Polo seu interese pegamos a continuación o comentario que deixou na nosa web un usuario de A Estrada Dixital a respecto do funcionamento da rede wifi, e parece ser que non é o único, Pablo Belay tamén ten problemiñas

Esta moi ben e moi bonito iso de internet wifi. PERO SEN METIRAS. Cando comezou a estrada dixital, os primeiros dias podias descargar no que se refire a programas de p2p como ares, utorrent, bitorrent, azureus… a 120kb/s sen ningun tipo de limitación, o que propiciou que decidise darme de baixa de telefonica, logo reduciuse a 50 e agora a 6, isto tendo eu a sinal perfecta e cos test de velocidade feitos de 900 e pico de subida e 1000 de baixada. Isto é un engano, para que queremos 1 mega de velocidade prometido ¿para ler o periodico ou abrir un e-mail? RIDICULO. O outro dia chameinos e saime unha rapaciña que non tiña nin idea do que lle estaba a falar cando lle preguntei se estaban filtrando os portos para os p2p, diciame que non que iso habia que abrilos no router e que xa estaba, insistindolle en que iso xa o tiña mais que feito, puxome con un tecnico que tampouco sabia q responder, asi ata que me puxeron a Carlos e me dixo que si que estaban “priorizando” a navegación, que chiste, estos o que non queren é pagar mais a ono e dar o mega que prometen a todos, asi limitan a velocidade para que non comamos o ancho de vanda que nos prometeron, para que asi haxa para repartir, PATETICO. O peor e a xente á que están enganando con tonterias, o que non din e que che dan un 5% da velocidade que prometen para descargar por exemplo un videoclip por p2p.

É certo que as redes P2P consumen moito ancho de banda, de aí que os da Estrada Dixital primaran os portos de acceso web fronte aos P2P para que a rede wifi funcionara mellor para un maior número de usuarios. O problema é que moitos deses usuarios queren acceso a internet, precisamente para iso, de aí o cabreo.

O Concello, segundo se desprende da noticia que aparece hoxe no Faro de Vigo, quere axilizar a concesión da licenza de obra á compañía de fibra óptica R, que proporcionará servizo de internet de banda ampla ao casco urbano, quedando coma sempre o rural a velas vir.

Desde logo isto é unha boa noticia para boa parte do Concello, sobre todo o casco urbano (coma sempre o rural quedará á marxe), que poderán elixir entre varios operadores que proporcionan servizo de acceso a internet de banda ampla. Agora ben, isto tamén irá en detrimento de A Estrada Dixital que verá mermada a súa cuota de mercado, xa que, aínda que si que ten un prezo competitivo, non ofrece a calidade de servizo destes operadores, sobre todo se non fai as modificacións técnicas  necesarias na rede para que funcione de xeito óptimo, e evitar deste xeito os problemas nas comunicacións que se están apreciando na actualidade, que levou ao aprazamento en máis dunha ocasión da plena entrada en funcionamento da rede de A Estrada Dixital, que recordemos, a última previsión da posta en funcionamento pleno fíxose para este mes de setembro, tal e como anunciou nos medios Dono e o Concelleiro de Cultura, Obelleiro, hai uns meses.

Hai un novo blog, que tamén nos fan chegar as súas opinións sobre o noso Concello, chámase Esto con Chito non pasaba.

Un blog máis que se suma ao que xa chamamos no seu día “Bloguestrada” (blogs que falan das cousas que pasan na Estrada), no que atopamos a aestragada.com, O Mundo desde un Chimpín, O Terceiro Ollo, Pablokani e Un Queique de Que. Se hai algún máis que non apareza na lista facédenolo saber.

Acabamos de oir en Radio Estrada que o PP e o PSOE adxudicaron un contrato de 280 mil euros sin a publicidade debida para esta cuantía.

O tema é que A Estrada Dixital necesita uns chismes para que os usuarios se conecten a internet, e resulta que estes aparatos só os pode proporcionar unha empresa.

Resaltar que, segundo as declaracións do BNG, a rede wifi costa máis de 840 mil euros, 140 millóns de pesetas.


As declaracións do BNG

O poder dos medios de comunicación é moi grande, tanto que habitulamente dise aquelo de que se non saes na tele ou nos medios non existes e ninguén sabe de ti. Pois aquí están os 8 minutos de gloria de A Estrada Dixital e rede wifi.

O 30 de xaneiro A Estrada Dixital dou a coñecer ó mundo enteiro a posta en marcha da rede wifi en todo o Concello. Despois de casi un mes, decidímonos a facer unha solicitude de alta e ver que pasa.
Decimos a ver que pasa porque, chegáronos noticias de que en determinadas zonas do Concello, sobre todo no rural, está habendo problemas, e parece ser que os usuarios, en algún caso, necesitan instalar algún tipo de dispositivo que costa entre 90 e 100 euros.

Sinceramente pagar 10 euros mensuais, que é o coste que ten a wifi na Estrada, é un prezo moi asequible, sobre todo tendo en conta os prezos que se manexan para acceder a internet no resto de proveedores de acceso, pero tamén é un pouco inxusto que algúns, -non sabemos si son moitos ou poucos-, teñan que pagar un “extra” para acceder a internet en igualdade de condicións.

Moito gastou o Concello no novo portal web que sustiuiu ó oscuro que había hai uns meses; segundo nos fixeron saber, costou uns 250 mil euros. Pero a sustitución ó noso parecer non cumpre as expectativas creadas e iso que estamos nunha cidade dixital.

Na nosa opinión é incómodo navegar por el, costa atopar as cousas, mesmo a normativa, que sería unha das cousas que máis se debería destacar. Faltan contidos, moitos, sobre todo bótase de menos que non se poidan descargar as actas dos plenos, como ocurre na páxina do Concello de Vigo ou Vilagarcía.

Outra cousa que nos chamou á atención son as fotos: hai dúas galerías, unha A Estrada onte e A Estrada hoxe. A calidade destas últimas é cuestionable e non digamos a actualidade, nunha delas ata sae a fonte do Concello que xa non existe (afortunadamente, xa que ao noso entender eliminar a fonte foi unha das decisións máis acertadas do PP nos últimos tempos).

A ver se o xornalista que contrataron lle dá outros aires a este portal.

Remexendo pola rede atopamos esta noticia sobre a valoración dos portais municipais da nosa comarca. E aquí o informe orixinal con todos os concellos de Galicia.