Nos últimos días viamos na prensa que no Concello había unhas colas quilométricas de persoas que ían recoller as cédulas catastrais, nada máis nin nada menos que á Alcaldía, como se non houbera sitios mellores para recoller o papeliño de marras. Bueno, pois agora as colas van a cambiar de rúa, trasladándose para o Teatro Principal. Así que xa sabedes.

Lixo na leiraHai tempo as leiras servían botar millo, ter pastos, etc… para o gando, hoxe, ante o abandono que se ven producindo dende hai un cantos anos no rural, as leiras parece que sirven para calquera cousa, mesmo para tirar lixo de xeito indiscriminado como se pode ver na imaxe. Este basureiro está situado na parroquia de San Xulián de Vea, a escasos metros do río Vea, segundo nos comentan no correo electrónico que nos enviaron, o SEPRONA xa ten constancia do mesmo dende hai algún tempo, pero a día de hoxe o lixo segue acumulado na leira ante a pasividade deste organismo. Ignoramos é se a Concellería de Medio Ambiente ten constancia deste basureiro.

Hoxe estaba previsto que se iniciara o xuízo por un presunto delito de prevaricación urbanística do anterior alcalde, Ramón Campos, e seus compañeiros de corporación no ano 1993 e 1994, logo de que se adiara porque o xulgado de declarara incompetente para xulgar a estas persoas porque se lles solicitaba máis pena que da que podía condenar. Vamos, un lio e unha perda de tempo.

Pero é que agora posponse de novo o xuízo porque Don Ramón non compareceu, debido a que está de “vacacións”. Pero a quen se lle ocorre convocar a Chito para un xuízo coincidindo co seu período vacacional? Vamos home!!!.

En fin, que o xuízo pasa para o día 15 de decembro, e a estas alturas levamos xa 14 anos agardando para que se faga xustiza.

Debeu ser pola influencia mediática que estamos a ver nos últimos días onde grupos ultra se enfrontan uns con outros ou simplemente polas aparencias persoais, -non sabemos-, pero o dispositivo montado polo Goberno Civil para Inferno Rock celebrado este fin de semana semellaba máis o cumio dos Sete Grandes que un evento musical ao que acudiron, iso si, moitos afeccionados á boa música. Cacheos, rexistros, etc, foi o habitual e bastante discriminado, centrándose máis “nas pintas” que noutro tipo de cousas como por exemplo o consumo público de estupefacientes ou alcohol. Por certo, gustaríanos saber por que o Goberno Civil se tomou tantas molestias con este festival e logo mira para outro lado cando se celebran os botellóns na rúa, onde se reúne un maior número de persoas, sobre todo nas cidades?.

Alén disto, segundo parece as dificultades para os organizadores non só se centraron neste despregue de forzas da orde, segundo parece por parte do Concello tamén houbo “pequenos” atrancos para que este evento se levara a cabo con normalidade. Segundo Dono fíxose especial fincapé na seguridade, cousa que nos parece correcto, pero supoñemos que non hai que esperar ao último día para mirar ese tipo de temas. Por certo, como sabedes o Inferno Rock celebrouse na Discoteca Lennon, o mesmo recinto onde o PSOE pechou a campaña electoral; daquela, Dono tamén foi celoso coa seguridade?.

Recordaredes que alá polo mes de setembro o ex-alcade Ramón Campos e  o seus concelleiros na coporación de 1994 comparecian perante o xulgado de Pontevedra para dar conta dun presunto delito de prevaricación urbanística, e quedara adiado porque o xulgado declarouse incompetente para poder xulgalos, hoxe deuse a coñecer a data do xuízo, e, contra o que pensabamos daquela, o xuízo na audiencia de Pontevedra será previsiblemente o 27 deste mes.

Así que Ramón Campos, Reboredo, Arca e compañía ese día terán que repetir os mesmos argumentos que esgrimiron o 18 de setembro pasado para ver se zafan, en algún caso, do cárcere.

Ao máis puro estilo Mister Marshall, só lle faltou saudar desde o balcón, Touriño chegou á Estrada cargado de promesas: Cidade do Moble, ampliación do Pérez Viondi, residencia de maiores, apertura acceso á AP-53 por Orazo, traída de auga do Umia, autovía Santiago-A Estrada e a variante da Estrada.

Pero repasemos unha por unha:

  • Cidade do Moble, é unha obra posta en marcha pola Consellería de Industria e a Consellería de Vivenda e estase á espera de que se remate definitivamente o proxecto.
  • Pérez Viondi: dependente da Consellería de Educación, de momento é unha promesa.
  • Residencia de maiores: dependente de Vicepresidencia, de momento é unha promesa, porque primeiro hai que atopar solo dispoñible.
  • Acceso á AP-53: dependente da COTOP está pendente de arranxar uns problemas veciñais.
  • Traída do Umia: dependente da Consellería de Medio Ambiente, de momento non pasa de promesa.
  • Autovía Santiago-A Estrada: dependente da COTOP, de momento non pasa de promesa.
  • Variante da Estrada: dependente do Ministerio de Fomento; aínda non hai moitos días o BNG anunciaba que chegou a un compromiso co goberno central de incluír 1.300.000 euros para a Variante nos orzamentos do estado de 2008.

Por certo, como se pode apreciar nunha foto que saíu nun medio local, a “nova infantería” estaba presente neste importante acto.

Cando foi o momento da inauguración da Estación de Autubuses todo foi festa, dixo xa hai máis de 10 anos, e o PP encargouse de vender este logro unha e mil veces. Hoxe está abandonada a súa sorte. Para que vexades o estado de abandono no que se atopa podedes ver unha reportaxe que fixo Estrada Televisión e que emitiu onte no seu informativo. Non ten desperdicio.

Resulta que os alumnos de FP, ciclo formativo da madeira, quedáronse sen aulas onde facer as prácticas, xa que ían á Fundación de Exposicións e Congresos onde hai unhas homologadas para o plan FIP de madeira. E como todos non collen, e alquén ten que quedarse sen clase, toucoulles aos do Losada Diéguez, que estaban de prestado na Fundación, porque resulta que o Instituto non se poden ampliar por mor da calificación do solo anexo que disque é rústico, e como resulta que tampouco hai PXOM e están en vigor unhas normas transitorias non se pode facer nada. En resmuen, que todo son problemas.

Vale que o do PXOM xa ven de vello, pero por que a Fundación de Exposicións non avisa con tempo para buscar unha solución? por que se espera a empezar o curso para que todo salte polos aires?. Supoñemos que os do Losada Diéguez non foron para a Fundación porque se lles ocorreu a eles; supoñemos que a Consellería de Educación acordaría ca Fundación a utilización desas aulas; entón, por que a Fundación decide unilateralmente chimpar fóra aos do Losada Diéguez?

Efectivamente, tal e como apunta “xoan” no seu comentario, os orzamentos dos estado 2008 só contempla un incremento de só 50.000 euros para a “Variante da Estrada”, que ten un custe de 916.000 euros (ver na páxina 5).

Este é unha obra iniciada en 2004 e con previsión de finalización en 2009, se costa 916.000 euros, no 2007 aportáronse 400.000 e prevese un incremento de 50.000 euros para 2008, e unha proxección para 2009 de só 25.000, está claro que esta obra non se remata no ano previsto.

Daquela ten que ser a presión política do Concello no seu conxunto, é dicir, de todas as forzas políticas, a que solicite inmediatamente o aumento do orzamento xa para 2008, para unha obra que levamos anos esperando por ela, e que é imprescindible para a Estrada, que eliminaría boa parte do tráfico rodado que pasa pola vila, sobre todo o pesado, que, concretamente, os camións que veñen de Santiago e queren ir a Pontevedra ou Lalín son desviados pola Rúa da Cultura, enlazando despois cunha “pistiña” que non é o camiño máis axeitado para este tipo de vehículos.

Segundo se desprende no que aparece na prensa o xuízo ao ex-Alcalde Ramón campos e oito dos seus concelleiros entre terá que agardar un ano máis, porque o xulgado declarouse incompetente porque as penas que pide o fiscal exceden o ámbito da súa competencia, porque os acusados escolleron o Código Penal máis beneficioso para os seus intereses. Así as cousas, ata pasado un ano non haberá xuízo, e será a Audiencia de Pontevedra a que xulgue ao ex-alcalde e aos oito concelleiros, que os veremos de novo sentados no banquiño dos acusados.

A noticia na prensa:

Faro de Vigo: El juez remite la causa penal a la Audiencia y el fiscal retira los cargos contra Somoza
La Voz de Galicia: El juzgado remite a la Audiencia el caso del urbanismo en A Estrada
El Correo Gallego: El juicio a ex gobernantes de A Estrada es remitido a la Audiencia Provincial

Páxina seguinte →