Non sei se sabedes pero Estrada TV puxo a disposición dos nosos políticos locais un minutos de gloria para que falen do que queiran. Onte falou De la Calle e volveu a cometer un lapsus durante a súa intervención. Nun momento dado dixo: “…presentámonos para servirnos da Estrada…”. Obviamente rectificou en seguida, pero con esta xa son dúas as meteduras de pata, e vamos a abrir unha sección nesta web para estas cousas, porque nos tememos que non vai ser a última.

A intervención de Dono no a vimos, e a de Raquel pódese ver na páxina we do BNG, aínda que é da semana pasada.

O venres pasado a Asociación de Mobleiros e o Premio Xornalístico Manuel Reimondez Portela organizaron unha cea homenaxe a Miguel de la Calle polos oito anos dedicados á Fundación de Exposicións e Congresos. Segundo nos contan alí estaba presente a flor e nada do noso Concello: políticos, representantes de sectores sociais, etc.Quen estaba
Pola parte política estaban os tres grupos, o Alcalde, Palmou,… Por parte do BNG estaba Raquel López Doce; por parte do PSOE non estaba Espiño, que de momento e o portavoz, pero estaba María Josefa Pernas representando ó seu partido. Supoñemos que a ausencia de Espiño podería xustificarse por non estar aínda ó 100%, pero tamén se podería deberse a non compartir mesa co que foi o seu compañeiro de filas ata hai uns días, é decir, por non atoparse con Figueiras. E abofé que tiña razóns para non ir, pois segundo parece María Josefa e Figueiras non intercambiaron palabra en toda a noite, e iso que estaban na mesma mesa.

As intervencións…
Todo o mundo tiña algo que decir esa noite, falaron todos. Á marxe doustras consideracións que falaremos máis adiante, Miguel de la Calle tivo un detalle moi especial con Figueiras, que dixo que pese ás diferencias que tiveron nos últimos anos, estas sempre foron en positivo e polo ben da Estrada, e non quixo decir máis ata que Figueiras lle adicou tamén unhas palabras. Abrazos de ambos e Miguel de la Calle tomou a palabra de novo e outra vez lle fixo un guiño a Figueiras, pois díxolle que pelexaría para que o futuro presidente da Cámara de Vilagarcía sexa da Estrada (Figueiras é o Vicepresidente 2º). Pero o mellor estaría por vir…

O mellor da noite
Efectivamente, o mellor aínda estaba por vir. Nesto, toma a palabra Miguel de la Calle e fala de que sempre que viaxou polo mundo adiante, dando a coñecer a Feira do Moble, levaba un libro que lle abriu moitas “pernas”. A tensión recorreu toda a sala, máis dun e dunha púxose colorado, e se puidera meterse debaixo da mesa faríao para non soportar o bochorno que se respiraba no ambiente. Ignoramos se foi unha traición do subconsciente ou se se lle trabou a lingua, pero todo o mundo alí presente decatouse perfectamente do que dixo, e aplaudiu nerviosamente para solventar a situación.