Jan
24
Unha comida que dá moito de si
Categorías: Curiosidades, Deporte, PP | 8 comentarios
Xa que non podemos ligar a noticia que sae hoxe no Faro de Vigo, en Deportes, transcribimos parte da mesma pola súa importancia:
La Diputación baraja subir las subvenciones al Reale
La Diputación Provincial de Pontevedra estudia incrementar las ayudas económicas que otorga al Reale Seguros Club Deportivo Estradense Fútbol Sala. Así se lo hizo saber, el pasado martes, el delegado de Deportes del organismo provincial, José Enrique Sotelo, a varios directivos rojillos, encabezados por Manuel Sanmartín, en el transcurso de una comida celebrada en un céntrico restaurante de A Estrada, a la que también asistieron el portavoz de grupo municipal del Partido Popular, José López Campos, el ex-alcalde, Ramón Campos, y los jueces decanos de Santiago y Pontevedra.
Como vedes, trata da reunión que mantivo José López, Ramón Campos, Directivos do Estradense con Vicepresidente da Deputación para incrementar ás axudas económicas ao Reale. Ata aquí nada raro.
Pero o interesante ven ao final: parece ser que na comida tamén estiveron os xuíces decanos de Santiago e Pontevedra. A cousa, a priori, non tería moita importancia, pero dáse a casualidade que en poucas semanas Ramón Campos coñecerá a sentenza do xuízo por presunta prevaricación, e manter unha reunión con xuíces fai levantar sospeitas innecesarias, e ao mellor na comida, a parte de fútbol, tamén se falou de sentencias xudiciais, porque supoñemos que estas dúas persoas non serán xuíces de liña, non?.
Dez
5
Traslado das colas do catastro
Categorías: Avisos, Curiosidades, con_moita_calma | Fai un comentario
Nos últimos días viamos na prensa que no Concello había unhas colas quilométricas de persoas que ían recoller as cédulas catastrais, nada máis nin nada menos que á Alcaldía, como se non houbera sitios mellores para recoller o papeliño de marras. Bueno, pois agora as colas van a cambiar de rúa, trasladándose para o Teatro Principal. Así que xa sabedes.
Set
5
Don Ramón xa ten rúa
Categorías: Curiosidades, PP | Fai un comentario
Non sabemos se é unha crítica polo “ben” que quedaron as beirarrúas do Souto de Vea e polos problemas que deu a súa construción ou é que algún acólito seguidor de Don Ramón quere dedicarlle unha rúa ao que foi durante 15 anos Alcalde da Estrada, pero a pasada fin de semana nesta parroquia podía ver o cartel que podedes ver na foto, e que foi retirado nos últimos días.
Set
4
A Rapa in The Time
Categorías: Cultura, Curiosidades, Festas | Fai un comentario
Enterámonos polo Chuza, que a Rapa de Sabucedo sae na páxina web o xornal The Time, nunha sección que dedican ás festas “peculirares” ou “excéntricas” que hai polo mundo adiante, así na mesma sección saen a Tomatina de Bunyol ou que tiran de queixos por un outeiro abaixo, que nada teñen a ver coa festa tan antiga e arraigada na nosa terra como é esta da Rapa da Bestas de Sabucedo, un festa de interese turístico internacional. Desde logo nada que ver coa reportaxe de National Geographic.
