Cando foi o momento da inauguración da Estación de Autubuses todo foi festa, dixo xa hai máis de 10 anos, e o PP encargouse de vender este logro unha e mil veces. Hoxe está abandonada a súa sorte. Para que vexades o estado de abandono no que se atopa podedes ver unha reportaxe que fixo Estrada Televisión e que emitiu onte no seu informativo. Non ten desperdicio.

Os conservadores contraatacan e na canle Intereconomía publican un vídeo no que critican o uso de estereotipos na loita partidaria. A min resúltame máis divertido co anterior, que como xa dixemos é bastante burdo.

Un corto feito na Estrada. Interesante!!!

Producciones Trípode

lopez de corrida de torosVemos no blog de Pablokani unha foto moi curiosa: López, Concelleiro do PP na Estrada, foise de corrida de touros a Pontevedra. Non sabemos se foi para aprender a dar uns “campotazos” e aplicalos logo á política interna do seu partido na Estrada ou para ver como se esquivan as cornadas. Claro que… debería ter coidado non vaia ser que lle corten as orellas e o rabo.

Bromas aparte, e alá cada quen cos seus gustos e afeccións, que neste caso non compartimos en absoluto, deixamos a continuación un vídeo que amosa a parte que normalmente obvian os medios de comunicación que retransmiten este tipo de “espectáculos”(?). Advertimos que as imaxes non son agradábeis precisamente, pero así son as corridas de touros.

La Voz de Galicia: Cidadáns tiende una mano al PSOE para aprobar la exclusividad de Dono.

Diario de Pontevedra:Lo que sucedió en el Pleno (Dono retiró la propuesta nada más se la lanzó Reboredo), evidenció que hubo conversación previa“.

Que hai algo entre o PSOE e Cidegá é unha evidencia que a ninguén se lle escapa xa na Estrada, e é un feito que non tardará en saír á luz pública. O próximo venres 6 de xullo pode ser o día no que vexamos que o PSOE saca adiante o soldo de Dono co apoio de Reboredo. Chamarano coincidencia, xa que Reboredo non está en contra da cantidade, pero si no xeito, fáltanlle os “argumentos” para votar a favor, que terá logo de que pasen o asunto pola Comisión de Organización.

Por este motivo convén repasar a historia, que non queda moi lonxe, e deixamos a continuación un vídeo no que Dono renega de calquera “facción PP” para gobernar A Estrada.

De ser certo que hai entendemento entre PSOE e Cidegá, non estaría de máis que ese “entendemento” fora con luz e taquígrafos, como o foi a negociación co BNG, para que saibamos todos que acordan e a cambio de que.

Acabamos de ver no blog de Raquel os vídeos do debate do programa A Peneira de DezTV. E aquí os tendes.

Primeira Parte



Segunda Parte

O poder dos medios de comunicación é moi grande, tanto que habitulamente dise aquelo de que se non saes na tele ou nos medios non existes e ninguén sabe de ti. Pois aquí están os 8 minutos de gloria de A Estrada Dixital e rede wifi.