Con toda probabilidade no salón de Plenos do Concellos nunca se viviran momentos tan emotivos como o vivido onte cando a corporación saínte e entrante fixeron unha homenaxe ao Alcalde e Concelleiros fusilados un 5 de xuño de 1937, grazas, -todo hai que decilo-, ás xestións feitas polo BNG para que este feito se levara a cabo.

Había moita xente, familiares e veciños, que quixeron render esta merecida homenaxe aos veciños que perderon a vida por defender os valores democráticos. Como dixemos había moita xente, e seguramente habería moita máis se o acto fora publicitado como se merecía; e non se entende que tivéramos que esperar 70 anos e, como mínimo, dúas negativas do PP, para que esta homenaxe fora posible.

Curioso foi ver a Ramón Campos, Reboredo e a outros concelleiros do PP, que se negaron durante a pasada lexislatura a facer ningún tipo de homenaxe a estes veciños fusilados, entregar un agasallo e aplaudir aos familiares que visiblemente emocionados recordaban aos seus parentes fusilados.

A anécdota do día veu da man de Valentín, o mestre de ceremonias, que se referiu a Dono como alcalde electo e iso non o será ata o día 16 de xuño.

Na prensa: Faro e Voz.
Imaxes na web do BNG.