Gracias á aportación dun dos noso visitantes habituais do Ruxe, Xoan, chegounos por correo electrónico unhas fotos que mostran o estado no que se atopan os muíños de Barbude, que hai uns meses foron a visitar unha comitiva de políticos locais e autonómicos.

Subliñar en primeiro lugar que a responsabilidade primeira da limpeza do lugar corresponde a todos, a todos os que visitan o lugar e algúns desalmandos pensan que aquelo é unha escombreira. En segundo lugar a responsabilidade, se falla a primeira, corresponde ás autoridades locais manter limpo un lugar de indubidable interese turístico.

Xa sabedes, se tedes can, cando o saquedes a pasear levade unha bolsiña para recoller as súas cagadas, porque senón arriscádesvos a unha multa de ata 300 euros.

A medida que pon en marcha a Concellería de Medio Ambiente está ben, para que negalo, e haberá que ver a súa efectividade, porque tamén está prohibido aparcar o coche en raia amarela e apárcase e ninguén che di nada (por exemplo: Estatua dos Cabalos, fronte á Bombilla). Por outra parte non estaría de máis dotar á vila de máis papeleiras.