Mai
7
Lixo nos muíños de Barbude
Categorías: Denuncia, Medio Ambiente | 4 comentarios
Gracias á aportación dun dos noso visitantes habituais do Ruxe, Xoan, chegounos por correo electrónico unhas fotos que mostran o estado no que se atopan os muíños de Barbude, que hai uns meses foron a visitar unha comitiva de políticos locais e autonómicos.
Subliñar en primeiro lugar que a responsabilidade primeira da limpeza do lugar corresponde a todos, a todos os que visitan o lugar e algúns desalmandos pensan que aquelo é unha escombreira. En segundo lugar a responsabilidade, se falla a primeira, corresponde ás autoridades locais manter limpo un lugar de indubidable interese turístico.
Jan
26
Unha difícil solución
Categorías: Denuncia | 5 comentarios
Hoxe fomos a sacarlle unha foto ao famoso tramo de estrada que está fronte ao Centro Médico do Souto de Vea en donde morreu atropelado non
hai moitas semanas un veciño do lugar. Os familiares reclaman unha solución, aínda que para o finado xa é tarde e o Concello parece que se interesou polo tema.
Como podedes apreciar na foto, -o certo é que demos co día axeitado-, o lugar onde está ubicado o Centro Médico non é o máis indicado,-ao outro lado dunha concurrida estrada e sen pasos de peóns nin nada que se lle pareza-, pero o que fai verdadeiramente perigoso cruzar por ese tramo é a néboa que habitualmente se rexistra nesta zona en concreto, e que fai moi difícil atopar unha solución para que os veciños poidan cruzar a estrada e ir ao médico sen temer pola súa vida. Como dixemos o Centro Médico non está no mellor lugar, pero houbo quen pensou xusto o contrario.
Dez
23
E van dous neste mes
Categorías: Denuncia | 1 comentario
O 8 de decembro un mozo de 21 anos falece en accidente de tráfico ao final da recta de Baloira. Hoxe, 23 de decembro, morre outro de 20 en Lagartóns.
Unha sangría que non ten fin.
Dez
1
Lixo na leira
Categorías: Denuncia, con_moita_calma | Fai un comentario
Hai tempo as leiras servían botar millo, ter pastos, etc… para o gando, hoxe, ante o abandono que se ven producindo dende hai un cantos anos no rural, as leiras parece que sirven para calquera cousa, mesmo para tirar lixo de xeito indiscriminado como se pode ver na imaxe. Este basureiro está situado na parroquia de San Xulián de Vea, a escasos metros do río Vea, segundo nos comentan no correo electrónico que nos enviaron, o SEPRONA xa ten constancia do mesmo dende hai algún tempo, pero a día de hoxe o lixo segue acumulado na leira ante a pasividade deste organismo. Ignoramos é se a Concellería de Medio Ambiente ten constancia deste basureiro.
