Co 100% dos votos escrutados estes son os resultados:

2008

2004

PP 6.435 46,33% 52,96% 7.521
PSdeG-PSOE 5.198 37,42% 29,83% 4.236
BNG 1.866 13,43% 14,16% 2.011

O PP baixa 6,63 puntos, o BNG pódese dicir que mantén o tipo, baixa 0,73 e o PSOE sobe 7,59. O cal, é á vista dos resultados o PSOE cómelle un bo puñado de votos ao PP.

Proinsa é grupo inmobiliario de Lalín que nos últimos días está a atravesar un dura situación, enfrontándose a unha suspensións de pagos por falta de liquidez, e acusan á Xunta, concretamente á Consellería de Traballo e á Consellería de Economía de falta de apoio para afrontar esta situación. Unha situación que, de non arranxarse, deixará na rúa a un total de 1.400 traballadores.

Non é a primeira empresa do sector inmobiliario que quebra ou que despide xente, que medraron ao compás da burbulla inmobiliaria e esta burbulla estase a desinchar a pasos axigantados. Aínda nestes días saíu nos medios que outra empresa, neste caso madrileña e de maior tamaño, Sacyr Vallermoso, a adxudicataria da controvertida Autovía do Barbanza, está a atravesar un momento delicado, e viuse salpicada esta empresa por uns rumores en forma de SMS onde acusan ao PSOE de “pagar” a esta empresa para adiar a suspensión de pagos ata despois das eleccións, algo que, de ocorrer antes, sería utilizado polo PP para demostrar a mala política económica do goberno de ZP.

Empeza unha nova carreira electoral, neste caso decidirán a composición do Congreso e o Senado, que serán os que elixan o Presidente do Goberno. Son estas unha eleccións marcadas por unha forte polarización entre os dous grandes partidos (PP-PSOE), aínda que haberá outros partidos como o BNG que tentarán ser decisivos á hora de elixir o Presidente e mesmo condicionar os orzamentos, que é o que realmente nos importa a todos. Son estas eleccións marcadas tamén por un forte componente mediático; proba diso é, por exemplo, a escasa parafernalia electoral que se ve a estas alturas, comparadas coas eleccións municipais, sobre todo no noso pobo, que, a parte du para de valados e propaganda nas cabinas teléfonicas non hai nada máis.