Os orzamentos da Estrada, os primeiros do bipartito están casi listos e aprobaranse no próximo pleno ordinario que será o luns 5 e non o venres 2 de maio.

O grupo de goberno evidentemente defende os orzamentos. O PP di que son un desastre e polo tanto non van facer ningunha emenda. Cidegá, máis construtivos, todo hai que dicilo, vincula o seu apoio a estes orzamentos á inclusión nos memos de dous proxectos: a Cidade Social e a remodelación da praza de abastos. Ambos proxectos discutibles, pero non se pode negar que polo menos fan aportacións, e non como López, que só presume dos seus coñecementos de economía, pero ideas para mellorar os orzamentos, cero.

Hoxe sae a licitación o estudo informativo da autovía Santiago-A Estarda, valorado en máis de 350.000 euros e cuxo prazo de realización é de 14 meses.

Estes estudo é importante, xa que buscará cal é camiño máis idóneo para levar esta infraestrutura á Estrada, evitando na medida do posible un gran impacto ambiental e paisaxístico, algo que é case imposible que cumpra unha infraestrutura deste calibra. Alén doutras consideracións, un dos puntos importantes que terá que salvar será o Río Ulla, e se facemos caso da prensa, que di que a praia fluvial de Pontevea quedará debaixo deste vial, teremos que esta vila terá tres pontes a escasos metros unha da outra e no medio unha ponte medieval do século XIV ou XV.

Como ocorre en todos os foros o proxecto de orzamentos sempre se ve diferente dependendo lado de onde un estea. É labor do goberno de elaborar uns orzamentos en función das necesidades reais, moitas desas necesidades son herdadas, e é labor da oposición remexer nos números e dicir que eles o farían mellor.

O orzamento deste ano é de 11.600.400 euros. A partida de persoal é de 3.744.000 euros e a de bens e servizos é de 4.735.000 euros, entre os que se atopan o obradoiro de emprego, apartados dependentes de servizos sociais, etc. Por outra banda, haberá 1.331.000 euros no capítulo de inversión, dos que quedan fóra 620.000 euros dos plans plurianuais da Deputación de Pontevedra. Finalmente o aforro neto será de casi un millón de euros, 997.000 euros.

Estes son máis ou menos os datos. A oposición debúllaos e califícaos de decepcionantes e dos que sacan a conclusión de que o PXOM non se aprobará este ano. López do PP tirou de informe de intervención e criticou a falta de xustificación de ingresos, a praza do arquitecto, onde detectou certa fricción entre os grupos de goberno, e a concesión de pluses a determinados funcionarios.

Dono quere negociar ou fará un intento de negociación cos propietarios dos terreos SUNC, que foron un auténtico pesadelo para o Partido Popular, representados pola asociación AEDRU.

Hai uns meses recordaredes a petición deste colectivo para organizar unha mesa redonda para que se aclare o futuro do PXOM. Desde aquela nada se sabe do asunto, e parece que, vendo a noticia que saíu o sábado, que hai algún tipo de acordo entre o PSOE e AEDRU para non armar follón. O acordo, por suposto, non queremos ser mal pensados, é que se non me armas follón haberá diálogo. AEDRU parece que cumpre o acordo e Dono tamén apunta nesa dirección.

O Alcalde quere remodelar a Casa do Concello, recuperando a cuberta orixinal de 1904 para gañar espazo e utilizar a última planta. Para abordar esta remodelación está chamando ás portas da Consellería de Presidencia e da de Cultura. O proxecto de remodelación custa 1.700.000 euros.

Supoñemos que haberá problemas de espazo no Concello, simplemente, dándose un paseo polas distintas dependencias non se ve un oco libre, e sempre resultará máis barato facer unha remodelación de como se pretende que facer un novo como está a facer Lalín, cuxo orzamento está xa en 12 millóns de euros. De todos os xeitos hai no noso Concello edificios históricos que tamén necesitarían un lavado de cara, por exemplo a Torre de Guimarei, da que nada se sabe a día de hoxe.

Agora si. Manuel Sanmartín presentou a súa dimisión como Vicepresidente do Estradense e Presidente do Reale. Segundo as súas declaracións que podedes ver no seguinte vídeo, xa hai algúns meses que xa presentara a súa dimisión, pero por distintos motivos adiouna ata hoxe. Manuel Sanmartín di que o Clube necesita un “impulso e unha renovación”, logo duns anos de éxitos, algúns deles amargos ao non poder conseguir os obxectivos marcados por cuestións extra-deportivas; considera por tanto, que o o traballo que desenvolveu foi un éxito e que se vai sen resentimento hacia ninguén, agradecendo a “todos” o apoio recibido en maior ou menor medida.

O relevo
Farase cargo da Vicepresidencia Ramón Puga, ao que lle desexa moita sorte nesta nova andaina.

O tema económico
Antonio Iglesias, Presidente do Estradense, quixo facer unhas aclaracións sobre o tema económico. Segundo explicou o clube está saneado economicamente, os xogadores do Reale están ao día e os Estradense cobraron a mensualidade de febreiro, faltando a de marzo e a deste mes, pero considera que coa subvención do Concello estaría solucionado o tema.

fimobleAs palabras de Jesús Palmou tamén chegaron a Lugo, e dende esta cidade respondeulle Miguel Agromayor, Presidente de Fimoble e da Asociación de Comerciantes do Moble de Galicia. Segundo se desprende das declaracións feitas a La Voz de Galicia en Lugo, Miguel Agromayor considera que “feria de A Estrada iba a menos y que en el siglo XXI no se puede mantener un recinto ferial en esas condiciones“. E en resposta ao suposto apoio do Conselleiro, Fernando Blanco, que é de Lugo, Miguel Agromayor di que a primeira edición non contou co apoio de ningunha institución e a segunda foi apoiada pola Deputación e polo Concello de Lugo, o que tira por terra o argumento de Jesús Palmou sobre un suposto trato de favor da Consellería a Lugo.

Irene Aguiar, Concelleira de Urbanismo, repasou o venres as contas dos fallidos plans xerais do PP. O último plan, fallido porque a Xunta rexeitouno, custoulle ao erario público estradense 540.000 euros (dos anteriores nada se sabe, pero será unha cifra semellante), ao que lle hai que sumar preto de un millón de euros polas licenzas que se deixaron de conceder. Irene tamén restou importancia á xudicialización dos temas urbanísticos na Estrada por parte do PP.

Reboredo deuse por aludido e deféndese
O Concelleiro de Cidadáns deuse pof aludido e contestou ás palabras de Irene, porque el foi o responsable desta área no anterior mandato do PP. Acusou unha vez máis ao goberno de escurantista por non convocar as comisións de urbanismo, e que, senón se convocan, é para pagar os “soldos políticos”. Recordar, que segundo Irene Aguiar, o PP convocou 250 comisións, o que supuxo 150.000 euros para as arcas municipais, e eles (o PP) tamén tiñan soldos políticos.

Reboredo tamén lle recordou a Irene, en contestación ao gasto dos 540.000 euros, que a decisión de iniciar a redacción do Plan nese período que cita foi tomada por unanimidade, así como a decisión de aprobar 300 permisos e a de pechar o cupo para salvar certas actuacións urbanísticas.

Tamén aproveitou para criticar ao goberno de censura informativa e dixo que el “como miembro de la corporación, seguiré hablando con los técnicos cuando quiera. Si no les gusta, que envíen a la Policía Local a desalojarme“.

O PP pola súa parte pediulle que fale con claridade dos prazos para a aprobación do Plan Xeral.

Jesús PalmouEsta fin de semana estivo quentiña en titulares. Palmou, aproveitou a presentación no Parlamento dunha serie de iniciativas relacionadas coa Fundación de Exposicións e Congresos, e acousou á Consellería de “interese, teño que dicilo así claramente, en que a feira do moble fracase en A Estrada e se celebre en Lugo”. Acusou ao Conselleiro de falta de interese pola Feira porque non ven inaugurala, contrapoñendo este suposto “interese” coas inauguracións presididas por Fraga nas sucesivas edicións da Feira. Tamén recordou a redución da aportación da Consellaría a 60.000 euros ao ano.

O BNG insta á Deputación a aportar cartos á Fundación
As palabras de Palmou tiveron resposta, neste caso por parte do BNG, que se mantivo á marxe durante todo este tempo, acusando ao PP de manter unha actitude “hipócrita e demagóxica”. O BNG dixo “que se cando estamos a falar de apoio falamos de cartos, dicir que a Deputación de Pontevedra, unha das únicas institucións supramunicipais que quedan en mans populares, non aporta nin un só euro á fundación”, “Fronte iso, a Consellería de Innovación e Industria, co mesmo número de representantes, aporta 60.000 euros”, e pediulle formalmente “que fagan as xestións oportunas para que a Deputación de Pontevedra, cando menos, aporte á Fundación de Exposisións outros 60.000 euros, como fai a consellería”, subliñando que o apoio á Feira e ao sector “non se fai só inaugurando exposicións, senón con cartos e o PP nisto non pode dar leccións a ninguén”.

A maioría do Padroado tena o PP e un chisco de esperanza
O BNG tamén destacou que é o PP o que conta coa maioría no Padroado, polo que trasladou toda responsabilidade do que acontece a este partido. Por un lado o PP “impuxo” cos seus votos un “determinado xerente”, polo tanto “a responsabilidade do resultado desta xestión correspóndelle a quen o elexiu”, destacando o déficit presupostario de máis de 100.000 euros en 2007. Por outra parte, o BNG subliñou que “coa dimisión do xerente imposto polo PP ábrese outra oportunidade para profesionalizar a xerencia da Fundación de Exposicións, tal e como pretendía a consellería” e “deles (do PP) depende seguir como até agora ou darlle un novo rumbo á fundación e ao sector“.

Non, non imos abrir unha sección de crónica rosa, pero pareceunos interesante a noticia, xa que hai uns días fíxemonos eco da suspensión de pagos da empresa lalinense Proinsa. O interesante da cuestión é Julián Muñóz, ex-alcalde de Marbella e implicado nunha tramar de corrupción urbanísticas, acaba de ser condenado a un ano de prisión ou 7.200 € de multa e oito anos de inhabilitación por mor da concesión, entendemos que irregular, dunhas licenzas á empresa Proinsa. Con el tamén foron condenados á mesma pena os ex concelleiros marbellíes Manuel Calle, Dolores Zurdo e Marisa Alcalá, mentres que a Rafael González, Tomás Reñones, Javier Lendínez, José Luis Troyano e José Luis Fernández Garrosa foron condenados a unha pena de nove meses de prisión ou 5.700 euros e outros oito aoos de inhabilitación.

Ignoramos os detalles da sentenza, pero o curioso é que as penas impostas teñen moita semellanza coas que pedía o Fiscal e o BNG no caso dun presunto delito de prevaricación urbanística contra o ex-alcalde Ramón Campos e varios dos seus concelleiros na corporación de 1994, só que neste caso os implicados foron condenados e no caso da Estrada foron absoltos.

Páxina seguinte →