Abr
8
Irene vs Pepe
Categorías: Medios, PSOE | 23 comentarios
O pasado xoves houbo unha batalla mediático-política sen precedentes no noso Concello. Irene Aguiar Lale, Concelleira de Urbanismo daba unha rolda de prensa para anunciar se se facía o informe medio ambiental do PXOM ou non. Se o importante era saber iso precisamente, a Concelleira empezou por “aclarar” unha información que daba minutos antes Pepe en Radio Estrada, e este contestaba pola noite na canle de Estrada TV, que é da súa propiedade. A continuación os vídeos.
O que está claro é que despois da destitución de Pepe como director de Radio Estrada, as cousas entre este e o PSOE non van ben, e isto é unha proba.
Fev
12
O PSOE substitúe ao xerente de Radio Estrada
Categorías: Medios, PSOE | 15 comentarios
O PSOE cambiou na xerencia da Radio a Pepe Rodríguez por José Marque, tamén traballador da Radio Municipal, Radio Estrada.
Os motivos deste cambio non transcenden na noticia que sae hoxe no Faro, pero aos poucos días de que Dono tomara posesión, este fixo unhas declaracións públicas nunha televisión onde xa manifestaba certa desconformidade co proceder de Pepe Rodríguez na Emisora Local.
Pasa sempre que hai un cambio de goberno, sexa ao nivel que sexa. Todos queren o control dos medios de comunicación. Pepe Rodríguez entrou hai moitos anos cando gobernaba o PP, levou a Radio Estrada a unha cotas de audiencia moi importantes, moi por encima de moitas radios municipais.
Os medios públicos, sexan da titularidade que sexa, deben informar de todo e contemplar a todos os axentes sociais e políticos sen distinción. Seguramente co anterior xerente este criterio non existía, pero tampouco hai garantías que co novo xerente haxa unha información plural.
———
Actualizado 13 febreiro, ás 21:45
Segundo declaracións de Dono en Estrada Televisión, co cambio de xerente en Radio Estrada procúrase unha mellora na xestión e nos ingresos por publicidade.
Vos, se quixerades mellorar os ingresos da Radio, que faríades? apretariadeslle as clavixas ao xerente para que este llas aprete ao comercial ou poñeríades o comercial na xerencia?. Nunca vimos tal cousa nunha empresa privada, agora que como é pública parece ser que é posible…
Nov
7
Escollendo palabras
Categorías: Medios | 4 comentarios
El Correo Gallegosubstitúe palabras: “…A ver se aproban o PP dunha vez“, que, como podedes ver, non ten sentido ningún.
Faro de Vigo, “poña a responsabilidade enriba da mesa”, saque “este plan para adiante” y lo apruebe “canto antes”.
Debe ser o código ético ou o libro de estilo, pero non é o que dixo o Gonzalo Figueiras, Concelleiro do PSOE.
