Nov
20
Xulgados pola aparencia
Categorías: Concello, Cultura, Festas, PSOE, con_moita_calma | 4 comentarios
Debeu ser pola influencia mediática que estamos a ver nos últimos días onde grupos ultra se enfrontan uns con outros ou simplemente polas aparencias persoais, -non sabemos-, pero o dispositivo montado polo Goberno Civil para Inferno Rock celebrado este fin de semana semellaba máis o cumio dos Sete Grandes que un evento musical ao que acudiron, iso si, moitos afeccionados á boa música. Cacheos, rexistros, etc, foi o habitual e bastante discriminado, centrándose máis “nas pintas” que noutro tipo de cousas como por exemplo o consumo público de estupefacientes ou alcohol. Por certo, gustaríanos saber por que o Goberno Civil se tomou tantas molestias con este festival e logo mira para outro lado cando se celebran os botellóns na rúa, onde se reúne un maior número de persoas, sobre todo nas cidades?.
Alén disto, segundo parece as dificultades para os organizadores non só se centraron neste despregue de forzas da orde, segundo parece por parte do Concello tamén houbo “pequenos” atrancos para que este evento se levara a cabo con normalidade. Segundo Dono fíxose especial fincapé na seguridade, cousa que nos parece correcto, pero supoñemos que non hai que esperar ao último día para mirar ese tipo de temas. Por certo, como sabedes o Inferno Rock celebrouse na Discoteca Lennon, o mesmo recinto onde o PSOE pechou a campaña electoral; daquela, Dono tamén foi celoso coa seguridade?.
Set
15
Cumprimos un aniño
Categorías: Festas | 3 comentarios
Estamos de cumpreanos. Foi un 15 de setembro de 2006 cando empezamos a andar no que máis tarde chamamos “bloguestrada”, coa intención de ofrecer a nosa perspectiva ao que acontecía no noso Concello e darlle tamén a oportunidade de que os nosos visitantes amosaran a súa opinión ao respecto, fora coincidente ou non os comentarios aí permanecen, cousa que sempre mantivemos, agás nunha ocasión que tivemos que eliminar un comentario por conter gravísimos insultos hacia un dos candidatos ás eleccións municipais.
182 post e 1.867 comentarios, preto de 31.252 visitas neste ano e 63.740 páxinas vistas, dannos azos para continuar con este proxecto, que tamén é o voso, porque se a vosa visita diaria isto non sería posible. Moitas Gracias!!!.
Set
7
Industria destina 315.000 euros para Sabucedo
Categorías: Cultura, Festas, Patrimonio | 1 comentario
Onte saíu na prensa que a Consellería de Industria destinará 315.000 euros para o acondicionamento do entorno do Campo do Medio en Sabucedo no marco dun proxecto de revitalización desta parroquia da Estrada. Efectivamente é unha moi boa noticia non só para Sabucedo, senón para A Estrada, pois a Rapa das Bestas é unha festa de interese turístico internacional, e o acondicionamento do espazo onde se celebra a mesma é moi necesario para potenciar aínda máis este evento festivo-cultural.
Curiosamente nesta ocasión o Alcalde Dono non saíu nos medios felicitando á Consellería de Industria por destinar os 315.000 euros a Sabucedo, como si fixo cando a mesma Consellería baixou de 120.000 a 60.000 a súa aportación á Fundación de Exposicións e Congresos, debido á escasa actividade feiral que desenvolve o recinto. E oportunidades non lle faltaron, fai roldas de prensa todos os días.
Set
4
A Rapa in The Time
Categorías: Cultura, Curiosidades, Festas | Fai un comentario
Enterámonos polo Chuza, que a Rapa de Sabucedo sae na páxina web o xornal The Time, nunha sección que dedican ás festas “peculirares” ou “excéntricas” que hai polo mundo adiante, así na mesma sección saen a Tomatina de Bunyol ou que tiran de queixos por un outeiro abaixo, que nada teñen a ver coa festa tan antiga e arraigada na nosa terra como é esta da Rapa da Bestas de Sabucedo, un festa de interese turístico internacional. Desde logo nada que ver coa reportaxe de National Geographic.
Jun
22
Un pouco de relax
Categorías: Festas | 15 comentarios
Para o San Paio (do 23 ao 27 de xuño) tiran a casta pola fiestra: Rosa de España, Coti, El Arrebato e Los Suaves, é a carteleira deste ano, -XXXXXXXXXXX- (Rectificar é de sabios, non?).
No tocante á Rapa das Bestas (do 6 ao 9 de xullo), as celebracións son distintas e as “estrelas convidadas” son máis asequibles pero para moitos máis espectaculares caos anteriores. Deixamos a continuación o cartel da Rapa que nos parece im-presionante.
Como vexo que hai moita suspicacia sobre quen paga ou que non deixa de pagar elimino esa controvertida frase. De todos os xeitos, dicir, que é un cartel moi bo, para a moita xente que lle gusta ese tipo de actuacións, e estes artista de balde non veñen ao noso Concello.