En Radio Estrada entrevistaron a Dono, que poderedes escoitar máis abaixo. Falaron de todo un pouco: urbanismo (agora parece ser que se vai aprobar nun ano), do pacto co BNG (que terá que aprobarse entre hoxe e mañá), sobre o pouco orzamento que queda por executar, etc.


powered by ODEO

Para quen non estivera no pleno do sábado e para quen non puido oir esta mañá Radio Estrada, aquí vos deixamos a gravación do Pleno de toma de posesión e investidura do novo Alcalde.


powered by ODEO

Polo seu interese, xa que volve a insistir nas “outras posibilidades de goberno”, poñemos a vosa disposición as declaracións que fixo hoxe Tallón para Radio Estrada.

Segundo puidemos oir hoxe pola mañá na Radio Galega, o PSOE da Estrada non descarta entablar conversas con outras forzas políticas, a parte do BNG, de cara a conseguir un acordo estable de goberno. A continuación a gravación do informativo local da Radio Galega desta mañá (o referido á Estrada está ao final).


De la Calle teno claro: os homes a xogar a partida e as mulleres no supermercado ou comprado uns trapiños. Iso si, pero que lle digan á xente que hai que votar ao PP.

Non nos sorprenden estas declaración de De la Calle, feitas no mitin do pasado sábado, como tampouco nos sorprenden que das cinco intervencións que houbo ningunha foi dunha muller. Seguramente, tendo en conta o dito polo candidato do PP, as mulleres deste partido debían estar no super, que lles coincidía enfrente, ou quedaron no pobo comprando uns trapiños.

Con un discurso tan elaborado xa entendemos porque non vai aos debates televisivos.

En Radio Estrada acaban de dar a noticia da dimisión de Figueiras como concelleiro e das súas responsabilidades dentro da executiva local do PSOE. Ainda que cita que son por razóns estritamente persoais, escusa que sempre se dá para esconder outras razóns de tipo persoal, pero politicamente incorrectas, como era a súa pretensión de repetir como concelleiro nas vindeiras eleccións municipais.
Dono cedeu ante Espiño pero non ante Figueiras, que pensou que con un da vella garda sería suficiente, e que con dous a súa idea de renovar o grupo municipal quedaría nunha mera declaración de intencións.

A incógnita agora é se Figueira se irá para a casa ou buscará acomodo noutras filas políticas; decímolo porque se por algo se caracterizou esta persoa é pola súa intensa actividade pública: concelleiro, presidente da ACE, vicepresidente 2º da Cámara de Comercio de Vilagarcía, e empresario.