Mai
9
AEDRU inicia unha novo xuízo por presunta prevaricación contra o anterior goberno do PP
Categorías: PP, Urbanismo | 3 comentarios
Onte iniciouse un novo xuízo contra a comisión de goberno do último goberno municipal do PP. No xulgado estaban citados Ramón Campos, José Antonio Maceira, Ana Constenla, Manuel Somoza, Manuel Arca, José Manuel Reboredo e José López que están acusados dun presunto delito de prevaricación urbanísticas por conceder catro licenzas de ocupación, que non se axustan ao proxecto inicial.
Os acusados defendéronse do mesmo xeito que saíron indemnes da súa última aventura xudicial, na que estaban inmersos boa parte dos acusados hoxe por AEDRU: recoñecen pequenos desaxustes sobre os proxectos, pero que non afectan a terreos públicos ou zonas verdes, ademais, subliñaron que non actuaron con mala fe.
Habendo xa un precedente, xa imaxinamos cal vai ser a sentenza deste novo xuízo.
Abr
21
Os SUNC entran en escea
Categorías: PSOE, Urbanismo | 18 comentarios
Dono quere negociar ou fará un intento de negociación cos propietarios dos terreos SUNC, que foron un auténtico pesadelo para o Partido Popular, representados pola asociación AEDRU.
Hai uns meses recordaredes a petición deste colectivo para organizar unha mesa redonda para que se aclare o futuro do PXOM. Desde aquela nada se sabe do asunto, e parece que, vendo a noticia que saíu o sábado, que hai algún tipo de acordo entre o PSOE e AEDRU para non armar follón. O acordo, por suposto, non queremos ser mal pensados, é que se non me armas follón haberá diálogo. AEDRU parece que cumpre o acordo e Dono tamén apunta nesa dirección.
Abr
10
Proinsa, Julián Muñoz e A Estrada
Categorías: Urbanismo | 10 comentarios
Non, non imos abrir unha sección de crónica rosa, pero pareceunos interesante a noticia, xa que hai uns días fíxemonos eco da suspensión de pagos da empresa lalinense Proinsa. O interesante da cuestión é Julián Muñóz, ex-alcalde de Marbella e implicado nunha tramar de corrupción urbanísticas, acaba de ser condenado a un ano de prisión ou 7.200 € de multa e oito anos de inhabilitación por mor da concesión, entendemos que irregular, dunhas licenzas á empresa Proinsa. Con el tamén foron condenados á mesma pena os ex concelleiros marbellíes Manuel Calle, Dolores Zurdo e Marisa Alcalá, mentres que a Rafael González, Tomás Reñones, Javier Lendínez, José Luis Troyano e José Luis Fernández Garrosa foron condenados a unha pena de nove meses de prisión ou 5.700 euros e outros oito aoos de inhabilitación.
Ignoramos os detalles da sentenza, pero o curioso é que as penas impostas teñen moita semellanza coas que pedía o Fiscal e o BNG no caso dun presunto delito de prevaricación urbanística contra o ex-alcalde Ramón Campos e varios dos seus concelleiros na corporación de 1994, só que neste caso os implicados foron condenados e no caso da Estrada foron absoltos.
Mar
7
Cando as barbas do veciño…
Categorías: PP, PSOE, Urbanismo, Xerais 2008 | 2 comentarios
Proinsa é grupo inmobiliario de Lalín que nos últimos días está a atravesar un dura situación, enfrontándose a unha suspensións de pagos por falta de liquidez, e acusan á Xunta, concretamente á Consellería de Traballo e á Consellería de Economía de falta de apoio para afrontar esta situación. Unha situación que, de non arranxarse, deixará na rúa a un total de 1.400 traballadores.
Non é a primeira empresa do sector inmobiliario que quebra ou que despide xente, que medraron ao compás da burbulla inmobiliaria e esta burbulla estase a desinchar a pasos axigantados. Aínda nestes días saíu nos medios que outra empresa, neste caso madrileña e de maior tamaño, Sacyr Vallermoso, a adxudicataria da controvertida Autovía do Barbanza, está a atravesar un momento delicado, e viuse salpicada esta empresa por uns rumores en forma de SMS onde acusan ao PSOE de “pagar” a esta empresa para adiar a suspensión de pagos ata despois das eleccións, algo que, de ocorrer antes, sería utilizado polo PP para demostrar a mala política económica do goberno de ZP.
Fev
16
Reboredo ataca
Categorías: Cidadáns por Galicia, Urbanismo | 59 comentarios
Xa tardaba a comparencia perante os medios de José Manuel Reboredo para valorar a sentenza xudicial que o absolveu dun presunto delito de prevaricación urbanística. Finalmente fixo onte, case a oscuras como se fose un testito protexido, acompañado do seu abogado, o fillo de Palmou, e compareceu onte, -supoñemos-, polo fin do prazo legal para presentar o recurso de casación perante o Tribunal Supremo, e non polo BNG, xa que dixo que non o ía presentar, senón porque aínda cabía a posibilidade de que o recorrera o Ministerio Fiscal, que tamén o acusaba, xunto cos outros imputados, dun presunto delito de prevaricación.
Na súa intervención Reboredo atacou a distro e siniestro: ao BNG, ao PSOE, ao Alcalde e mesmo a determinadas páxinas de internet (supoño que se referirá ao Ruxe). Sobre o BNG dixo que a denuncia fora motivada polo odio, acusándoos tamén de manipular aos veciños no tema do IBI e no PXOM, que “iban a reuniones convocadas de forma anónima para avivar” estes conflitos e iso pagárono nas urnas. Sobre o PSOE dixo que utilizaran a denuncia para descalificalo a el e aos membros da súa candidatura durante as campañas electorais. E sobre as páxinas de internet dixo que “cuatro resentidos, o quizá siempre el mismo, difaman de forma anónima, insultan y descalifican a concejales que ahora se demuestra eran inocentes de las acusaciones“.
Fev
9
O BNG non presentará o recurso de casación perante o Tribunal Supremo
Categorías: BNG, Urbanismo | 5 comentarios
Logo duns días de incertidume por saber o que pensaba o BNG sobre a sentenza da Audiencia de Pontevedra que absolvía a Ramón Campos e compañía dun presunto delito de prevaricación, o Bloque decide finalmente non presentar ese recurso, xa que considera que “los vecinos “xa ditaron sentenza nas pasadas eleccións municipais” y ésta es la “sentenza que lle vale ó BNG“. Asegura ademáis que “non ter interese en perseguir xudicialmente a ninguén” sino en “evitar” un “maior prexuízo e iso conseguiuse xa que todas as persoas encausadas, agás unha, están hoxe en día fóra da política” .
Con isto ponse o punto e final a unha historia xudicial na Estrada que ten 13 anos e que levou nada máis nin nada menos que a un Alcalde e concelleiros do PP que tiveron que sentarse no banco dos acusados, un feito sen precedentes no noso concello.
(Podedes decargar a sentenza dende a páxina web do BNG)
Fev
4
Parece que xa hai sentenza
Categorías: Urbanismo | 63 comentarios
Hai un ruxe-ruxe pola Estrada adiante, que corre como unha enxurrada despois dunha boa chuvieira. Ao mellor é unha entroidada, -xa sabedes que nesta época vale de todo-, pero moito nos tememos, e non hai máis que repasar acontecementos recentes, que os encausados nun presunto delito urbanístico, Ramón Campos, Reboredo e compañía, quedaron absoltos no xuízo cuxa sentenza demorouse case 15 anos.
Haberá que esperar confirmacións oficiais, pero os comentarios da rúa din iso.
—-
Nos medios:
El Correo Gallego:
“…La sentencia, que llega apenas tres semanas después de la vista oral, argumenta que no se aprecia ningún indicio de intencionalidad ni mala fe por parte de los acusados, a la hora de aprobar la concesión de tres licencias urbanísticas…“.
“al pedir la libre absolución que pese a las sentencias que declararon ilegales las obras (una del TSXG y otra del Tribunal Supremo, en 2002), los ediles desconocían la posibilidad de incurrir en un delito…” .
Faro de Vigo:
“…cabe apuntar que todos los acusados manifestaron que nadie les informó de la ilegalidad y que en ningún momento pensaron que podían cometer un delito…”.
Así que xa sabedes, se non pensades que estades a comenter un delito, adiante. A ignorancia é a vosa salvación.
Fev
1
AEDRU contraataca
Categorías: Urbanismo | 13 comentarios
AEDRU é colectivo de propietarios afectados pola calificación dos seus solares dentro do PXOM elaborado polo PP, e logo duns meses de silencia, quizais estando a espectativa de ver por onde ían os tiros contraataca e solicita unha reunión urxente no Teatro onde o novo Goberno Municipal dea conta do que está a pasar o PXOM.
Na súa nota de prensa, un tanto alarmista, por sermos suaves, indican que hai en marcha un novo PXOM. Segundo eles iniciouse un novo en novembro de 2006, logo quedar paralizado o anterior pola COTOP polos defectos que contiña, que de ser certo sería gravísimo que por parte do PP se iniciara un PXOM distinto sen coñecemento do Pleno.
Jan
25
Urbanismo lucrativo
Categorías: PP, Urbanismo | 4 comentarios
A Empresa Marbar, famosa nestes días debido a que o empresario fugouse deixando unha débeda de 25 millóns de euros, 55 traballadores na rúa e 300 familia que non saben que vai pasar coa súa casa, pretendía construir na Estrada, no ano 2004, concretamente na zona de Aguións, 55 vivendas unifamiliares ao lado do Pazo de Preguecido. Eran os anos felices do negocio da construción e inmobiliario, mesmo Ramón Campos, daquela Alcalde, chegou a alcumalo de “Urbanismo lucrativo”, porque por unha parte o empresario facía negocio e Concello, en principio tamén.
Estas chalés de Aguións, ao pé do Pazo de Preguecido, contaba coas bendicións do PP loca, que segundo afirma hoxe La Voz de Galicia, intermediaron para que esta obra fora posible. Claro que, afortunadamente, porque non houbo outro xeito de paralo, o PXOM non se aprobou definitivamente e deu ao traste co negocio do empresario e coas contas da leiteira do PP, que contaba cos cartiños dese famoso 10% para o Concello.
Evidentemente non somos pitonisos, pero imaxinade que eses chalés quedaran a medio facer, e o que é peor, se cadra vendidos. Menudo panorama.
Jan
18
Visto para sentencia
Categorías: PP, Urbanismo | 1 comentario
En mes ou mes e medio darase a coñecer a sentencia do xuízo que xulga a o ex-alcalde da Estrada, a Reboredo, e varios ex-concelleiros do PP por un presunto delito de prevaricación urbanística. Agora si, estaban todos presentes, Ramón Campos veu da Arxentina e compareceron todos, e polo que reflicte La Voz, saíron bastante satisfeitos (xa se verá).
Para defenderse os encausados alegaron ignorancia e que non sabían que estaban a facer algo malo, pero xa se sabe que a ignorancia da lei non exime do seu cumprimento, máxime cando se trata dun cargo público.
