Seguramente haberá cousas máis importantes que outras, pero para nós isto é o máis destacado do ano 2007:

Xaneiro:
Empezamos o ano cunha dimisión, a de Figueiras, que ata aquel entón era Concelleiro do PSOE. Tamén coñecíamos a imputación dun Concelleiro do PP por un presunto tráfico de “leite negra”.

Febreiro:
Neste mes o PP empezaba a sinalarlle a porta de saída a Reboredo, e empezaban as especulacións sobre quen sería o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos logo da dimisión de Miguel de la Calle para ser o candidato do PP á Alcaldía.

Marzo:
Achéganse as eleccións e os partidos empezan a ensinar as súas cartas: preséntase o Partido Galeguista e Reboredo, logo de presentar a súa dimisión, tamén presenta a súa candidatura baixo o nome de Cidadáns por Galicia.

Abril:
Un espello xógalle unha mala pasada a Figueiras na presentación da candidatura de Cidadáns por Galicia. Saen publicadas as listas que concorreráns ás eleccións municipais.

Maio:
Xa en plena campaña electoral: debate dos candidatos, os resultados e o nome dos concelleiros. O PSOE é o partido máis votado, que non descarta nada para formalizar un goberno estable; Reboredo ofrécese.

Xuño:
O PSOE, de momento, forma un goberno en minoría e o mes está practicamente monopolizado polo disputado soldo do Señor Alcalde.

Xullo:
Segue o debate do soldo de Dono e hai certa presión para que o PSOE e o BNG acaden un acordo de goberno. Na Fundación de Exposicións e Congresos son días tumultuosos logo do requerimento da Consellería para anular a elección do Xerente.

Agosto:
No PP empezan as mundanzas: De la Calle deixa a portavocía do grupo municipal. Fallo do Tribunal Supremo que permite ao Concello exercer o dereito de retracto sobre a Torre de Guimarei.

Setembro:
O ex-Alcalde no banquiño dos acusados por un presunto delito de prevaricación urbanística. Cúmprense os 100 días de goberno en minoría do PSOE.

Outubro:
PSOE e BNG chegan a un acordo de goberno.

Novembro:
Un Concelleiro do PP amaga con irse para a casa porque el está en política porque llo pediu De la Calle. O Presidente da Xunta fai unha visita á Estrada. Chito Campos non se presenta ao xuízo logo do aprazamento do mes de setembro.

Decembro:
Intereses de todo tipo ao redor da ampliación do Polígono de Toedo. Hai conversas entre Palmou e Reboredo. E para acabar o ano fútbol (sala).

Para remtar, dende o Ruxe-Ruxe na Estrada desexámosvos un feliz ano 2008.

A sorte está botada!!. Durante quince días sucedéronse os mitins, megafonías, pegada de carteis e festas varias. Todo para convencer ao contrario de que a súa opción política é a mellor ou para convencelos de que a outra é peor.

Os estradenses terán que decidir se queren a De la Calle, que xa se promulgaba “Alcalde para A Estrada“; entre Dono, que disque “Faremos Máis“; entre Raquel, que ten “unha Estrada pensada para ti“; ou decidir por un Reboredo que seica é “Un cidadán coma Ti“; ou finalmente a Villamayor que ten “Outra forma de facer política“. Quen se vai levar o gato á auga é unha incógnita, hoxe máis que nunca, pero nós só pedimos que quen goberne o noso Concello a partires do día 27, sexa unha soa candidatura ou varias, o fagan tendo como único obxectivo A Estrada e non os seus intereses persoais ou partidistas, e esperamos tamén que non vexamos o espectáculo bochorso de hai 16 anos.

Acabamos de enterarnos a través de aestragada.com que Miguel de la Calle xa ten web, que a verdade é bastante bonita, todo hai que decilo.

Das distintas webs que hai, a de Miguel de la Calle, Raquel López Doce, Reboredo e a de Orlando Villamayor, só as dúas primeiras, a do PP e a do BNG, están actualizadas, a de Reboredo quedouse no día 10, e a de Orlando Villamayor non podemos especificar a data, pero pouco máis ten que a de Cidadáns. Da páxina web do PSOE non podemos dicir nada porque que sepamos non a ten.

Hoxe ás oito da tarde o casco urbano da Estrada estaba cheo de bandeirolas do PP. En cada farola había unha bandeirola de Miguel de la Calle, mesmo nas farolas das rúas máis céntricas, toda unha desmostración de forza e poderío económico. Ás doce da noite xa non quedaba unha, polo menos pola zona que vimos nós, toda unha demostración de rapidez á hora de rectificar as meteduras de pata, pois son espazos públicos e iso está regulado pola Xunta Electoral.

Falando da competencia, segundo nos contaron Villamayor seguiu o exemplo de Reboredo e tamén instalou un local electoral, neste caso na Rúa Iryda, tamén cun gran escaparate e a tiro de pedra do Concello.

No día de hoxe saen publicadas as listas que concorrerán ás eleccións municipais do mes de maio. O PP, o PSOE, o BNG, Cidadáns xa deran a coñecer as súas respectivas listas completas, agora poderemos ver tamén quen compón a lista do Partido Galeguista.

1.—ORLANDO VILLAMAYOR TORRES
2.—MANUEL BARCALA PEREIRAS
3.—MANUEL JOSE CARAMES ARCA
4.—MARIA LUISA JULIA PAZOS PAZOS
5.—MONICA MALLO CARREIRA
6.—JOSE ANTONIO BERNARDEZ COLLAZO
7.—MARIA ESTHER VINSEIRO TARRIO
8.—MANUEL JESUS GARCIA NEIRA
9.—MIRIAN PEREZ BOLAÑO
10.—JAVIER VERDE MONTERO
11.—MARIA ELIDA ARCA BLANCO
12.—MARIA ISABEL MACEIRA LEMOS
13.—MARIA JOSE MARQUE PISO
14.—JAVIER PARAFITA VILAR
15.—JAVIER MAGARIÑOS VILLAR
16.—MARIA DE LOS ANGELES TORRES PEREIRAS
17.—JOSE LUIS SOUTO ANDUJAR
18.—LAURA VINSEIRO RODRIGUEZ
19.—ALEJANDRO MANUEL GARCIA LOISA
20.—MARIA CURRAS GARCIA
21.—ROGELIO MIGUEZ BLANCO
Suplentes:
1.—CARLOS ALLER CODESIDO
2.—ROCIO CALVIÑO VINSEIRO
3.—ENRIQUE RODRIGUEZ RAVIÑA

Orlando Villamayor será o candidato do Partido Galeguista, de número dous irá Manolo Barcala e de tres José Caramés; o resto da candidatura darana nos próximos días.

Hoxe José Caramés e Orlando Villamayor presentaron o Partido Galeguista na Estrada, que promoverá unha candidatura ás eleccións municipais.

A xunta xestora do Partido Galeguista está formada por Orlando Villamayor, José Caramés, José Antonio Bermúdez e Manolo Barcala.