Mai
7
A Cidade do Moble máis cerca
Categorías: BNG, Cidade do Moble, Industria | Fai un comentario
Un dos proxectos máis importantes que ten o goberno galego para A Estrada, a Cidade do Moble, atópase nos últimos trámites administrativos antes da súa aprobación definitiva. Hoxe sae nos medios locais que a Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, e que nos últimos días tivo un protagonismo especial polas Normas de Hábitat Galego, non moi ben recibidas por unha parte dos seus socios de gobernos, remitiu ao Concello a Modificación Puntual do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia para a inclusión da Cidade do Moble da Estrada nas súas actuacións así como o Informe de Sostenibilidade Ambiental, o Proxecto Sectorial da Cidade do Moble da Estrada e o Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto Sectorial da Cidade do Moble da Estrada. Todos estes documentos estarán expostos durante 2 meses durante os cales se poderán presentar alegacións, tendo un mes a administración para contestalos.
Recordar que a Cidade do Moble estará situada na parroquia de Lagartóns, onde hai asentadas preto de 20 empresas, relacionadas na súa maior parte co sector do moble, e todas elas fora de ordenación. Recordar tamén que contra este proxecto hai unha certa contestación social, aglutinados en torno á Asociación Val do Liñares, opostos á ubicación da Cidade do Moble neste lugar.
Mar
5
A voltas coa Cidade do Moble
Categorías: Cidade do Moble | 44 comentarios
Dende hai tempo o colectivo de Defensa do Liñares ven posicionándose en contra da construción da Cidade do Moble en Lagartóns, onde hai instaladas preto de 20 empresas relacionadas co sector, así como outras doutro tipo de activades. Nestes días a Sociedade de Caza e Pesca Río Ulla ven amosando a súa desconformidade coa ubicación da depuradora que está proxectado construír na Cidade do Moble, amosando o seu interese en presentar alegacións neste sentido, aínda que puido facelo no seu momento na fase de exposición pública do proxecto, hai máis dun ano.
O Colectivo de Defensa do Liñares acusa ao BNG de utilizar “ese asunto como arma electoralista”, ao anunciar o 16 de febreiro que en seis meses o proxecto aprobarase no Consello da Xunta. Certo é que nos días que corren xa non sabemos cando empeza a campaña electoral e cando non, pero oficialmente a campaña empezou o 22 de febreiro, polo que non ten moita lóxica acusar de electoralista este anuncio, que o tempo dirá se se cumpre ou non.
Set
20
Cidade do Moble ¿no río Liñares?
Categorías: Cidade do Moble, Ecoloxía, Opinión | 15 comentarios
Pegamos a continuación un texto de opinión que nos fixo chegar por correo electrónico Damián Porto Rico sobre a Cidade do Moble.
Cidade do Moble ¿no río Liñares?
Por Damián Porto Rico
Baixo o altisonante nome de “Cidade do Moble” (pomposo porque A Estrada non acada máis que a categoría de vila), a próxima construción do Polígono Sectorial do Moble nas beiras do río Liñares amenaza ao patrimonio cultural e natural da maioría dos estradenses e de todos os galegos.
Non pretendemos facer nas seguintes páxinas un exercicio de demagoxia conservacionista ou de “ecoloxismo de palleiro”. Esa é labor que políticos e xornalistas, colectivos completamente discapacitados no que se refire a temas medioambientais, levan anos a desenvolver, conculcando os máis elementais dereitos informativos e educativos e mesmo promocionando actuacións ilegais. Ler m�is
Set
2
A Estrada precisa un cambio
Categorías: Cidade do Moble, Fundación de Exposicións, Opinión | 2 comentarios
Baixo este título chegounos unha mensaxe ao noso correo electrónico onde se nos pedía a publicación na nosa web do artigo adxunto. Isto dános a oportunidade de abrir unha sección nesta páxina que dedicaremos as opinións, máis ou menos elaboradas como é esta, dos nosos lectores, para o que queda á vosa disposición o noso correo electrónico: ruxeruxe@gmail.com
A Estrada precisa un cambio
Autor: Outra Estrada é posible
Outra vez a Santa Alianza saíu en defensa dos “intereses da Estrada” cunha campaña para tapar a defensa dos seus intereses particulares. Nin sequera teñen o decoro, aqueles que usaron a Fundación para contratar parentes, de manter a boca pechada. O PSOE enchufou a un concelleiro de forma escandalosa e fraudulenta para dirixir o cotarro. O PP, co antigo xerente á cabeza, está interesado en manter as cousas como el as deixou e Reboredo ademais das miserias persoais relacionadas con este tema (familiar contratada por esta vía) está interesado en levantar unha cortina de fume para tapar o xuízo que se celebra este mes contra el. Dono é o máximo interesado en que o tinglado quede como estaba e por iso impediu a entrada no Padroado do BNG pasando dos resultados electorais e da vontade dos Estradenses que lle outorgaba esa representación, pactando outra volta co PP para lograr a exclusión (cando se fundirán nun só partido?) A Fundación é unha peza fundamental para a alimentar a rede caciquil que herdou e que o puxo no poder. Por iso impediron que se profesionalizara a xerencia cunha oferta pública transparente e cunha contratación por mérito e capacidade. Onde están os intereses da Estrada en colocar a un “amigo e correlixionario” en palabras de Espiño? Os intereses da Estrada estarían en contratar ao mellor. Ler m�is
Out
11
Reunión de veciños de Lagartóns afectados pola cidade do moble
Categorías: Cidade do Moble | Fai un comentario
O domingo ás sete da tarde celebrouse unha reunión de veciños afectados polas obras da cidade do moble, que se está construíndo na parroquia de Lagartóns. Nesta reunión había persoas que non só pertencían a esta parroquia se non que había xente de lugares limítrofes, que foron avisados casa por casa e mesmo a través dos medios de comunicación, -en radio Estrada foi donde nos enteramos-, e dada a importancia desta xuntanza decidimos asistir a ver que se cocía.A cidade do moble é unha desas obras que concita o consenso de todas as forzas políticas e da maior parte dos sectores sociais, sobre todo do sector do moble, moi interesados en que esta obra se faga dada a importancia do sector na Estrada. De entre os partidos políticos, o máis interesado é o BNG, pois son as súas consellerías as que elaboraron este proxecto, polo que se xogan gran parte das súas aspiracións nas eleccións municipais, e por este motivo o están defendendo con capa e espada. Tanto é así, que alí se presentaron diante dos veciños reunidos para escoitar o que alí se decía, e rebater os argumentos alí esgrimidos se fora necesario; e abofé que así foi. Pois como dicía, alí se presentaron Raquel López, virtual candidata á alcaldía, e os concelleiros, Noa e Xan Carlos, que á marxe de que teñan razón ou non, non se lles pode negar a valentía para aparecer nunha reunión na que, aparentemente, tíñano todo en contra; aparentemente…
A reunión foi bastante tensa, os veciños acusaron de oscurantismo á administración pero tamén ós empresarios de Lagartóns, indicando que lles prohibiran acudir ó avance do proxecto no que estivo presente o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Tamén subliñaron que gracias á presión dos veciños conseguiron que a planta de biomasa non se incluíra no proxecto, pero un dos asistentes añadeu outro elemento de inquietude: a posible construción dunha planta incineradora de residuos dentro da cidade do moble. Isto fixo que Raquel, concelleira do BNG, saltara como un resorte negando tallantemente tal afirmación.
Pero na reunión houbo outras afirmacións curiosas e que nos fixeron reflexionar; os do BNG, nun momento dado da reunión, dixeron que no PXOM que se está elaborando actualmente, a catalogación do solo donde se ubicará a cidade do moble é de solo industrial, e na fase de alegacións non se presentou ningunha alegación por parte de veciño algún ou colectivos para evitar que nesa zona se instalaran máis industrias das que xa hai ou un polígono industrial privado. Ademáis, parece ser que a cidade do moble é un polígono 100% público que contempla a protección e rexeneración do río Liñares, para uso e disfrute dos veciños.
Estas afirmacións, como xa dixemos, fíxonos reflexionar, e como a nós a moitos dos presentes, sobre quen pode estar organizando a estes veciños e, sobre todo, con que fins, porque nos tememos que aquí non só hai intereses políticos para desbaratar ou, cando menos, poñer atrancos a construción deste polígono industrial do moble.
