Abr
14
A última edición de Fimoble organizouse cos apoios da Deputación e do Concello de Lugo
Categorías: Feira do Moble, Fundación de Exposicións, PP | 6 comentarios
As palabras de Jesús Palmou tamén chegaron a Lugo, e dende esta cidade respondeulle Miguel Agromayor, Presidente de Fimoble e da Asociación de Comerciantes do Moble de Galicia. Segundo se desprende das declaracións feitas a La Voz de Galicia en Lugo, Miguel Agromayor considera que “feria de A Estrada iba a menos y que en el siglo XXI no se puede mantener un recinto ferial en esas condiciones“. E en resposta ao suposto apoio do Conselleiro, Fernando Blanco, que é de Lugo, Miguel Agromayor di que a primeira edición non contou co apoio de ningunha institución e a segunda foi apoiada pola Deputación e polo Concello de Lugo, o que tira por terra o argumento de Jesús Palmou sobre un suposto trato de favor da Consellería a Lugo.
Abr
14
Palmou ve unha conspiración contra a Feira do Moble
Categorías: BNG, Feira do Moble, Fundación de Exposicións, PP | 7 comentarios
Esta fin de semana estivo quentiña en titulares. Palmou, aproveitou a presentación no Parlamento dunha serie de iniciativas relacionadas coa Fundación de Exposicións e Congresos, e acousou á Consellería de “interese, teño que dicilo así claramente, en que a feira do moble fracase en A Estrada e se celebre en Lugo”. Acusou ao Conselleiro de falta de interese pola Feira porque non ven inaugurala, contrapoñendo este suposto “interese” coas inauguracións presididas por Fraga nas sucesivas edicións da Feira. Tamén recordou a redución da aportación da Consellaría a 60.000 euros ao ano.
O BNG insta á Deputación a aportar cartos á Fundación
As palabras de Palmou tiveron resposta, neste caso por parte do BNG, que se mantivo á marxe durante todo este tempo, acusando ao PP de manter unha actitude “hipócrita e demagóxica”. O BNG dixo “que se cando estamos a falar de apoio falamos de cartos, dicir que a Deputación de Pontevedra, unha das únicas institucións supramunicipais que quedan en mans populares, non aporta nin un só euro á fundación”, “Fronte iso, a Consellería de Innovación e Industria, co mesmo número de representantes, aporta 60.000 euros”, e pediulle formalmente “que fagan as xestións oportunas para que a Deputación de Pontevedra, cando menos, aporte á Fundación de Exposisións outros 60.000 euros, como fai a consellería”, subliñando que o apoio á Feira e ao sector “non se fai só inaugurando exposicións, senón con cartos e o PP nisto non pode dar leccións a ninguén”.
A maioría do Padroado tena o PP e un chisco de esperanza
O BNG tamén destacou que é o PP o que conta coa maioría no Padroado, polo que trasladou toda responsabilidade do que acontece a este partido. Por un lado o PP “impuxo” cos seus votos un “determinado xerente”, polo tanto “a responsabilidade do resultado desta xestión correspóndelle a quen o elexiu”, destacando o déficit presupostario de máis de 100.000 euros en 2007. Por outra parte, o BNG subliñou que “coa dimisión do xerente imposto polo PP ábrese outra oportunidade para profesionalizar a xerencia da Fundación de Exposicións, tal e como pretendía a consellería” e “deles (do PP) depende seguir como até agora ou darlle un novo rumbo á fundación e ao sector“.
Mar
28
Dimitiu Alfonso Sanmartín, Xerente da Fundación de Exposicións
Categorías: Fundación de Exposicións | 15 comentarios
Segundo puidemos saber, Alfonso Sanmartín, Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, presentoulle a dimisión ao Presidente da mesma, o Conselleiro de Innovación Industria, Fernando Blanco. Así, unha reunión do padroado que pretendía ser de mero trámite, -só se ían aprobar as contas do ano pasado-, viuse trastocada por esta nova, que acontece poucas semanas antes da Feira Profesional do Moble que se vai celebrar o vindeiro mes de abril.
Aínda que os motivos da dimisión de Alfonso Sanmartín os descoñecemos, todo apunta a que o déficit anunciado esta semana de 100.000 euros, cando se esperaba un superavit, así como baixa previsión de expositores que acudirán á Feira Profesional, foron determinantes para tomar a decisión de deixar o cargo, cando a súa continuidade ou non ao frente da xerencia nin sequera se ía abordar neste padroado, malia a que o seu contrato remataba neste mes.
—-
Actualización: luns 31 de marzo ás 12:48
Os motivos de Sanmartín
Se ben é certo que non matiña ningún tipo de relación coa Consellería, nestas declaracións parece que reparte culpas entre “todo o mundo”, é dicir, Consellería, Goberno Municipal, Deputación, Cámara de Comercio, Mobleiros, políticos locais… unha maneira de disparar contra todos e contra ninguén en particular.
As Fundacións están dirixidas por un Padorado, que delega as súas funcións nun Xerente, que terá que tomar as decisións que estime oportuno en cada momento. As segundas opinións están ben, pero é o xerente que toma as decisións; non é a Consellería, nin o Concello, nin a Deputación, nin a Cámara, nin os mobleiros, os que teñen que tomar decisións no día a día é o Xerente, que para iso o elixen.
Mar
25
A Fundación de Exposicións ten déficit de 100.000 euros no 2007
Categorías: Fundación de Exposicións | 24 comentarios
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada pechou o exercicio 2007 cun déficit de 100.000 euros, algo inédito ata agora, xusto no ano que cambiou o xerente, pola dimisión de Miguel de la Calle para presentarse ás eleccións municipais.
As previsións iniciais era de ter un superávit de 9.000 euros, xa que no orzamento inicial computouse unha partida de 120.000 correspondente á subvención da Consellería de Innovación e Industria, que se viu minorada en 60.000 euros a mediados de anos, por considerar que a Fundación non tiña a suficiente actividade que xustificara esa aportación económica.
Con todo, aínda que a Consellería aportara os 120.000 euros que anotados no orzamento inicial, a Fundación tería un déficit de 40.000 euros, debido a que a Feira Profesional do Moble rexistrou un descenso significativo do número de expositores e a que Feira do Moble de Galicia rexistrou unha caída no número de visitantes, segundo explicación dada aos medios por parte do Xerente da Fundación, Alfonso Sanmartín.
Mar
12
Non hai quen os entenda
Categorías: Fundación de Exposicións | 35 comentarios
A principios do mes de xaneiro os mobleiros fixeron pública unha queixa polo feito de que os seus homólogos portugueses estaban organizando feiras en dstintas Fundación públicas, por exemplo en Fexdega, solicitándolle á Consellaría de Industria un calendario único de eventos deste tipo. Ben, pode ter certa lóxica. O que non ten lóxica é que protesten cando se organizan en Vilagarcía, pero cando Sanmartin, Xerente da Fundación de Exposicións, convida a mobleiros portugueses á Estrada para participar na Feira Profesional do mes de abril, quedan caladiños coma petos.
Ben é certo que non vemos mal que veña á Estrada mobleiros portugueses, todo o contrario, son os da Estrada os que deberían tomar boa nota de como fan as cousas, porque está claro, que en algo nos estamos equivocando.
Jan
16
A Feira Profesional do Moble retrásase ata abril
Categorías: Feira do Moble, Fundación de Exposicións | 3 comentarios
Saíu onte na prensa que a Feira Profesional do Moble retrásase ata o mes de abril. Así o decidiu o xerente da Fundación, Alfonso Sanmartín, e os mobleiros da Estrada reunidos o pasado luns. Este retraso na data desta Feira está motivado polas seguintes cuestións: “El primero es la proximidad, ya que el certamen está a la vuelta de la esquina y todavía queda mucho trabajo por hacer. El segundo es la proliferación de ferias en ese mes“.
A proximidade da data é un bo motivo se a súa intención é facer a feira o mes que ven, pero hai que ter en conta que desde o mes de setembro que se fixo a Feira do Moble de Galicia tiveron tempo abondo para organizala.
O segundo motivo é a proliferación de feiras durante o mes de febreiro, concretamente en Lugo, Zaragoza e Oporto. Vexamos: a Feira Profesional do Moble de Lugo celébrase entre o 31 de xaneiro e o 3 de febreiro, que coincide coa de Zaragoza, tamén entre o 31 de xaneiro e o 3 de febreiro, sen que iso lles supoña un problema, sobre todo a cidade aragonesa que é a primeira vez que organiza unha feira profesional; e a de Oporto é entre 26 de febreiro e 1 de marzo.
Estes son os datos, agora que cada quen saque as súas propias conclusións.
Jan
11
Ano novo…
Categorías: BNG, Feira do Moble, Fundación de Exposicións | Fai un comentario
Xa se sabe: ano novo, vida nova. Iso é o que se desprende no “conflito” que mantiñan os mobleiros coa Xunta de Galicia dende hai case un ano, logo de que a Fundación nomeara xerente a Alfonso Sanmartín. Nunha reunión na que estiveron presentes Nemesio Rey; Manuel Figueiras (Herfica), Manuel Valiñas (Coyva) e Manuela García (García y Lorenzo), por parte dos mobleiros, e Raquel López, por parte do BNG, coa Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, e segundo parece selouse a paz, ou iso é o que parece. Tanto mobleiros como Xunta respaldan a Fundación sempre e cando haxa un plan de traballo e acción, aínda que por porte da Xunta non haberá aumento das aportacións económicas mentres non se incremente o número de certames.
Así as cousas, o mobleiros respaldan tanto á Xunta como a Sanmartín. Neste sentido chaman a atención as palabras de Figueiras que chegou a dicir que se facía falta pechar algunha fundación estaban dispostos a asumilo; pero claro, supoñemos nós que sempre será mellor pechar a dos demais que as da túa terra.
A pasividade da Cámara de Comercio de Vilagarcía
Por outra parte Fexdega acaba de anunciar que no mes de novembro celebrará unha feira de moble portugués, logo de que os mobleiros reunidos na Cámara de Comercio de Vilagarcía solicitaran á Xunta un calendario único destes eventos. O curioso é que o Presidente desta Cámara, Carlos Oubiña Portas, forma parte do Comité Executivo de Fexdega, e gustaríanos saber que fai esta persoa e tamén que fai Gonzalo Figueiras, Vicepresidente da Cámara de Comercio e membro do Comité Executivo da Cámara, para evitar a realización destas duplicidades nas feiras, porque visto así, parece que as protestas duns e a pasividade doutros teñen una clara intencionalidade política.
Jan
9
Os mobleiros da Estrada e e concreto o presidente da ACE, Gonzalo Figueiras, están a ter unha intensa actividade nos últimos días. O luns mantiveron unha reunión na Cámara de Comercio de Vilagarcía para tratar de buscar unha solución á proliferación de feiras do moble por todo Galicia. Consideran que as Fundacións, creadas alegremente e sen planificación algunha durante os últimos anos, están invertendo a súa función primixenia, que era a de ser escaparate dos produtos dunha comarca ou localidade, e que as necesidades de auto-financiamento destes recintos fixo que sexan escaparates de calquera cousa e a facerse competencia entre eles. Os empresarios chegan mesmo a suxerir que se supriman algunhas destas fundacións, se iso é parte da solución.
Agora mesmo, e se non nos falla a memoria, en Galicia hai os seguintes recintos feirais: A Estrada, Silleda, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Ferrol, Lugo e Ourense, aínda que está próximo a inaugurarse un en A Coruña. A todas luces, son moitos recintos para un territorio tan pequeno, o que fai que se dupliquen as feiras, tendo en conta as necesidades de auto-financiamento que dixemos antes, e os mobleiros esíxenlle á Administración Autonómica que elabore un calendario de feiras a celebrar en determinados recintos e suprimir aqueles que non sexan rendíbeis.
O curioso de todo isto é que detrás de cada Fundación, detrás de cada recinto, están empresarios que, na maioría dos casos, foron os artífices da creación dos mesmos, A Estrada é un exemplo; e, aparte de ser os seus creadores, forman parte de todos os seus padroados, co que puideron (poden) evitar, en certo modo, esta situación, que agora lles prexudica, porque para algo están as asociacións de empresarios, sexan a nivel local, comarcal, provincial ou galego, para conseguir uns obxectivos comúns tamén neste eido, pedíndolle agora a administración galega, a administración do PSOE e do BNG, que nada tivo a ver coa creación destes recintos, solucionar un problema do que eles foron parte activa do mesmo, aparte dun forte compoñente localista que nada axuda a buscar solucións agora.
Habería que ver cal é a disposición dos mobleiros da Estrada de suprimir precisamente a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada e levar a Feira do Moble de Galicia a Silleda, por estar máis preto e ter unhas mellores instalacións. Desde logo algo está a pasar porque non é casual que nesta mesma semana saia esta noticia dos mobleiros e xusto o día anterior a posibilidade de que Sanmartín abandone a xerencia da Fundación de Exposicións da Estrada.
Out
18
Máis madeira…
Categorías: Educación, Fundación de Exposicións, con_moita_calma | Fai un comentario
Resulta que os alumnos de FP, ciclo formativo da madeira, quedáronse sen aulas onde facer as prácticas, xa que ían á Fundación de Exposicións e Congresos onde hai unhas homologadas para o plan FIP de madeira. E como todos non collen, e alquén ten que quedarse sen clase, toucoulles aos do Losada Diéguez, que estaban de prestado na Fundación, porque resulta que o Instituto non se poden ampliar por mor da calificación do solo anexo que disque é rústico, e como resulta que tampouco hai PXOM e están en vigor unhas normas transitorias non se pode facer nada. En resmuen, que todo son problemas.
Vale que o do PXOM xa ven de vello, pero por que a Fundación de Exposicións non avisa con tempo para buscar unha solución? por que se espera a empezar o curso para que todo salte polos aires?. Supoñemos que os do Losada Diéguez non foron para a Fundación porque se lles ocorreu a eles; supoñemos que a Consellería de Educación acordaría ca Fundación a utilización desas aulas; entón, por que a Fundación decide unilateralmente chimpar fóra aos do Losada Diéguez?
Set
11
Polo que sae hoxe na prensa pódese deducir que a Sanmartín, Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, tiráronlle das orellas. Primeiro minimizou a presencia do Conselleiro de Industria na inauguración (e supoñemos que na clausura), decindo que a “feira do moble” prefire cambiar de político para estes actos protocolarios. Curiosa afirmación, pero Dolores Villarino será a segunda vez que acode a un acto protocolario organizado pola Fundación, porque xa estivo na clausura da Feira Profesional en abril de 2006.
O cambio de actitude, -máis ben de peloteo-, tamén se notou no feito de cualificar ao Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, como o seu Xefe, o cal pode ser certo ata certo punto, porque a fin de contas é quen preside a Fundación, pero non quen manda, que disto encárganse o PP e o PSOE que a fin de contas son os que ostentan a maioría dos votos no seo da Fundación e gracias a iso el é o Xerente.
