Agora si. Manuel Sanmartín presentou a súa dimisión como Vicepresidente do Estradense e Presidente do Reale. Segundo as súas declaracións que podedes ver no seguinte vídeo, xa hai algúns meses que xa presentara a súa dimisión, pero por distintos motivos adiouna ata hoxe. Manuel Sanmartín di que o Clube necesita un “impulso e unha renovación”, logo duns anos de éxitos, algúns deles amargos ao non poder conseguir os obxectivos marcados por cuestións extra-deportivas; considera por tanto, que o o traballo que desenvolveu foi un éxito e que se vai sen resentimento hacia ninguén, agradecendo a “todos” o apoio recibido en maior ou menor medida.

O relevo
Farase cargo da Vicepresidencia Ramón Puga, ao que lle desexa moita sorte nesta nova andaina.

O tema económico
Antonio Iglesias, Presidente do Estradense, quixo facer unhas aclaracións sobre o tema económico. Segundo explicou o clube está saneado economicamente, os xogadores do Reale están ao día e os Estradense cobraron a mensualidade de febreiro, faltando a de marzo e a deste mes, pero considera que coa subvención do Concello estaría solucionado o tema.

Manuel Sanmartín escolleu mal o día para dar a coñecer a súa marcha da vicepresidencia do Estradense, xa que pasou bastante desapercibida ao coincidir coas do seu tocallo Alfonso Sanmartín, Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos.

Manuel Sanmartín vaise atacando ao goberno municipal, concretamente a Xoan Carlos Castro e a Raquel López, Concelleiros do BNG, pola política de deportes que están a desenvolver no bipartito estradense. Non hai moitos meses que goberno e Estradense mantiveron un duro enfrontamento polo uso do Coto Ferreiro, e agora tócalle ás subvencións, que prima a aqueles equipos que teñan xogadores da Estrada, algo contrario á política que está a seguir o Estradense F.C., e que teñan instalacións propias, non municipais.

Manuel Sanmartín manifesta que as bases impórtanlle ben pouco e que se vai porque “non ten tempo de perder máis tempo con esta serie de iluminados” que nunca fixeron deporte na súa vida.

Xa que non podemos ligar a noticia que sae hoxe no Faro de Vigo, en Deportes, transcribimos parte da mesma pola súa importancia:

La Diputación baraja subir las subvenciones al Reale
La Diputación Provincial de Pontevedra estudia incrementar las ayudas económicas que otorga al Reale Seguros Club Deportivo Estradense Fútbol Sala. Así se lo hizo saber, el pasado martes, el delegado de Deportes del organismo provincial, José Enrique Sotelo, a varios directivos rojillos, encabezados por Manuel Sanmartín, en el transcurso de una comida celebrada en un céntrico restaurante de A Estrada, a la que también asistieron el portavoz de grupo municipal del Partido Popular, José López Campos, el ex-alcalde, Ramón Campos, y los jueces decanos de Santiago y Pontevedra.

Como vedes, trata da reunión que mantivo José López, Ramón Campos, Directivos do Estradense con Vicepresidente da Deputación para incrementar ás axudas económicas ao Reale. Ata aquí nada raro.

Pero o interesante ven ao final: parece ser que na comida tamén estiveron os xuíces decanos de Santiago e Pontevedra. A cousa, a priori, non tería moita importancia, pero dáse a casualidade que en poucas semanas Ramón Campos coñecerá a sentenza do xuízo por presunta prevaricación, e manter unha reunión con xuíces fai levantar sospeitas innecesarias, e ao mellor na comida, a parte de fútbol, tamén se falou de sentencias xudiciais, porque supoñemos que estas dúas persoas non serán xuíces de liña, non?.

A Deputación Provincial é o único resquicio de poder que lle queda ao PP de momento, claro. Hoxe sae na prensa que os directivos do Estradense, López e Chito Campos reuníronse co Vicepresidente da Deputación para buscar certo apoio deste ente provincial para os clubes con “problemas económicos e con falta de entendemento co Concello”. Tamén Alfonso Sanmartín, xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, chamou á porta da Deputación para pedir cartos.

O problema vén cando estes apoios non se concretan ou se concretan a medias. Non hai máis que ver as infraestruturas que hai no Concello, algunhas delas en obras, dende hai anos e sen data de remate á vista (por exemplo, a que vai de Riobó a San Tomé de Ancorados).

Ramón Campos
O que tamén chama a atención desta noticia é a mediación de Ramón Campos, que de paso que vén ao xuízo, presta os seus servizos especiais a un partido no que xa non milita, e a unha persoa, López, que non contou co seu apoio para ser cabeza de lista nas pasadas eleccións municipais, e esperemos que non acabe sendo un xoguete roto como De la Calle.

Seguramente haberá cousas máis importantes que outras, pero para nós isto é o máis destacado do ano 2007:

Xaneiro:
Empezamos o ano cunha dimisión, a de Figueiras, que ata aquel entón era Concelleiro do PSOE. Tamén coñecíamos a imputación dun Concelleiro do PP por un presunto tráfico de “leite negra”.

Febreiro:
Neste mes o PP empezaba a sinalarlle a porta de saída a Reboredo, e empezaban as especulacións sobre quen sería o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos logo da dimisión de Miguel de la Calle para ser o candidato do PP á Alcaldía.

Marzo:
Achéganse as eleccións e os partidos empezan a ensinar as súas cartas: preséntase o Partido Galeguista e Reboredo, logo de presentar a súa dimisión, tamén presenta a súa candidatura baixo o nome de Cidadáns por Galicia.

Abril:
Un espello xógalle unha mala pasada a Figueiras na presentación da candidatura de Cidadáns por Galicia. Saen publicadas as listas que concorreráns ás eleccións municipais.

Maio:
Xa en plena campaña electoral: debate dos candidatos, os resultados e o nome dos concelleiros. O PSOE é o partido máis votado, que non descarta nada para formalizar un goberno estable; Reboredo ofrécese.

Xuño:
O PSOE, de momento, forma un goberno en minoría e o mes está practicamente monopolizado polo disputado soldo do Señor Alcalde.

Xullo:
Segue o debate do soldo de Dono e hai certa presión para que o PSOE e o BNG acaden un acordo de goberno. Na Fundación de Exposicións e Congresos son días tumultuosos logo do requerimento da Consellería para anular a elección do Xerente.

Agosto:
No PP empezan as mundanzas: De la Calle deixa a portavocía do grupo municipal. Fallo do Tribunal Supremo que permite ao Concello exercer o dereito de retracto sobre a Torre de Guimarei.

Setembro:
O ex-Alcalde no banquiño dos acusados por un presunto delito de prevaricación urbanística. Cúmprense os 100 días de goberno en minoría do PSOE.

Outubro:
PSOE e BNG chegan a un acordo de goberno.

Novembro:
Un Concelleiro do PP amaga con irse para a casa porque el está en política porque llo pediu De la Calle. O Presidente da Xunta fai unha visita á Estrada. Chito Campos non se presenta ao xuízo logo do aprazamento do mes de setembro.

Decembro:
Intereses de todo tipo ao redor da ampliación do Polígono de Toedo. Hai conversas entre Palmou e Reboredo. E para acabar o ano fútbol (sala).

Para remtar, dende o Ruxe-Ruxe na Estrada desexámosvos un feliz ano 2008.

Non houbo acordo ou entendemento entre Concellería de Deportes e o C.D. Estradense sobre o uso do Coto Ferreiro. Por unha parte dende o Concello din que tentaron “buscar consenso, pero hai un enroque absoluto por parte deles como se as instalacións fosen do club, e non municipais “. A tenente de alcalde dixo que «o Reale parte da base de que considera inamovibles os horarios do Coto Ferreiro porque están reservados dende xuño». Raquel López lembrou que naquel momento non houbo previsión dunha Liga Local por parte dos seus predecesores, e destacou que «non se está a suprimir dúas horas de adestramento, senón que só se trasladan». Xoán Carlos Castro dixo que «hai dous anos tamén se organizou máis tarde a Liga Local, e daquelas non houbo ningún problema para a súa incorporación».

Raquel López e Xoán Carlos Castro, que recoñeceron que a reunión non fora «moi construtiva», falaron tamén da «desproporción» na postura do Estradense por «dispoñer de 13 horas en vez de 15 do Coto Ferreiro», e engadiron que «non cremos que se trasladamos dúas horas o adestramento se vaia a poñer en risco o proxecto deportivo e todo o que significa o Estradense».

Por outra banda o C.D. Estradense considera que a «reunión non serviu para nada, e todo sigue igual. Visto o visto só nos queda convocar a asemblea para informar aos socios e case seguro que todos presentaremos a dimisión», dixo. «Hai un 99,9% de posibilidades de que deixemos o club, porque non se pode loitar contra corrente», engadiu Iglesias.

Está claro que ameazar coa dimisión da directiva por cambiar dúas horas de adestramento a outro recinto é un pouco esaxerado, o que pode esconder outro tipo de motivacións extra-deportivas. Respecto dunha hipotética dimisión en bloque da directiva do Estradense, Raquel López dixo que «sería algo desproporcionado e non a comprendería. Pero en calquera caso, nós non nos metemos na vida interna do club».

Memoria histórica
Por outra parte ollado a páxina do C.D. Estradense atópamonos con que este clube xurdiu “pola nula oferta de ocio na sociedade daquel tempo e pola dimensión competitiva entre pandillas de amigos e entidades de poboación diversas”, algo, que polo que se ve, se lles nega a outros 82 anos máis tarde.

Nos últimos días estivo un pouco revolto o mundo do deporte na Estrada, debido ao encaixe da recentemente creada Liga de Fútbol Sala Local na organización dos horarios do pavillón Coto Ferreiro, con tres entidades en adestrar ou xogar neste recinto: o Reale Seguros Club Deportivo Estradense, o EDM Baloncesto e a Liga de Fútbol Sala Local.A Concellería de Deportes (BNG) reuniuse o pasado martes 11 coas tres entidades para atopar unha solución e encaixar a Liga Local no horario do Coto Ferreiro acordando que o Reale adestraría neste recinto os luns de 20 a 21 horas e de martes a venres de 20 a 23 horas, e adestraría no Frontón os luns de 21 a 23 horas.

Polo que puidemos averiguar o Coto Ferreiro utilizábao a diario o Reale para os seus adestramentos e para xogar os domingos, o EDM Baloncesto utiliza o Multiusos, e para a Liga Local só quedaba o Frontón, que como todos recoñecen non reúne as condicións mínimas para xogar, daquela só se trataba de que o Reale e o Clube de Baloncesto cederan “o seu pavillón” (non creo que haxa que recordar que son instalacións municipais) unha vez á semana para que os da Liga Local non xogaran sempre no Frontón, que non vale para este fin, pero si para adestrarse.

Mais parece que ao Reale non lle gustou este reparto e, segundo palabras do seu presidente, “O luns imos ir co equipo ao Coto Ferreiro ás oito e media, e que sexa o que Deus queira”, calificando a reunión cos responsábeis de deportes do Concello de “encerrona” e o acordo de “imposición”. As outras dúas partes implicadas, o EDM Baloncesto, e por suposto, a Liga de Fútbol Local, polo que parece, non o opinan o mesmo, ou, de momento, non manifestaron a súa contrariedade con este horario.
—–
Actualización: 18-12-20007 ás 17:45
Isto enlíase un pouco máis
Ollando a páxina do Reale vemos que o C.D. Estradense envía un escrito ao Concello firmado por Antonio Pedro Iglesias Fraga, no que informa que calquera escrito debeuse enviar ao Estradense e non ao Reale e polo tanto o C.D. Estradense non chegou a acordo de ningún tipo co Concello no que aos horarios do Coto Ferreiro se refire. Daquela, quen eran e a quen representaban as persoas que se reuniron co Concelleiro de Deportes e que daban roldas de prensa? Non representaban ao Reale Seguros Club Deportivo Estradense?.

vuelta ciclista a españaOs afeccionados ao ciclismo da Estrada, que son moitos, poderán desfrutar este domingo do paso dos ciclistas que participan na Volta Ciclista a España. Como xa saberedes a Volta arranca desde Vigo este sábado e a segunda etapa, que sae de Allariz, ten prevista o seu paso polo noso concello sobre as 16 horas do domingo, que pasará por Codeseda, Avda. Benito Vigo e Avda. de Santiago en dirección Pontevea para rematar finalmente en Santiago.

Así que non estaría demais ir a animar a estes corredores cuxo deporte non está a pasar por un bo momento precisamente, debido aos caso de doppaxe que se están descubrindo a cada pouco.