Coma sempre, pagan xustos por pecadores, pero vémonos na obriga de moderar os comentarios, porque nos últimos días tivemos que eliminar comentarios cheos de insultos persoais, algo que baixo ningún concepto estamos dispostos a permitir nesta páxina. Xa sabemos que a moderación restaralle axilidade, e mesmo nos dará máis traballo, pero non estamos dispostos a que o Ruxe-Ruxe se converta nun “insultódromo”, así que durante uns días os comentarios estará moderados e unha vez lidos polos administradores serán públicos.

Parece unha maldición ou unha perversa casualidade ou, no peor dos casos, una conspiración en toda regla, pero a dous días das eleccións houbo outro atentado, desta volta de ETA. Hai catro anos foi Al-Qaeda ou algunha das súas franquicias, que, con unha masacre, condicionaron as eleccións.

Xa é demasiada casualidade e a todos nos debería facer reflexionar.

Nos últimos días viamos na prensa que no Concello había unhas colas quilométricas de persoas que ían recoller as cédulas catastrais, nada máis nin nada menos que á Alcaldía, como se non houbera sitios mellores para recoller o papeliño de marras. Bueno, pois agora as colas van a cambiar de rúa, trasladándose para o Teatro Principal. Así que xa sabedes.