desta tarde na Rúa Marín, onde unha moza de 29 sufriu queimaduras graves no incendio do seu piso. Segundo parece, ante as graves queimadoras, a moza foi traslada ao Hospital Juan Canalejo de A Coruña.
Máis información:
El Correo Gallego
La Voz de Galicia
Fev
4
Parece que xa hai sentenza
Categorías: Urbanismo | 63 comentarios
Hai un ruxe-ruxe pola Estrada adiante, que corre como unha enxurrada despois dunha boa chuvieira. Ao mellor é unha entroidada, -xa sabedes que nesta época vale de todo-, pero moito nos tememos, e non hai máis que repasar acontecementos recentes, que os encausados nun presunto delito urbanístico, Ramón Campos, Reboredo e compañía, quedaron absoltos no xuízo cuxa sentenza demorouse case 15 anos.
Haberá que esperar confirmacións oficiais, pero os comentarios da rúa din iso.
—-
Nos medios:
El Correo Gallego:
“…La sentencia, que llega apenas tres semanas después de la vista oral, argumenta que no se aprecia ningún indicio de intencionalidad ni mala fe por parte de los acusados, a la hora de aprobar la concesión de tres licencias urbanísticas…“.
“al pedir la libre absolución que pese a las sentencias que declararon ilegales las obras (una del TSXG y otra del Tribunal Supremo, en 2002), los ediles desconocían la posibilidad de incurrir en un delito…” .
Faro de Vigo:
“…cabe apuntar que todos los acusados manifestaron que nadie les informó de la ilegalidad y que en ningún momento pensaron que podían cometer un delito…”.
Así que xa sabedes, se non pensades que estades a comenter un delito, adiante. A ignorancia é a vosa salvación.
Fev
2
Pleno do 1 de febreiro
Categorías: Pleno | 3 comentarios
Planificación e transparencia. Estas foron as palabaras que máis se oíron onte no pleno. Tanto PP como Cideá esgrimíronas en todas e cada un dos puntos da orde do día, que, por outra parte, non suscitou ningún voto en contro por parte destas dúas formación, aínda que si houbo abstencións.
Nun dos puntos da orde do día aprobouse o proxecto para recadar máis de tres millóns de euros dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. Outra cuestión que se levou a pleno foi a cesión por un máximo de catro anos prorogábeis dun parte do arquivo municipal para que o use o xulgado, que estará instalado no concello mentres non se xestione un novo, cuestión esta que suscitou un intenso debate entre o PP e o Alcalde.
Noutro punto da orde do día aprobouse unha moción do BNG na que se solicitaba a universalización do servizo de correos a todo o rural. A moción aprobouse por unanimidade.
Tamén se deu conta da cesión á Biblioteca Municipal por parte da irmá de Reimóndez Portela do seu arquivo bibliográfico, o que suscitou palabras de agradecemento do Alcalde.
No apartado de rogos e preguntas tanto PP como Cidadáns solicitáronlle ao Alcalde que faga caso da petición de AEDRU e convoque unha reunión pública no Teatro para explicar o estado do PXOM, por aquelo da transparencia e porque eles tamén o fixeron cando foi o seu turno.
Fev
1
AEDRU contraataca
Categorías: Urbanismo | 13 comentarios
AEDRU é colectivo de propietarios afectados pola calificación dos seus solares dentro do PXOM elaborado polo PP, e logo duns meses de silencia, quizais estando a espectativa de ver por onde ían os tiros contraataca e solicita unha reunión urxente no Teatro onde o novo Goberno Municipal dea conta do que está a pasar o PXOM.
Na súa nota de prensa, un tanto alarmista, por sermos suaves, indican que hai en marcha un novo PXOM. Segundo eles iniciouse un novo en novembro de 2006, logo quedar paralizado o anterior pola COTOP polos defectos que contiña, que de ser certo sería gravísimo que por parte do PP se iniciara un PXOM distinto sen coñecemento do Pleno.
