Onte saíu na prensa que a Consellería de Industria destinará 315.000 euros para o acondicionamento do entorno do Campo do Medio en Sabucedo no marco dun proxecto de revitalización desta parroquia da Estrada. Efectivamente é unha moi boa noticia non só para Sabucedo, senón para A Estrada, pois a Rapa das Bestas é unha festa de interese turístico internacional, e o acondicionamento do espazo onde se celebra a mesma é moi necesario para potenciar aínda máis este evento festivo-cultural.

Curiosamente nesta ocasión o Alcalde Dono non saíu nos medios felicitando á Consellería de Industria por destinar os 315.000 euros a Sabucedo, como si fixo cando a mesma Consellería baixou de 120.000 a 60.000 a súa aportación á Fundación de Exposicións e Congresos, debido á escasa actividade feiral que desenvolve o recinto. E oportunidades non lle faltaron, fai roldas de prensa todos os días.

Tendo en conta o nivel de endebedamento do Concello, non é ningunha sorpresa que se nos anuncie que non hai cartos para exercer o dereito de retracto amparado na recente sentenza do Tribunal Supremo para que o Concello merque a Torre de Guimarei. Dono e Obelleiro (Concelleiro de Cultura) terán que petar nas portas das Consellerías, dos Ministerios, Deputación e algún banco para conseguir os cartos necesarios para comprar a Torre de Guimarei.

Faro de Vigo: El gobierno de A Estrada busca financiación urgente para adquirir la Torre de Guimarei

El Correo Gallego: Buscan financiación para la torre de Guimarei

torre guimareiCoñecido o fallo do Tribunal Supremo sobre a Torre de Guimarei, que permite ao Concello exercer o seu dereito de retracto, isto é comprala para uso público, non podemos senón congratularnos da noticia e animar ao goberno municipal a adquirir este ben de interese cultural, un dos poucos que xa quedan no noso Concello e que actualmente está a monte e sen coidado algún por parte do particular que ten a propiedade neste intre.

Desde logo ao Goberno Municipal non lle van faltar apoios políticos, -todos os grupos da oposición xa manifestaron a súa opinión ao respecto-, e tampouco veciñais para recuperar un dos recintos emblemáticos da Estrada. Agora ben, se o PSOE decide mercar a Torre de Guimarei, esperemos que sexa para facer algo positivo con ela (rehabilitala e recuperala para uso e disfrute dos veciños e turistas), e non para deixala a monte outros tantos anos máis.

——-

Carlos Zal Cabanas, arquitecto técnico especialista no Pazo e na Torre de Guimarei: ´O custe non debe impedir mercar a torre e o pazo´