fimobleAs palabras de Jesús Palmou tamén chegaron a Lugo, e dende esta cidade respondeulle Miguel Agromayor, Presidente de Fimoble e da Asociación de Comerciantes do Moble de Galicia. Segundo se desprende das declaracións feitas a La Voz de Galicia en Lugo, Miguel Agromayor considera que “feria de A Estrada iba a menos y que en el siglo XXI no se puede mantener un recinto ferial en esas condiciones“. E en resposta ao suposto apoio do Conselleiro, Fernando Blanco, que é de Lugo, Miguel Agromayor di que a primeira edición non contou co apoio de ningunha institución e a segunda foi apoiada pola Deputación e polo Concello de Lugo, o que tira por terra o argumento de Jesús Palmou sobre un suposto trato de favor da Consellería a Lugo.

Jesús PalmouEsta fin de semana estivo quentiña en titulares. Palmou, aproveitou a presentación no Parlamento dunha serie de iniciativas relacionadas coa Fundación de Exposicións e Congresos, e acousou á Consellería de “interese, teño que dicilo así claramente, en que a feira do moble fracase en A Estrada e se celebre en Lugo”. Acusou ao Conselleiro de falta de interese pola Feira porque non ven inaugurala, contrapoñendo este suposto “interese” coas inauguracións presididas por Fraga nas sucesivas edicións da Feira. Tamén recordou a redución da aportación da Consellaría a 60.000 euros ao ano.

O BNG insta á Deputación a aportar cartos á Fundación
As palabras de Palmou tiveron resposta, neste caso por parte do BNG, que se mantivo á marxe durante todo este tempo, acusando ao PP de manter unha actitude “hipócrita e demagóxica”. O BNG dixo “que se cando estamos a falar de apoio falamos de cartos, dicir que a Deputación de Pontevedra, unha das únicas institucións supramunicipais que quedan en mans populares, non aporta nin un só euro á fundación”, “Fronte iso, a Consellería de Innovación e Industria, co mesmo número de representantes, aporta 60.000 euros”, e pediulle formalmente “que fagan as xestións oportunas para que a Deputación de Pontevedra, cando menos, aporte á Fundación de Exposisións outros 60.000 euros, como fai a consellería”, subliñando que o apoio á Feira e ao sector “non se fai só inaugurando exposicións, senón con cartos e o PP nisto non pode dar leccións a ninguén”.

A maioría do Padroado tena o PP e un chisco de esperanza
O BNG tamén destacou que é o PP o que conta coa maioría no Padroado, polo que trasladou toda responsabilidade do que acontece a este partido. Por un lado o PP “impuxo” cos seus votos un “determinado xerente”, polo tanto “a responsabilidade do resultado desta xestión correspóndelle a quen o elexiu”, destacando o déficit presupostario de máis de 100.000 euros en 2007. Por outra parte, o BNG subliñou que “coa dimisión do xerente imposto polo PP ábrese outra oportunidade para profesionalizar a xerencia da Fundación de Exposicións, tal e como pretendía a consellería” e “deles (do PP) depende seguir como até agora ou darlle un novo rumbo á fundación e ao sector“.

Feira do MobleSaíu onte na prensa que a Feira Profesional do Moble retrásase ata o mes de abril. Así o decidiu o xerente da Fundación, Alfonso Sanmartín, e os mobleiros da Estrada reunidos o pasado luns. Este retraso na data desta Feira está motivado polas seguintes cuestións: “El primero es la proximidad, ya que el certamen está a la vuelta de la esquina y todavía queda mucho trabajo por hacer. El segundo es la proliferación de ferias en ese mes“.

A proximidade da data é un bo motivo se a súa intención é facer a feira o mes que ven, pero hai que ter en conta que desde o mes de setembro que se fixo a Feira do Moble de Galicia tiveron tempo abondo para organizala.

O segundo motivo é a proliferación de feiras durante o mes de febreiro, concretamente en Lugo, Zaragoza e Oporto. Vexamos: a Feira Profesional do Moble de Lugo celébrase entre o 31 de xaneiro e o 3 de febreiro, que coincide coa de Zaragoza, tamén entre o 31 de xaneiro e o 3 de febreiro, sen que iso lles supoña un problema, sobre todo a cidade aragonesa que é a primeira vez que organiza unha feira profesional; e a de Oporto é entre 26 de febreiro e 1 de marzo.

Estes son os datos, agora que cada quen saque as súas propias conclusións.

Xa se sabe: ano novo, vida nova. Iso é o que se desprende no “conflito” que mantiñan os mobleiros coa Xunta de Galicia dende hai case un ano, logo de que a Fundación nomeara xerente a Alfonso Sanmartín. Nunha reunión na que estiveron presentes Nemesio Rey; Manuel Figueiras (Herfica), Manuel Valiñas (Coyva) e Manuela García (García y Lorenzo), por parte dos mobleiros, e Raquel López, por parte do BNG, coa Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, e segundo parece selouse a paz, ou iso é o que parece. Tanto mobleiros como Xunta respaldan a Fundación sempre e cando haxa un plan de traballo e acción, aínda que por porte da Xunta non haberá aumento das aportacións económicas mentres non se incremente o número de certames.

Así as cousas, o mobleiros respaldan tanto á Xunta como a Sanmartín. Neste sentido chaman a atención as palabras de Figueiras que chegou a dicir que se facía falta pechar algunha fundación estaban dispostos a asumilo; pero claro, supoñemos nós que sempre será mellor pechar a dos demais que as da túa terra.

A pasividade da Cámara de Comercio de Vilagarcía
Por outra parte Fexdega acaba de anunciar que no mes de novembro celebrará unha feira de moble portugués, logo de que os mobleiros reunidos na Cámara de Comercio de Vilagarcía solicitaran á Xunta un calendario único destes eventos. O curioso é que o Presidente desta Cámara, Carlos Oubiña Portas, forma parte do Comité Executivo de Fexdega, e gustaríanos saber que fai esta persoa e tamén que fai Gonzalo Figueiras, Vicepresidente da Cámara de Comercio e membro do Comité Executivo da Cámara, para evitar a realización destas duplicidades nas feiras, porque visto así, parece que as protestas duns e a pasividade doutros teñen una clara intencionalidade política.

Os mobleiros da Estrada e e concreto o presidente da ACE, Gonzalo Figueiras, están a ter unha intensa actividade nos últimos días. O luns mantiveron unha reunión na Cámara de Comercio de Vilagarcía para tratar de buscar unha solución á proliferación de feiras do moble por todo Galicia. Consideran que as Fundacións, creadas alegremente e sen planificación algunha durante os últimos anos, están invertendo a súa función primixenia, que era a de ser escaparate dos produtos dunha comarca ou localidade, e que as necesidades de auto-financiamento destes recintos fixo que sexan escaparates de calquera cousa e a facerse competencia entre eles. Os empresarios chegan mesmo a suxerir que se supriman algunhas destas fundacións, se iso é parte da solución.

Agora mesmo, e se non nos falla a memoria, en Galicia hai os seguintes recintos feirais: A Estrada, Silleda, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Ferrol, Lugo e Ourense, aínda que está próximo a inaugurarse un en A Coruña. A todas luces, son moitos recintos para un territorio tan pequeno, o que fai que se dupliquen as feiras, tendo en conta as necesidades de auto-financiamento que dixemos antes, e os mobleiros esíxenlle á Administración Autonómica que elabore un calendario de feiras a celebrar en determinados recintos e suprimir aqueles que non sexan rendíbeis.

O curioso de todo isto é que detrás de cada Fundación, detrás de cada recinto, están empresarios que, na maioría dos casos, foron os artífices da creación dos mesmos, A Estrada é un exemplo; e, aparte de ser os seus creadores, forman parte de todos os seus padroados, co que puideron (poden) evitar, en certo modo, esta situación, que agora lles prexudica, porque para algo están as asociacións de empresarios, sexan a nivel local, comarcal, provincial ou galego, para conseguir uns obxectivos comúns tamén neste eido, pedíndolle agora a administración galega, a administración do PSOE e do BNG, que nada tivo a ver coa creación destes recintos, solucionar un problema do que eles foron parte activa do mesmo, aparte dun forte compoñente localista que nada axuda a buscar solucións agora.

Habería que ver cal é a disposición dos mobleiros da Estrada de suprimir precisamente a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada e levar a Feira do Moble de Galicia a Silleda, por estar máis preto e ter unhas mellores instalacións. Desde logo algo está a pasar porque non é casual que nesta mesma semana saia esta noticia dos mobleiros e xusto o día anterior a posibilidade de que Sanmartín abandone a xerencia da Fundación de Exposicións da Estrada.

Polo que sae hoxe na prensa pódese deducir que a Sanmartín, Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, tiráronlle das orellas. Primeiro minimizou a presencia do Conselleiro de Industria na inauguración (e supoñemos que na clausura), decindo que a “feira do moble” prefire cambiar de político para estes actos protocolarios. Curiosa afirmación, pero Dolores Villarino será a segunda vez que acode a un acto protocolario organizado pola Fundación, porque xa estivo na clausura da Feira Profesional en abril de 2006.

O cambio de actitude, -máis ben de peloteo-, tamén se notou no feito de cualificar ao Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, como o seu Xefe, o cal pode ser certo ata certo punto, porque a fin de contas é quen preside a Fundación, pero non quen manda, que disto encárganse o PP e o PSOE que a fin de contas son os que ostentan a maioría dos votos no seo da Fundación e gracias a iso el é o Xerente.

feria del muebleHoxe, como xa sabedes, inaugurouse a XXI Feira do Moble de Galicia, que correu a cargo do Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (datos biográficos e outras consideracións), e os seus debéronlle dar un toque para que fora comedido no seu discurso, porque toda A Estrada xa sabe que a Deputación non aporta un euro á Fundación de Exposicións e Congresos desde 2005, en resumidas contas, 54.000 euros, e logo o Louzán aínda ten máis que dicir.

Na visita á Feira puidemos constatar, unha vez máis, que o recinto é inaxeitado para un evento coma este. Aquí estamos totalmente de acordo con De la Calle, que onte no Pleno expresou isto mesmo; o que non dixo foi que el foi xerente durante moitos anos, e que puido pedir a ampliación ou acondicionamento do recinto ao PP cando estes gobernaban na xunta, e non vir agora a laiarse.

O que si non nos quedou claro é estabamos na Feira do Moble o en “Feria del Mueble”, fraseciña que figura nunha pancarta situada na Avenida Benito Vigo. Será para orientar aos estranxeiros que veñen de Ourense ou Lalín, porque doutro xeito non se entende.

Onte inaugurouse a Feira Profesional do Moble sen moito lustre e sen a asistencia de ningún persoeiro da Xunta. Poida que se deba a esa norma non escrita do presidente autonómico de non inaugurar nada de nada durante a campaña electoral ou poida que se deba á falta de organización, que segundo noticias que nos chegaron houbo das dúas cousas. Parece ser que estaba prevista a asistencia dun “plumillas” de Presidencia da Xunta, que finalmente non asistiu, e quen tivo que cortar a cinta foi López, Concelleiros de Industria do goberno local. Se non asistiu o Secretario Xeral de Presidencia da Xunta foi debido a tardanza nas comunicacións entre a Fundación e o organismo autonómico, tardanza que se produciu tamén no resto de persoeiros convidados.

A nivel local tampouco houbo unha representación de primeiro nivel. Ausente o Alcalde, a máxima representación recaeu en López. Tamén estaban os candidatos de todos os partidos.

Dos datos da feira (número de expositores, etc) non podemos dicir gran cousa, e é un misterio para as persoas que non somos profesionais do sector, polo menos ata que o xerente da Fundación dea os números da Feira Profesional, algo que non ocorrerá ata o luns, probablemente. De todos os xeitos, a páxina web da Fundación tampouco di nada de interese, a parte de que segundo figura na mesma o xerente aínda segue sendo Miguel de la Calle.

Había moita xente onte na clausura da Feira do Moble. E a sensación de agobio era manifesta, nun recinto con moitas carencias, pero sobre todo con pouco espazo para realizar un evento destas características.

O recinto xa hai varios anos que non sirve para unha feira que ten repartir os stands polos pavillóns de deporte. Desde logo a isto hai que buscarlle unha solución, porque é un espectáculo penoso tarde ou cedo pasará factura á Feira do Moble.

Se o ano pasado o BNG e o BNG se repartiron a inauguración e a clausura respectivamente, este ano os dous actos estiveron protagonizados única e exclusivamente pola parte do BNG no goberno da Xunta. ¿Por que o PSOE se mantivo desparecido deste acto tan importante para A Estrada? ¿Pode ser un desplante ó Miguel de la Calle, que Figueiras lles gustaría ver fóra da Fundación?

Na clausura había ausencias clamorosas. O alcalde non estaba, que deixou o testigo ao seu delfín, Maceira. Do resto dos concelleiros do PP, só se viu a López (é difícil non velo): Reboredo, Arca, Somoza, etc. Estaban desaparecidos. Ó mellor é que ainda estaba na sobremesa da comilona popular do Monte do Gozo, post manifestación de SOS contra o Lume. Así, o Maceira, tivo que comparecer en solitario diante do Conselleiro Alfredo Suárez Canal, e abofé, que parecía bastante descolocado e ninguneado diante da avalancha nacionalista.

Desta volta Figueiras, o presidente de ACE si subiu ó estrado, que parece que en domingo o móbil dálle un respiro, e tamén Espiño, que ocuparon cada un dos extremos do estrado, mantendo as distancias.