Jun
24
Cambios na web
Categorías: Uncategorized | 3 comentarios
Despois duns meses de cor gris na nosa web decidimos darlle un novo aire: rexistramos un dominio e collemos un servidor con maior capacidade e posibilidades, todo gracias ao asesoramento da xente de aestragada.com que nos botou unha man dándonos unhas indicacións e recomendounos un servidor bo, bonito e barato. Esperemos que vos guste este cambio.
Set
15
Empezamos…
Categorías: Uncategorized | 1 comentario
O ciberespazo estradense acolle desde hoxe unha nova bitácora que se vén sumar a outras iniciativas (Disque na Estrada, …), co fin de rexoubear sobre aqueles asuntos da vida política, social e económica da Estrada que, por unhas razóns ou outras, quedan fóra dos xornais, as radios ou as tv locais. A nosa é unha aposta complementaria, en positivo e co ánimo de proporcionar novas claves e estimular o debate sobre os aconteceres cotiáns do que ocorre na Estrada e algúns prefiren calar. Benvidos a todos. Contamos coa vosa participación.
