Fev
3
Set
17
Independentes dependentes…
Categorías: Independentes, Municipais 2007 | 4 comentarios
¿Quen anda detrás?, pois dende persoas vencelladas ó mundo empresarial, que atoparon o caldo de cultivo para tomar esta decisión nas trifulcas co tema do PXOM, que aínda non rematou; os de AEDRU, claramente interesados en defender os seus intereses particulares no eido urbanístico, que onde se move o cardinillo; pero tamén cabreados do eido político, dos que non atopan sitio nas listas para as vindeiras eleccións nas formacións políticas tradicionais e que buscan o seu asento neste tipo de organizacións políticas que aparecen e desaparecen como o Guadiana. Estaremos atentos a isto último, porque podería haber sorpresas.
Como dixemos, estas formacións aparecen e desaparecen, van e veñen, e sempre ocorre cando o PP está dividido, para logo, unha vez medidas as forzas nas eleccións voltar a unirse como acontedeu en 1991, cando os independentes, capitaneados por Ramón Campos, e o PP orquestaron unha moción de censura contra o PSOE e o BNG, dando como resultado 15 anos de goberno do PP, na que se tomaron as decisións urbanísticas máis controvertidas, algunhas das cales xa foron calificadas polos tribuanis como ilegais.
O nome xa o teñen, Alternativa Estradense, que, segundo os rexistros do Ministerio do Interior, figura inscrita dende o 10 de marzo de 1995, e cuxo enderezo é “Avda. Benito Vigo, 36, 1o. Dta.”. Agora só queda saber quen será a persoa que encabeza esa lista e a composición da mesma. ¿Quen será?, estaremos atentos…
