Fev
2
Pleno do 1 de febreiro
Categorías: Pleno | 3 comentarios
Planificación e transparencia. Estas foron as palabaras que máis se oíron onte no pleno. Tanto PP como Cideá esgrimíronas en todas e cada un dos puntos da orde do día, que, por outra parte, non suscitou ningún voto en contro por parte destas dúas formación, aínda que si houbo abstencións.
Nun dos puntos da orde do día aprobouse o proxecto para recadar máis de tres millóns de euros dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. Outra cuestión que se levou a pleno foi a cesión por un máximo de catro anos prorogábeis dun parte do arquivo municipal para que o use o xulgado, que estará instalado no concello mentres non se xestione un novo, cuestión esta que suscitou un intenso debate entre o PP e o Alcalde.
Noutro punto da orde do día aprobouse unha moción do BNG na que se solicitaba a universalización do servizo de correos a todo o rural. A moción aprobouse por unanimidade.
Tamén se deu conta da cesión á Biblioteca Municipal por parte da irmá de Reimóndez Portela do seu arquivo bibliográfico, o que suscitou palabras de agradecemento do Alcalde.
No apartado de rogos e preguntas tanto PP como Cidadáns solicitáronlle ao Alcalde que faga caso da petición de AEDRU e convoque unha reunión pública no Teatro para explicar o estado do PXOM, por aquelo da transparencia e porque eles tamén o fixeron cando foi o seu turno.
Jan
4
Pleno ordinario do 4 de xaneiro de 2008
Categorías: PP, Pleno | 4 comentarios
O pleno de hoxe sería totalmente intrascendente se non fora polo que contaremos a continuación. O Pleno propiamente dito liquidouse en 15 minutos, no que se aprobou por unanimidade apoiar a Candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, e tamén apoiar o irmanamento da citada Torre coa Estatuta da Liberdade (… sin comentarios). Tamén se aprobou por unanimidade unha moción de Cidadáns solicitando a ampliación dun mes máis no prazo para presentar os compromisos de edficar no rural para delimitar as áreas de expansión na corrección do PXOM.
De la Calle presentou a renuncia
Efectivamente, o mellor para o final. Miguel de la Calle despediuse de toda a corporación xa que presentou a renuncia a súa acta de Concelleiro para formar parte do Consello Económico da Universidade de Santiago. Na súa intervención final agradeceu o apoio prestado nestes meses para levar adinate o seu traballo na oposición e no corto tempo que estivo na política activa deulle tempo de coñecer quen e quen, en quen se pode confiar e en quen non (isto non sabemos se o dixo para dentro ou para os de fóra, pero moito nos tememos que polos primeiros).
Por último, damos conta dun pequeno detalle: a ausencia no Pleno de José Antonio García Villar, o Concelleiro que hai unhas semanas fixo un amago de dimisión. O tempo dirá se a súa ausencia ten relación coa renuncia de De la Calle.
Dez
5
Pleno ordinario do 5 de decembro
Categorías: Pleno | Fai un comentario
Na orde do día do pleno de hoxe ían dúas cousas de certa importancia, pero que se aprobaron por unanimidade: o regulamento do punto limpo e as gratificacións ao persoal temporal do Concello. Seguramente o máis destacable é que no PP teñen divido o traballo -como debe ser, todo hai que dicilo-, e cada quen ocúpase dunha parceliña, así Cristina Goldar interveu para o tema de índole laboral e Giselle Maïsa para o tema medioambiental.
No apartado de rogos e preguntas houbo máis debate que nos puntos da orde do día. Así o PP quixo saber cando se traerían os orzamentos para aprobar, tamén quixo saber porque non hai noticias do PXOM, porque parece ser que a comisión de urbanismo xa hai que non se convoca e e só teñen noticias do asunto pola prensa. En canto aos rogos, López pediulle ao Alcalde que lle fixera máis caso aos do BNG (en serio que o dixo, non é broma) cando, na Xunta de Goberno Local, non lle quixeron votar a favor da contratación do arquitecto, porque consideraron que non serviría para arranxar os problemas que hai na oficina de urbanismo, e só fará agrandalo máis aínda.
Nov
22
Pleno Extraordinario do 21 de novembro
Categorías: Pleno | Fai un comentario
No pleno extraordinario de hoxe, malia ser extenso no número de punto na orde do día (oito en total) só houbo dous de certa relevancia e que concitaron certa relevancia. Un foi a aprobación do Regulamento de Participación Cidadá e outro foi a adhesión do Concello ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. Alén disto, outra das cousas destacables foi o debut de Cristina Goldar como portavoz do PP, ante a ausencia de López (vese que os novos piden paso).
O Regulamento de Participación Cidadá nace a iniciativa do BNG (de feito xa o presentara durante o anterior mandato do PP) e, como o seu nome indica, pretende regular a participación dos veciños nas decisións que lles afectan directamente, ou cando menos telos en conta. O PP abstívose e Cidegá votou en contra. O primeiro, entre outras razóns, pedía que os partidos tiveran a representación que lle correspondía tendo en conta os votos sacados nas urna, argumento que foi rexeitado polo BNG aducindo que os consellos sectoriais son órganos consultivos onde os veciños e os sectores implicados expoñen os seus problemas e que en ningunha medida son decisorios. Cidegá pola súa parte solicitaba que os Alcaldes de Barrio foran membros natos dos Consellos Parroquiais. Alén disto, tampouco houbo un debate político de maior calado, limitándose os partidos da oposición a intentar emendar certos aspectos técnicos que foron rexeitados case na súa totalidade. Finalmente o Regulamento aprobouse cos votos favorábeis do Grupo de Goberno e a partir de agora todo veciño que queira interpelar aos partidos durante o pleno pode facelo previa solicitude.
Out
31
Hoxe celebrouse o Pleno Ordinario correspondente ao de novembro e un extraordinario para aprobar o mesmo que se aprobara hai dúas semanas: as dedicacións exclusivas.
Como os argumentos sobre as dedicacións exclusivas xa se indicaron no susodito pleno extraordinario non vamos a repetir os mesmos argumentos esgrimidos no día de hoxe, só salientaremos algunhas cousas que nos chamaron a atención.
Para empezar o PP votou en contra da acta do Pleno Extraordinario, porque consideraba que non podía votar a favor de algo que logo ía quedar revogado. Non teñen razón, ao noso entender, un acta recolle o que acontece nas reunións e dálles valor legal así despois anulen o aprobado, poque é absurdo, como pretendía o PP, votar a favor da revogación de algo que non pasou.
Como a semana pasada había que aprobar a compatibilidade de Irene Aguiar e dedicación parcial e total de esta e Raquel López. Na primeira cuestión Irene Aguiar, como acontenceu no Pleno anterior non deu explicación algunha nin sobre a compatibilidade nin sobre a dedicación parcial, ausentándose do Pleno mentres de debatía e se votaba o tema da súa compatibilidade. Dicir, que o Secretario, relatou un sin fin de leis de sentencias, para xustificar a ausencia de Irene durante a votación por ser parte interesada, pero non durante deliberación. Quen si deu a cara foi Raquel, que nin se ausentou e votou a súa dedicación exclusiva.
Un dos argumento esgrimidos nesta ocasión polo PP a respecto das dedicacións exclusivas foi a da desproporción entre a dedicación parcial de Irene Aguiar, 23.000 euros, e a de Raquel, que é total, 29.600 euros, si que nos chamou a atención. En boa lóxica, a parcial debería ser a metade da exclusiva, pero vese que nisto das dedicación non seguen unha lóxica que poidamos entender.
No apartado de rogos e preguntas o Alcalde luceu o seu carácter ante a pregunta de López do PP, onde lle pedía explicacións polo envío da Policía Local á eleccióndo Alcalde de Barrio de San Xurxo de Vea. López quixo saber por que se enviou a policia, cal era o procedimento para a elección dos alcaldes de barrio etc, etc. Dono, nin corto nin perezoso, espetoulle máis ou menos que “a elección dos alcaldes de barrio era unha competencia súa e o procedimento facíase como el determinaba”. Punto. E aí se acabou a historia.
Out
16
Pleno Extraordinario
Categorías: Pleno | 9 comentarios
No Pleno Extraordinario de onte deuse conta da nova situación política na Estrada logo do acordo de goberno do PSOE e do BNG. Así, anunciáronse as delegacións que van ter ambos partidos, e que xa coñecedes de sobra, así dar conta da denominación das comisións, e tamén aprobar as dedicacións exclusivas de Raquel López e de Irene Aguiar.
Tanto PP como CIDEGÁ, -sobre todo o PP-, insistiron no ilegal da convocatoria, cuestión esta que lle aclarou o Secretario do Concello, pero non con demasiado éxito. Acusou ao bipartito de falta de transparencia ao entender que algúns puntos debían pasar antes por comisión informativa, e tamén acusou a PSOE e BNG de ter demasiada presa en arranxar os acordos ao que chegaron ambos partidos. Reboredo coincidiu na súa intervención co PP.
Ler m�is
Out
6
Pleno do 5 e outubro
Categorías: Pleno | 1 comentario
Un pleno de unanimidades, pero que aínda que pareza un pouco raro prestouse para a controversia política, en algúns casos, e como dixo Espiño, misturando “churras con merinas”.
Tamén subliñar o debut de López como novo portavoz do PP, desprazando, mesmo fisicamente a De la Call. Hai que dicir que ten mellores maneiras que o anterior portavoz, pero misturar unhas cousas con outras simplemente por discutir non lle axuda o máis mínimo a convencer a ninguén.
En primeiro lugar, discutiron sobre o Matadoiro, e se Xóvenes Agricultores debía estar ou non na comisión do matadoiro, porque este sindicato non ten sede na Estrada. Finalmente, e a petición do PP, inclúese este sindicato e votaron todos a favor do ditame da comisión con esta emenda do PP.
Set
8
Pleno do 7 de setembro
Categorías: Pleno | 2 comentarios
Se xa o día foi caloroso o pleno de hoxe quentábase por momentos ata facer sofocante permanecer no salón de plenos. Así é como o definiríamos.
Un dos primeiros puntos de interese foi a aprobación por unanimidade de todos os grupos das festividades locais a suxestión dos axentes locais, cousa que parece ser que se fai por primeira vez (antes só era cousa de Don Ramón e os seus); así que este ano, os festivos son o 26 e 27 de xuño, en plenas festas patronais.
A seguinte cuestión na orde do día foi aprobación por unanimidade das demandas das necesidades en infraestruturas para inserilas no Plano de Reequilibrio Territorial 2007-2010; neste punto todas as forzas acordaron demandar ao Goberno Galego que inclúa no citado Plan a Autovía Santiago-A Estrada e un Parque Empresarial.
Mocións de urxencia:
Fundación de Exposicións: Esta moción non foi ningunha sorpresa para ninguén. O PP solicitaba na mesma un pronunciamento do goberno local e na se solicitaba que a corporación rexeitara a situación creada pola redución das aportacións da Consellería de Innovación e Industria, censurando tamén a falta de representantes deste Organismo na inauguración e na clausura da Feira do Moble.
Ago
3
Pleno do 3 de agosto
Categorías: Pleno | Fai un comentario
Foi un pleno rápido que apenas durou unha hora. Das cuestións a tratar había varias desafectacións de camiños, un deles o de Moreira. Unha das cuestións de certa relevancia é a aprobación da delimitación duns 30 núcleos rurais que, a partires da saída no BOP abrirase o prazo para presentar alegacións. Neste apartado tomou a palabra o BNG que solicitou maior celeridade na na aprobación do PXOM e na resolución dunhas catro alegacións á delimitación do primeiro grupo de núcleos rurais, pendentes aínda de resolver, logo de que xa rematara o prazo para presentalas. Dono respondeu que coincidía en que o PXOM era un tema vital e que en breve prazo manterá unha reunión con todos os grupos políticos para ver de encauzar o tema. O tema dos 30 núcleos rurais solventouse co voto unánime de todos os grupos.
A continuación presentouse para a súa aprobación un expediente de crédito para pagar facturas atrasadas. Neste apartado o BNG que votara en contra na comisión cambiou o seu voto pola abstención, xa que, como anunciou Raquel López Doce, o PSOE non tiña a culpa de que houbera facturas tan atrasadas sen pagar.
No apartado de mocións, o PP tomou a palabra por primeira vez, neste ocasión por boca de López, que solicitou a inclusión de determinadas infraestruturas e obras no Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia (autovía Santiago-A Estrada, traída de augas do Umia, etc). Espiño tomou a palabra solicitando que o tema se tratara en comisión. Votouse a urxencia, e o PSOE, perdeu a votación, pois votaron a favor o PP, BNG e CIDEGÁ. Aprobada a urxencia López reitera os argumentos expresados para defender a moción oral. O BNG pola súa parte xustifica o voto favorable da urxencia para coñecer polo miúdo a moción, pero á vista das carencias da mesma, pois consideraba que faltaban cousas, solicitoulle que pasara por comisión para incluir outras obras e infraestruturas que o BNG tamén consdiera importantes. Reboredo, pola súa parte, reitera o dito polo BNG, e coinciden todos en pasar por comisión a moción.
Se se nos permite, consideramos que López non estivo fino. O PP presentou a moción claramente buscando un titular, e quedouse a medio camiño.
Jul
9
Silencio plenario
Categorías: PSOE, Pleno | 9 comentarios
Pensamos que xa é a segunda vez que Dono segue a mesma estratexia: contestar á oposición desde a prensa. Baixo o pretexto de “non liar máis o debate” Dono contesta á oposición a través dos medios de comunicación e despois de rematar o Pleno. Pode ser certo, mais actuando deste xeito evita que o PP e o BNG lle poidan replicar in situ, co conseguinte risco de quedar en evidencia ou non, claro está. Este venres tivo a oportunidade de aclarar o tema do cobro dos trienios, como lle demandou o BNG, e sen embargo deu a calada por resposta.
