Segundo puidemos saber, Alfonso Sanmartín, Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, presentoulle a dimisión ao Presidente da mesma, o Conselleiro de Innovación Industria, Fernando Blanco. Así, unha reunión do padroado que pretendía ser de mero trámite, -só se ían aprobar as contas do ano pasado-, viuse trastocada por esta nova, que acontece poucas semanas antes da Feira Profesional do Moble que se vai celebrar o vindeiro mes de abril.

Aínda que os motivos da dimisión de Alfonso Sanmartín os descoñecemos, todo apunta a que o déficit anunciado esta semana de 100.000 euros, cando se esperaba un superavit, así como baixa previsión de expositores que acudirán á Feira Profesional, foron determinantes para tomar a decisión de deixar o cargo, cando a súa continuidade ou non ao frente da xerencia nin sequera se ía abordar neste padroado, malia a que o seu contrato remataba neste mes.

—-
Actualización: luns 31 de marzo ás 12:48
Os motivos de Sanmartín

Voy a decir que hay bastantes motivos, eso influyó pero la situación del sector tampoco es buena y si por encima todo el mundo es a pasar un poco de las historias y las cuestiones… Lo que no se puede es estar en un sitio nada más para llevar los golpes que a lo mejor los demás tendrían que llevar en su momento. Yo lo que no puedo es estar aquí de esparring de todo el mundo

Se ben é certo que non matiña ningún tipo de relación coa Consellería, nestas declaracións parece que reparte culpas entre “todo o mundo”, é dicir, Consellería, Goberno Municipal, Deputación, Cámara de Comercio, Mobleiros, políticos locais… unha maneira de disparar contra todos e contra ninguén en particular.

Vivimos tomando decisiones siempre en el último momento porque nunca tenías en el momento correcto quien tomase esas decisiones o quien estuviese ahí. Lógicamente, yo no voy a decir que tuve unas relaciones tensas con la consellería, puedo decir que no las tuve. Nunca por parte de la consellería recibí indicación de ningún tipo y tuve que hacer en cada momento lo que me pareció más oportuno y muchas veces tuve que esperar porque, lógicamente, a mí no me parecía bien hacer cosas sin contar con una segunda opinión.

As Fundacións están dirixidas por un Padorado, que delega as súas funcións nun Xerente, que terá que tomar as decisións que estime oportuno en cada momento. As segundas opinións están ben, pero é o xerente que toma as decisións; non é a Consellería, nin o Concello, nin a Deputación, nin a Cámara, nin os mobleiros, os que teñen que tomar decisións no día a día é o Xerente, que para iso o elixen.

Alfonso SanmartínA Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada pechou o exercicio 2007 cun déficit de 100.000 euros, algo inédito ata agora, xusto no ano que cambiou o xerente, pola dimisión de Miguel de la Calle para presentarse ás eleccións municipais.

As previsións iniciais era de ter un superávit de 9.000 euros, xa que no orzamento inicial computouse unha partida de 120.000 correspondente á subvención da Consellería de Innovación e Industria, que se viu minorada en 60.000 euros a mediados de anos, por considerar que a Fundación non tiña a suficiente actividade que xustificara esa aportación económica.

Con todo, aínda que a Consellería aportara os 120.000 euros que anotados no orzamento inicial, a Fundación tería un déficit de 40.000 euros, debido a que a Feira Profesional do Moble rexistrou un descenso significativo do número de expositores e a que Feira do Moble de Galicia rexistrou unha caída no número de visitantes, segundo explicación dada aos medios por parte do Xerente da Fundación, Alfonso Sanmartín.

Nestes días de poucas noticias, algunhas delas son refritos cando non invencións descaradas, aparece unha a nivel local certamente interesante: o concello da Estrada está a elaborar un plan director para dotar de saneamento ao noso extenso rural. A noticia é, como dixemos, interesante pero abre outras incógnitas: verteranse aos ríos augas realmente depuradas? porque as que hai agora mesmo, Guimarei e Aguións, son calquera cousa menos depuradoras que botan ao río Liñares todo tipo de desperdicios.

A principios do mes de xaneiro os mobleiros fixeron pública unha queixa polo feito de que os seus homólogos portugueses estaban organizando feiras en dstintas Fundación públicas, por exemplo en Fexdega, solicitándolle á Consellaría de Industria un calendario único de eventos deste tipo. Ben, pode ter certa lóxica. O que non ten lóxica é que protesten cando se organizan en Vilagarcía, pero cando Sanmartin, Xerente da Fundación de Exposicións, convida a mobleiros portugueses á Estrada para participar na Feira Profesional do mes de abril, quedan caladiños coma petos.

Ben é certo que non vemos mal que veña á Estrada mobleiros portugueses, todo o contrario, son os da Estrada os que deberían tomar boa nota de como fan as cousas, porque está claro, que en algo nos estamos equivocando.

Asociación Comarcal de EmpresariosSae hoxe nos medios que Gonzalo Figueiras non repetirá como Presidente da Asociación Comarcal de Empresarios, que exerce como tal dende 2004. Hai aproximadamente un ano renunciaba á súa acta de concelleiro do PSOE e parece que paseniñamente quere deixar a vida política activa e dedicarse a súa empresa.

Foi o azoute do PP cando non había PXOM, desde o cambio de goberno, e aínda que foi sonada a súa renuncia de concelleiro, mantense á marxe desta cuestión, quizais porque prefire darlle unha marxe de confianza ao novo goberno, que foran antigos compañeiros de filas, ou porque algúns membros deste son compañeiros da directiva da ACE, como é o caso de Monserrat Maceiras.

Co 100% dos votos escrutados estes son os resultados:

2008

2004

PP 6.435 46,33% 52,96% 7.521
PSdeG-PSOE 5.198 37,42% 29,83% 4.236
BNG 1.866 13,43% 14,16% 2.011

O PP baixa 6,63 puntos, o BNG pódese dicir que mantén o tipo, baixa 0,73 e o PSOE sobe 7,59. O cal, é á vista dos resultados o PSOE cómelle un bo puñado de votos ao PP.

Parece unha maldición ou unha perversa casualidade ou, no peor dos casos, una conspiración en toda regla, pero a dous días das eleccións houbo outro atentado, desta volta de ETA. Hai catro anos foi Al-Qaeda ou algunha das súas franquicias, que, con unha masacre, condicionaron as eleccións.

Xa é demasiada casualidade e a todos nos debería facer reflexionar.

Proinsa é grupo inmobiliario de Lalín que nos últimos días está a atravesar un dura situación, enfrontándose a unha suspensións de pagos por falta de liquidez, e acusan á Xunta, concretamente á Consellería de Traballo e á Consellería de Economía de falta de apoio para afrontar esta situación. Unha situación que, de non arranxarse, deixará na rúa a un total de 1.400 traballadores.

Non é a primeira empresa do sector inmobiliario que quebra ou que despide xente, que medraron ao compás da burbulla inmobiliaria e esta burbulla estase a desinchar a pasos axigantados. Aínda nestes días saíu nos medios que outra empresa, neste caso madrileña e de maior tamaño, Sacyr Vallermoso, a adxudicataria da controvertida Autovía do Barbanza, está a atravesar un momento delicado, e viuse salpicada esta empresa por uns rumores en forma de SMS onde acusan ao PSOE de “pagar” a esta empresa para adiar a suspensión de pagos ata despois das eleccións, algo que, de ocorrer antes, sería utilizado polo PP para demostrar a mala política económica do goberno de ZP.

Dende hai tempo o colectivo de Defensa do Liñares ven posicionándose en contra da construción da Cidade do Moble en Lagartóns, onde hai instaladas preto de 20 empresas relacionadas co sector, así como outras doutro tipo de activades. Nestes días a Sociedade de Caza e Pesca Río Ulla ven amosando a súa desconformidade coa ubicación da depuradora que está proxectado construír na Cidade do Moble, amosando o seu interese en presentar alegacións neste sentido, aínda que puido facelo no seu momento na fase de exposición pública do proxecto, hai máis dun ano.

O Colectivo de Defensa do Liñares acusa ao BNG de utilizar “ese asunto como arma electoralista”, ao anunciar o 16 de febreiro que en seis meses o proxecto aprobarase no Consello da Xunta. Certo é que nos días que corren xa non sabemos cando empeza a campaña electoral e cando non, pero oficialmente a campaña empezou o 22 de febreiro, polo que non ten moita lóxica acusar de electoralista este anuncio, que o tempo dirá se se cumpre ou non.

As listas de espera na sanidade xa se parecen ao enterno debate do voto emigrante, que sempre se critica cando un está na oposición, sabedor de que non gobernar prexudica aos seus intereses e é un xeito de desgastar ao que manda. Pois coas listas de espera pasa o mesmo. Desta volta é o PP que demanda unha solución ás listas de espera na Estrada, e é Dono quen contesta, dicindo que antes había máis.

Mentres uns e outros se enlían no debate mediático somos os cidadáns de a pé os que sufrimos as consecuencias dunha sanidade máis atascada ca nunca e con multitude de problemas. Hai unhs cantos anos vendéusenos  como a panacea o do “céntimo sanitario”, que algunhas comunidades galegas aplicaron, entre elas Galicia, para sufragar o gasto sanitario, malia a que iso teña uns efectos secundarios nada desexábeis. En definitiva, con céntimo sanitario ou sen el, a sanidade pública está mal, mentes a sanidade privada ten cada vez máis beneficios, algo, que nos debería facer reflexionar a todos.