Mar
1
Espera que te espera
Categorías: PP, PSOE, Sanidade | 13 comentarios
As listas de espera na sanidade xa se parecen ao enterno debate do voto emigrante, que sempre se critica cando un está na oposición, sabedor de que non gobernar prexudica aos seus intereses e é un xeito de desgastar ao que manda. Pois coas listas de espera pasa o mesmo. Desta volta é o PP que demanda unha solución ás listas de espera na Estrada, e é Dono quen contesta, dicindo que antes había máis.
Mentres uns e outros se enlían no debate mediático somos os cidadáns de a pé os que sufrimos as consecuencias dunha sanidade máis atascada ca nunca e con multitude de problemas. Hai unhs cantos anos vendéusenos como a panacea o do “céntimo sanitario”, que algunhas comunidades galegas aplicaron, entre elas Galicia, para sufragar o gasto sanitario, malia a que iso teña uns efectos secundarios nada desexábeis. En definitiva, con céntimo sanitario ou sen el, a sanidade pública está mal, mentes a sanidade privada ten cada vez máis beneficios, algo, que nos debería facer reflexionar a todos.
Set
12
Gastando dúas veces
Categorías: PSOE, Sanidade | 3 comentarios
Hoxe sae en La Voz que Dono está facen xestións coa Consellería de Sanidade para ampliar Centro de Saúde da Estrada, que pode ser que faga falta. O que pasa é que co PXOM estaba previsto a construción dun novo ambulatorio, pero como o Plan Xeral non se sabe cando vai ser aprobado, e polo que parece (esta pode ser unha pista) vai para longo, hai que gastar agora cartos en poñer un remendo cando, aprobando o PXOM, teríamos un novo e en mellor situación ca este. Logo, se algún día se aproba un PXOM gastaremos de novo para facer outro centro de saúde.
Por outra parte, como dixemos ao principio, quizais faga falta ampliar o Ambulatorio, pero o que non dubidamos é da necesaria mellora de algúns dos servizos que se prestan no mesmo; non hai moitos días saía tamén nos medios que usuarias das clases de preparto teñen dificultades para asistir ás mesmas por falta de persoal. A isto hai que engadirlle o supresión do centro de saúde do Foxo e a incógnita que persigue ao Codeseda, que por outra banda, se funcionaran, sobre todo o primeiro, non habería que ampliar o Centro de Saúde da Estrada.
Ago
3
Menudo chollo os 2.500 euros
Categorías: Sanidade | 1 comentario
Hai uns días saíu na prensa que no ambulatorio da Estrada non se ofertaba o servizo de matrona debido ás vacacións dunha e a baixa doutra, e ambos os dous postos non foron cubertos como, por desgraza, é habitual na sanidade pública.
Así as cousas, xa non temos tan claro que os 2.500 euros, que o Goberno Central dará a cada fillo nacido, sexan un chollo para os pais, tendo en conta os deficientes servizos públicos que se lles presta (peche de centros médicos, vacacións que non se cubren, etc); empezando polo servizo sanitario en xeral, seguimos polas garderías, os colexios, os horarios dos colexios, … e un longo etcétera de cuestións que non fan doado a decisión de ter un fillo, xa que ao final, os 2.500 euros non chegan nin para empezar.
Por iso pensamos que o chollo dos 2.500 euros non é para os pais, senón para o Goberno: por un lado o anuncio desta medida serviulle a Zapatero para gañar o debate do estado da nación, e por outra, o Estado, a administración en xeral, afórrase en ofrecer servizos aos contribuíntes. Así calquera.
Dez
4
A sanidade enferma
Categorías: PSOE, Sanidade | 4 comentarios
Non hai moitos días, os médicos do ambulatorio da Estrada queixábanse do servizo que estaban prestando aos enfermos da Estrada; tamén non hai moitos días no Foxo pechábase un pequeno centro médico que atendía a casi mil persoas, e hai rumores, aínda sin confirmar, que o de Codeseda corre a mesma sorte.
Desde o punto de vista dos enfermos temos que sufrir esperas nas consultas cando o noso médico de cabeceira non está, posto que somos redirixidos ós facultativos que consultan no ambulatorio en vez de contratar temporalmente a outro médico. No período vacacional, sobre todo no verán, ocorre o mesmo, etc, etc, etc.
Curiosamente Dono, o candidato do PSOE, que é médico, e que ultimamente está tendo unha apretada axenda de actos e reunións, esquece totalmente ó seu gremio por un lado, e a atención sanitaria en xeral, que el conoce perfectamente. Seguramente neste tema non pode prometer as cousas que está prometendo un día si e outro tamén, porque el sabe perfectamente cal é a política que o seu partido está levando na Sanidade galega e sabe que non ten moita marxe de manobra.
Out
16
A manifa do sábado
Categorías: Sanidade | 2 comentarios
O pobo da Estrada non ten por costume manifestarse, pero cando hai motivos como o do centro médico do Foxo, os veciños saen a rúa en defensa dunha reivindicación que creen xusta.Fora polo desprazamento, fora polo ruido político dos últimos días, pero na Porta do Sol, que é donde se iniciou a manifestación, había pouca xente, menos que cando se convocou no Foxo; tanto é así, que houbo que esperar casi tres cuarto de hora para que a manifa se puxera en marcha.
Nesta ocasión estaba presente o xa candidato a alcalde do PP, Miguel de la Calle, estaba só; curiosamente ó outro lado da rúa estaba a outra sección do PP local, Chito, Palmou, Maceira e Arturo Brea. O Partido Popular fixo todo un desembarco na manifestación e mesmo capitaneou a mesma, como xa fixera na do Foxo. Tanto é así, que o Alcalde volveu a ocupar a primeira fila da manifestación collendo a pancarta, e iso, despois de que o BNG denunciara que fora o PP o culpable de que o Foxo non teña centro médico. Do PSOE non había ninguén, e do BNG estaban Raquel e Xan Carlos, iso si, ó final de todo, pechando a manifa.
A manifestación transcorreu en silencioata o ambulatorio, parecía unha marcha fúnebre, e alí leuse un manifesto reivindicando o centro médico para o Foxo.
Esto é o que dou de si a manifestación, espero que sirva para algo.
