Set
21
Noitebus para ninguén
Categorías: Marcha | 8 comentarios
Acabamos de ver en Estrada Televisión que a Consellería de Política Territorial pon a disposicións dos mozos e mozas un servizo de autobuses para as noites de movida e entre os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei. O malo é que o servizo só estará dispoñible os venres, cando a maior concentración de mozos e mozas que saen de marcha é o sábado.
Unha de dúas ou a Consellería quere incentivar a “marcha” os venres nestes concellos, cousa que lle agradaría aos hosteleiros, ou quere tirar cos cartos públicos; isto é facer que fai, porque evidentemente poucos mozos, mellor dito, practicmente ningún mozo utilizará ese servizo en venres. Esperamos que recapaciten, porque isto é un sinsentido: poñer buses para que non os utilicen ninguén é absurdo, é tirar cos cartos públicos.
