O Alcalde quere remodelar a Casa do Concello, recuperando a cuberta orixinal de 1904 para gañar espazo e utilizar a última planta. Para abordar esta remodelación está chamando ás portas da Consellería de Presidencia e da de Cultura. O proxecto de remodelación custa 1.700.000 euros.

Supoñemos que haberá problemas de espazo no Concello, simplemente, dándose un paseo polas distintas dependencias non se ve un oco libre, e sempre resultará máis barato facer unha remodelación de como se pretende que facer un novo como está a facer Lalín, cuxo orzamento está xa en 12 millóns de euros. De todos os xeitos hai no noso Concello edificios históricos que tamén necesitarían un lavado de cara, por exemplo a Torre de Guimarei, da que nada se sabe a día de hoxe.

Xenerais do UllaOs atranques dos Xenerais é algo que caracteriza aos concellos que están á ribeira do río Ulla: Vila de Cruces, Silleda, Vedra, A Estrada, Teo, Carcacía, etc, teñen os seus xenerais, que recitaban as súas coplas nas aldeas onde estes teñen tradición. Este ano será o segundo consecutivo no que os Xenerais soben á Estrada a facer o seu espectáculo, no canto de facelo nos lugares onde é tradición. E neste sentido, parece que é intención da Concellería de Cultura potenciar o entroido na Vila, mentres se deixa esmorecer nas aldeas. Con todo parece que dende Turismo tentarase, a través da Asocicación creada para o efecto, que no vindeiro ano 2009 estes encontros se leven a cabo nas aldeas, malia a que algúns prefiran ir por libre, o que precisamente nos levou á situación actual.

A Estrada Rural, libro de Manuel Reimóndez PortelaCaeu por casualidade nas nosas mans o libro recentemente editado de Manuel Reimóndez Portela, A Estrada Rural, ampliado por Valentín García, e no que colaboraron significados persoeiros da vida cultural da Estrada. Temos que dicir que se trata dun libro enorme, non só físicamente, xa que ten máis de 400 páxinas, senón polo contido, que debulla de xeito exhaustivo cada unha das 52 parroquias e os máis de 400 núcleos de poboación que compoñen un dos concellos máis grandes de Galicia.

Se algún problema lle vemos ao libro non é ao contido que consideramos magnífico, máis si á presentación. Por un lado a portada, que se nos presenta unha foto da Ponte de Gundián no Concello de Vedra, pola que pasa o tren, e non ten moito sentido tratándose dun libro sobre A Estrada, onde hai monumentos emblemáticos de sobra para plasmar na portada (Pazo de Oca, Torre de Guimarei, a Casa do Concello, etc); e por outra banda as fotos, que ben podían ser a cor as máis actuais e as históricas pois en branco e negro. Sabemos que as publicacións á cor son máis caras pero a Deputación de Pontevedra ben podía estirarse un pouquiño na presentación desta obra enciclopédica sobre A Estrada. De todos os xeitos, é un bo agasallo para este Nadal.

Debeu ser pola influencia mediática que estamos a ver nos últimos días onde grupos ultra se enfrontan uns con outros ou simplemente polas aparencias persoais, -non sabemos-, pero o dispositivo montado polo Goberno Civil para Inferno Rock celebrado este fin de semana semellaba máis o cumio dos Sete Grandes que un evento musical ao que acudiron, iso si, moitos afeccionados á boa música. Cacheos, rexistros, etc, foi o habitual e bastante discriminado, centrándose máis “nas pintas” que noutro tipo de cousas como por exemplo o consumo público de estupefacientes ou alcohol. Por certo, gustaríanos saber por que o Goberno Civil se tomou tantas molestias con este festival e logo mira para outro lado cando se celebran os botellóns na rúa, onde se reúne un maior número de persoas, sobre todo nas cidades?.

Alén disto, segundo parece as dificultades para os organizadores non só se centraron neste despregue de forzas da orde, segundo parece por parte do Concello tamén houbo “pequenos” atrancos para que este evento se levara a cabo con normalidade. Segundo Dono fíxose especial fincapé na seguridade, cousa que nos parece correcto, pero supoñemos que non hai que esperar ao último día para mirar ese tipo de temas. Por certo, como sabedes o Inferno Rock celebrouse na Discoteca Lennon, o mesmo recinto onde o PSOE pechou a campaña electoral; daquela, Dono tamén foi celoso coa seguridade?.

Un corto feito na Estrada. Interesante!!!

Producciones Trípode

Onte saíu na prensa que a Consellería de Industria destinará 315.000 euros para o acondicionamento do entorno do Campo do Medio en Sabucedo no marco dun proxecto de revitalización desta parroquia da Estrada. Efectivamente é unha moi boa noticia non só para Sabucedo, senón para A Estrada, pois a Rapa das Bestas é unha festa de interese turístico internacional, e o acondicionamento do espazo onde se celebra a mesma é moi necesario para potenciar aínda máis este evento festivo-cultural.

Curiosamente nesta ocasión o Alcalde Dono non saíu nos medios felicitando á Consellería de Industria por destinar os 315.000 euros a Sabucedo, como si fixo cando a mesma Consellería baixou de 120.000 a 60.000 a súa aportación á Fundación de Exposicións e Congresos, debido á escasa actividade feiral que desenvolve o recinto. E oportunidades non lle faltaron, fai roldas de prensa todos os días.

rapa das bestas de sabucedoEnterámonos polo Chuza, que a Rapa de Sabucedo sae na páxina web o xornal The Time, nunha sección que dedican ás festas “peculirares” ou “excéntricas” que hai polo mundo adiante, así na mesma sección saen a Tomatina de Bunyol ou que tiran de queixos por un outeiro abaixo, que nada teñen a ver coa festa tan antiga e arraigada na nosa terra como é esta da Rapa da Bestas de Sabucedo, un festa de interese turístico internacional. Desde logo nada que ver coa reportaxe de National Geographic.

Tendo en conta o nivel de endebedamento do Concello, non é ningunha sorpresa que se nos anuncie que non hai cartos para exercer o dereito de retracto amparado na recente sentenza do Tribunal Supremo para que o Concello merque a Torre de Guimarei. Dono e Obelleiro (Concelleiro de Cultura) terán que petar nas portas das Consellerías, dos Ministerios, Deputación e algún banco para conseguir os cartos necesarios para comprar a Torre de Guimarei.

Faro de Vigo: El gobierno de A Estrada busca financiación urgente para adquirir la Torre de Guimarei

El Correo Gallego: Buscan financiación para la torre de Guimarei

Parécenos moi ben que nos traian estrelas da música de fora do noso Concello, pero por que non invitan tamén a este festival de música a GalegoZ, Matraca Perversa, Nao, Esquiu… Grupos da Estrada.

Debe ser que no Concello pensan que o de fóra é mellor co da Estrada.