Dez
31
Repaso do ano que acaba
Categorías: BNG, Cidadáns por Galicia, Concello, Deporte, Municipais 2007, PP, PSOE, PXOM, Partido Galeguista | Fai un comentario
Seguramente haberá cousas máis importantes que outras, pero para nós isto é o máis destacado do ano 2007:
Xaneiro:
Empezamos o ano cunha dimisión, a de Figueiras, que ata aquel entón era Concelleiro do PSOE. Tamén coñecíamos a imputación dun Concelleiro do PP por un presunto tráfico de “leite negra”.
Febreiro:
Neste mes o PP empezaba a sinalarlle a porta de saída a Reboredo, e empezaban as especulacións sobre quen sería o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos logo da dimisión de Miguel de la Calle para ser o candidato do PP á Alcaldía.
Marzo:
Achéganse as eleccións e os partidos empezan a ensinar as súas cartas: preséntase o Partido Galeguista e Reboredo, logo de presentar a súa dimisión, tamén presenta a súa candidatura baixo o nome de Cidadáns por Galicia.
Abril:
Un espello xógalle unha mala pasada a Figueiras na presentación da candidatura de Cidadáns por Galicia. Saen publicadas as listas que concorreráns ás eleccións municipais.
Maio:
Xa en plena campaña electoral: debate dos candidatos, os resultados e o nome dos concelleiros. O PSOE é o partido máis votado, que non descarta nada para formalizar un goberno estable; Reboredo ofrécese.
Xuño:
O PSOE, de momento, forma un goberno en minoría e o mes está practicamente monopolizado polo disputado soldo do Señor Alcalde.
Xullo:
Segue o debate do soldo de Dono e hai certa presión para que o PSOE e o BNG acaden un acordo de goberno. Na Fundación de Exposicións e Congresos son días tumultuosos logo do requerimento da Consellería para anular a elección do Xerente.
Agosto:
No PP empezan as mundanzas: De la Calle deixa a portavocía do grupo municipal. Fallo do Tribunal Supremo que permite ao Concello exercer o dereito de retracto sobre a Torre de Guimarei.
Setembro:
O ex-Alcalde no banquiño dos acusados por un presunto delito de prevaricación urbanística. Cúmprense os 100 días de goberno en minoría do PSOE.
Outubro:
PSOE e BNG chegan a un acordo de goberno.
Novembro:
Un Concelleiro do PP amaga con irse para a casa porque el está en política porque llo pediu De la Calle. O Presidente da Xunta fai unha visita á Estrada. Chito Campos non se presenta ao xuízo logo do aprazamento do mes de setembro.
Decembro:
Intereses de todo tipo ao redor da ampliación do Polígono de Toedo. Hai conversas entre Palmou e Reboredo. E para acabar o ano fútbol (sala).
Para remtar, dende o Ruxe-Ruxe na Estrada desexámosvos un feliz ano 2008.
Jun
21
Así ve a prensa a rolda de prensa do BNG
Categorías: BNG, Municipais 2007 | 44 comentarios
Dirigentes comarcales del BNG, como Manuel Rendo o Alberte Maceira, acompañaron ayer a los tres integrantes del grupo municipal del Bloque estradense resultante de las últimas elecciones en una rueda de prensa en la que los nacionalistas acusaron el PSOE estradense de no saber ni querer negociar un posible pacto de gobierno.
Faro de Vigo: El BNG ve “irrenunciables” para pactar la primera tenencia de alcaldía y 4 concejalías
Manuel Anxo Rendo participó en su día en la negociación que dio la Alcaldía al socialista Suso Tallón. Destaca que entonces el PSOE dio la primera tenencia de alcaldía a Campos. Ahora detecta “pouca capacidade de diálogo do PSOE”. En relación con las declaraciones del alcalde José Antonio Dono diciendo que si los demás grupos no apoyaban la aprobación del Plan Xeral sería culpa de ellos y no de los socialistas, Rendo dice que a Dono y al PSOE le corresponde “negociar con tódolos grupos da oposición e sacar o PXOM adiante”. Cree que si no ocurre así “A Estrada ó mellor perde un bo médico e gaña un mal alcalde”.
El Correo Gallego: El Bloque estradense culpa al PSOE de no ceder por la primera tenencia
…la comisión negociadora del PSOE presentó el martes “sorprendentemente” la misma propuesta que la semana anterior: la segunda y cuarta tenencia de alcaldía; 2 de los 8 miembros en la comisión de gobierno; y la presidencia de 3 comisiones que se corresponderían con las delegaciones para el BNG (Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade; Industria, Turismo e Comercio y Facenda e Contas o bien Feiras, Festas e Mercados).
Web BNG da Estrada: O PSOE da Estrada non quere un co-goberno
O BNG non quere máis do que lle corresponde, pero tampouco menos do asinado polas dúas forzas políticas a nivel galego
Polo seu interese na seguinte ligazón atoparedes un cadro que figura na páxina do BNG na que se poden ver gráficamente cales son as peticións do BNG e a oferta do PSOE, o que permitirá comparalo un co outro e tamén o Acordo Marco.
Jun
20
O PSOE terá que gobernar en minoría
Categorías: BNG, Municipais 2007, PSOE | 11 comentarios
Jun
19
Voltan as negociacións
Categorías: BNG, Municipais 2007, PSOE | 6 comentarios
Jun
16
Pleno de investidura
Categorías: BNG, Municipais 2007, PSOE, Pleno | 21 comentarios
Diante dun enfervorizado público que ateigou o salón de Plenos, mesmo se quedou pequeno para este acto, José Antonio Dono López quedou investido Alcalde da Estrada. Por el votou o seu grupo, 9 concelleiros; por De la Calle votaron 7 concelleiros; o BNG abstívose, facilitando así a investidura, tal e se reflectía no pacto asinado polo PSOE e o BNG a nivel galego; e Reboredo obtivo 2 votos.
negociacións por diante para sacar as cuestións máis importantes do Concello (bueno, non só as importantes, todo diríamos nós), sexa co BNG ou co resto das formacións políticas da corporación. O PSOE ten que amosar o seu talante, do que habitualmente fai gala, e se quere un goberno tranquilo terá que ser xeneroso co BNG, porque se ven é certo que o Bloque non pode conseguir o que non lle deron as urnas, o PSOE tampouco pode pretender ter unha maioría absoluta, unha maioría que lle permita gobernar, sen dar nada a cambio. A continuación pegamos o que sae hoxe no Faro a oferta do PSOE e a petición do BNG:
Mai
30
Reunións e proposicións
Categorías: BNG, Cidadáns por Galicia, Municipais 2007, PSOE | 29 comentarios
Pola súa parte Reboredo fai un ofrecemento bastante tentador: “Cidadáns no votarían en contra, sobre todo en los plenos, de las propuestas que presentara el equipo de gobierno“.
E o PP de momento fóra de xogo, tomándose o seu tempo para reflexionar.
Mai
29
O PSOE non descarta nada
Categorías: Audio, BNG, Municipais 2007, PSOE | 19 comentarios
Mai
27
E estes son os novos concelleiros
Categorías: Municipais 2007 | 51 comentarios
Estes son os novos concelleiros da corporación da Estrada:
PSOE
- José Antonio Dono López
- Manuel Otero Espiño
- Manuel Sanmartín Obelleiro
- Mª Monserrat Maceiras Vicente
- Irene Aguiar Lale
- Ana Asorey Brea
- Mónica Magariños Cobas
- Germán González Rodríguez
- Manuel Loureiro Loureiro
PP
- Miguel de la Calle Amaro
- José Antonio Maceira Besteiro
- Gisele Maissa Rodrigo
- Cristina Goldar Soto
- José Carlos López Campos
- José Antonio García Villar
- José Vicente Vicente
BNG
- Raquel López Doce
- Xoán Carlos Castro Blanco
- Isabel Ruíz Ferro
CIDEGA
- José Manuel Reboredo Baños
- Juán Antonio Torres Álvarez
Mai
27
Estes son os resultados
Categorías: Municipais 2007 | 8 comentarios
Co 100% dos votos escrutados estes son os resultados:
PP - 7
BNG - 3
CIDEGA - 2
Mai
26
Para seguir o escrutinio
Categorías: Municipais 2007 | 7 comentarios
Páxina de recontos do Ministerio do Interior
E esta é a páxina referida a A Estrada
