Hoxe sae a licitación o estudo informativo da autovía Santiago-A Estarda, valorado en máis de 350.000 euros e cuxo prazo de realización é de 14 meses.

Estes estudo é importante, xa que buscará cal é camiño máis idóneo para levar esta infraestrutura á Estrada, evitando na medida do posible un gran impacto ambiental e paisaxístico, algo que é case imposible que cumpra unha infraestrutura deste calibra. Alén doutras consideracións, un dos puntos importantes que terá que salvar será o Río Ulla, e se facemos caso da prensa, que di que a praia fluvial de Pontevea quedará debaixo deste vial, teremos que esta vila terá tres pontes a escasos metros unha da outra e no medio unha ponte medieval do século XIV ou XV.

Non é a primeira vez que falamos do déficit de infraestruturas que padece o noso concello, e aínda que o seu nome indica o contrario, nós, os estradenses, estamos lonxe dos grandes nodos de comunicacións de Galicia: autoestrada Vigo-A Coruña e autoestrada Santiago-Ourense, esta última tócanos de refilón.

Neste sentido o BNG ven de propoñerlles aos concellos das comarcas Deza e Tabeirós-Terra de Montes, entre os que se atopa o noso, que soliciten  un estudo para ver a viabilidade dunha vía de alta capacidade que conecte os nosos concellos do interior cos concellos do Eixo Atlántico, sobre todo Pontevedra e Vigo, aínda que tamén con Vilagarcía.

Evidentemente, e localismos á marxe, o noso concello non pode quedar á marxe desta vía ou vías de comunicación que serán vitais, xunto con outras, como a autovía Santiago-A Estrada ou a Variante, para o progreso económico do noso Concello.  De todos os xeitos non convén poñer o carro diante dos bois, isto é só un estudo de viabilidade, algo lóxico por outra parte, porque xa non é a primeira vez que se fan as obras e logo xa se mirará para que serve. O tempo dirá en que queda todo isto.

Segundo unha ampla maioría dos que visitades a nosa web e participastes nas nosas enquisas hai dúas infraestruturas necesarias e imprescindíbeis para A Estrada: unha é a variante da Estrada e a outra a Autovía Santiago-A Estrada. Ben, pois nestes días estamos de enhoraboa, xa que o mércores Dono anunciaba que a autovía estará no plano de infraestruturas da Consellería de Política Territoria e Obras públicas para os próximos catro anos; e, pola súa parte, o BNG anuncia que os seus deputado en Madrid pecharon un acordo co Goberno Central para asignar 1.300.000 euros para a Variante da Estrada nos presupostos do Estado para 2008.

Evidentemente, xa que esperamos ata agora, non vamos a dubidar nós agora cando hai poucos meses que o novo goberno local botou a andar, pero si estaremos vixiantes e recordaremos dentro duns meses o cumprimento ou non destes anuncios. Quen si xa dubidan do que se nos anuncia son o PP e CIDEGÁ, que en ambos os dous grupos houbo persoas con responsabilidades de goberno que puideron anunciar e executar (tempo tiveron) estas obras e non as fixeron.

Efectivamente, tal e como apunta “xoan” no seu comentario, os orzamentos dos estado 2008 só contempla un incremento de só 50.000 euros para a “Variante da Estrada”, que ten un custe de 916.000 euros (ver na páxina 5).

Este é unha obra iniciada en 2004 e con previsión de finalización en 2009, se costa 916.000 euros, no 2007 aportáronse 400.000 e prevese un incremento de 50.000 euros para 2008, e unha proxección para 2009 de só 25.000, está claro que esta obra non se remata no ano previsto.

Daquela ten que ser a presión política do Concello no seu conxunto, é dicir, de todas as forzas políticas, a que solicite inmediatamente o aumento do orzamento xa para 2008, para unha obra que levamos anos esperando por ela, e que é imprescindible para a Estrada, que eliminaría boa parte do tráfico rodado que pasa pola vila, sobre todo o pesado, que, concretamente, os camións que veñen de Santiago e queren ir a Pontevedra ou Lalín son desviados pola Rúa da Cultura, enlazando despois cunha “pistiña” que non é o camiño máis axeitado para este tipo de vehículos.

O noso concello ten un nome dunha vía de comunicación terrestre, sen embargo as comunicacións na Estrada distán moito de facer honra ao seu nome. Propoñemos un debate sereno sobre as infraestruturas de comunicación que necesita A Estrada.

Autovía Santiago-A Estrada:
Desde distintos ámbitos políticos e sociais estase demandando unha autovía que conecte Santiago coa A Estrada. Actualmente só esta planificado e en execución o tramo Santiago-Chao do Río, co que o noso Concello quedaría a 11 ou 12 kilómetros dese vial. Desde Chao do Río ata A Estrada hoxe tárdase entre 10 e 15 minutos, se a autovía chega A Estrada aforraríanse como moito 10 minutos. Este aforro en tempo xustificaría un gasto de miles de euros ao mesmo tempo que estragar terras e unha nova ponte sobre o Ulla?

Circunvalación:
Todo o trafico pesado que pasa polo noso Concello forzosamente ten que pasar polo centro urbano. O tráfico que vai en dirección Lalín ou Pontevedra non lle queda outra que pasar pola Avenida Benito Vigo, en cambio, o tráfico que ven de Santiago desvíase pola Rúa da Cultura, que non está axeitada para soportar este tráfico.

(Se hai algunha opción que non está na enquisa podedes inserila)

Ler m�is

touriño e as motosO xoves 12 de xullo Zapatero viña a Vigo a anunciar a construción dun satélite con tecnoloxía española que se lanzará ao espazo en 2010, do AVE só dixo que “va a llegar a tiempo“. Touriño ven onte á Estrada, á Academia Galega de Seguridade, a entregar unha serie de vehículos para os concellos limítrofes e unha moto para A Estrada, ademais de para anunciar que a Policía Autonómica estará lista en cinco anos, pero da demandada autovía Santiago-A Estrada non dixo nada, polo menos aos medios.